Calendario
Ver carrera

Brión

01/10/2022 18:00 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción XXXIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA
REGULAMENTO
O Concello de Brión, coa colaboración do Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, organiza a XXXIX edición da súa carreira
popular o sábado 1 de outubro de 2022 a partir das 16:30 horas nas inmediacións do Parque de Pedrouzos (ao lado do
Campo de Fútbol Municipal de Brión) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo
(Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada e pertenece ao VIII Circuíto
de Carreiras Deputación da Coruña.
NORMATIVA XERAL
A XXXIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA rexerase polas actuais regulamentacións de Seguridade Viaria do Estado e
da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía
urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a
ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de
responsabilidade civil e de accidentes).
A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello de Brión. Tamén contará con un seguro de
accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario composto dunha ambulancia e un médico.
A organización resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o
estima oportuno por razóns de seguridade, circunstancias que serán comunicadas aos participantes con tempo suficiente.
No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida
automaticamente.
PARTICIPANTES
Poderán participar atletas tanto federados como non federados.
Tódolos participantes deben recoñecer estar en perfecto estado físico e de saúde ó realizar a inscrición e no momento da
proba.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin de
clasificacións. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
As persoas participantes na XXXIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA estarán rexidos pola conducta “fair play” e
comprométense a levar durante a realización da mesma un comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte,
en especial fraterno cara o contrincante, respectuoso coa organización e correcto cos asistentes.
Os atletas con licenza pola FGA deberán competir coa camiseta oficial do club e terán que aterse ao regulamento de
Disciplina Deportiva en vigor.
Nesta proba a participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas rexerase de acordo co disposto no
artigo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y
reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2022. Máis información de esta norma na ligazón:
https://www.rfea.es/normas/pdf/Reglamento2022/05_ReglamentoCompeticion.pdf
CATEGORÍAS, DISTANCIAS, HORARIOS E CIRCUITO
Na presente edición da proba establécense as seguintes categorías, distancias e horarios:
CATEGORÍA SEXO NADOS/AS DISTANCIA HORARIO
MENORES SEN
CLASIFICACIÓN
PITUFO Mixto 2017 e posteriores 100m. 16:30
SUB 8 Mixto 2015/2016 400m. 16:45
MENORES
SUB 10 Másculino
Femenino 2013/2014 700m. 17:00
SUB 12 Másculino
Femenino 2011/2012 700m. 17:15
SUB 14 Másculino
Femenino 2009/2010 2000m. 17:30
SUB 16 Másculino
Femenino 2007/2008 2000m. 17:30
ABSOLUTA
SUB 18 Másculino
Femenino 2005/2006 10000m.
aprox.
18:00
SUB 20 Másculino
Femenino 2003/2004 10000m.
aprox.
18:00
SUB 23 Másculino
Femenino 2000/2001/2002 10000m.
aprox.
18:00
SENIOR Másculino
Femenino 1999/1988 10000m.
aprox.
18:00
MÁSTER 1
Másculino
Femenino 1982/1987 10000m.
aprox.
18:00
MÁSTER 2
Másculino
Femenino 1981/1972 10000m.
aprox.
18:00
MÁSTER 3
Másculino
Femenino 1962/1971 10000m.
aprox.
18:00
MÁSTER 4
Másculino
Femenino 1961 e anteriores 10000m.
aprox.
18:00
A recollida de dorsais poderá realizarse o venres día 30 de Setembro (opción recomendada) na Casa da Cultura do Concello
de Brión en horario de 9 a 14 e de 16 a 20h. e o propio día da carreira dende as 16h. ata 30 minutos antes do inicio da proba
nas inmediacións da liña de saída.
A proba absoluta da XXXIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA realizarase sobre un circuíto de 5.000m. aprox. (98%
asfalto e 2% terra en bo estado) ao que se lle darán dúas voltas para completar un total de 10.000m. aprox. En canto aos
circuítos das carreiras de menores desenvolveranse nas inmediacións do Campo de Fútbol Municipal do Concello de Brión.
Ao finalizar a proba todas as persoas participantes recibirán un avituallamento líquido na liña de meta.
INSCRICIÓN, PREZOS E SISTEMA DE CRONOMETRAXE
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com , ata o 28 de setembro ás 14:00h. NON SE
ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN POR OUTROS MEDIOS.
Para o control de tempos da carreira todos os participantes deberán levar un CHIP-D OR SAL que lles será entregado
xunto co seudorsal.
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
- Pitufos, Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16 GRATUÍTO
- ADULTOS (de Sub 18 a Máster) 5€
O/A atleta que non porte o chip-dorsal en todo momento non poderá entrar na clasificación da proba.
O chip-dorsal é persoal e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión da
carreira. Así mesmo anularánselle todos os dereitos adquiridos coa inscrición na mesma.
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
-O/A atleta inscrito/a declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
-Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no reverso do dorsal da
proba.
-O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de
comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa
imaxe previa solicitude expresa por escrito.
As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo particular, sen ser autorizadas polo organizador,
non están amparadas polos seguros da proba.
Todos os participantes na proba, polo mero feito de realizar a inscrición na carreira popular, aceptan todas e cada unha das
regras do presente regulamento e no caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.
CLASIFICACIÓNS E PREMIOS / TROFEOS
Establecerase unha clasificación individual segundo o tempo invertido en completar o circuíto da proba e unha clasificación
por categorías. As diversas clasificacións poderán consultarse na páxina web: www.carreirasgalegas.com.
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros da cada categoría tanto feminina como masculina.
Así mesmo recibirán trofeo e premio en metálico os tres homes e tres mulleres que completen o circuíto da proba no menor
tempo. Tamén haberá premios para os tres primeiros clubs federados clasificados. Os premios económicos establécense da
seguinte maneira:
HOMES MULLERES CLUBS FEDERADOS
1º CLASIFICADO 250€ + TROFEO 250€ + TROFEO 250€ + TROFEO
2º CLASIFICADO 200€ + TROFEO 200€ + TROFEO 200€ + TROFEO
3º CLASIFICADO 150€ + TROFEO 150€ + TROFEO 150€ + TROFEO
Na carreira absoluta tamén recibirán trofeo os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres clasificadas empadroados en
Brión (para optar a este premios os atletas deberán estar correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de
formalizar a inscrición).
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos, exceptuando os
correspondentes aos empadroados no Concello de Brión.
A entrega de premios celebrarase nas inmediacións da liña de saída/meta, 30 minutos despois de que o último participante
finalice a proba absoluta.
Todas as persoas participantes recibiran como agasallo conmemorativo unha CAMISETA TÉCNICA cortesía da organización
como recordo da súa participación.
Sistema de puntuación e clasificación por equipos
A clasificación por clubs será establecida a través dos 6 primeiros corredores que crucen a liña de meta no menor tempo,
pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor
clasifique o seu 6º compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
Só se admitirá a participación de clubs federados nos premios en metálico, que terán que remitir o listado dos atletas co selo
oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo santiago@atletismo.gal
no prazo de inscrición da proba absoluta na confección do club non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubs nin
filiais do mesmo.
RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da competición na zona de meta, non máis tarde de 30
minutos despois da publicacións dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola organización.
DESCUALIFICACIÓNS
Os/as xuíces/as da proba e membros da organización reservaranse a facultade de descualificar ao infractor/a que
i n c u m p l a a s n o r m a s d a f g a e r f e a , p o r e s t a o r d e , p a r a p r o b a s e n ru t a o u realice calquera das seguintes
irregularidades:
-Non leve o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión na parte anterior do corpo.
-Manipule ou modifique o dorsal.
-Participe cun dorsal que corresponde a outro corredor.
-Non pase polos controis de carreira establecidos.
-Non realice o percorrido da carreira completo.
-Non atenda as indicacións dos membros da Organización ou xuíces.
-Entre fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
-Pretenda participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.
-Cometa conductas que a xuízo da organización da Carreira poidan ser consideradas como antideportivas.
-Se teña inscrito alterando os datos de forma maliciosa respecto aos que figuran no DNI ou ficha federativa.
-Manteña unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente na contra do espírito deportivo.
-Manifeste un mal estado físico.-Non facilite á organización a documentación que se lle requira.
-Incumpra calquera outra norma recollida nas normas de competición vixentes da FGA e RFEA para probasen ruta.
Tamén serán descualificados os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, Garda
Civil, Xurado, Servicios Médicos ou membros da Organización debidamente identificados.
Os/as corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio en metálico ou trofeo.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou
neglixencias destes. Igualmente, o participante declara polo feito de inscribirse, baixo a súa responsabilidade, terse realizado
o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á
organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos que cubrirá as incidencias inherentes á
proba.
NOTAS FINAIS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non
inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída. Os servizos médicos e a
organización da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado
físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos
derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica
ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors,
empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao
que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de
comunicación e/ou internet.
CONSIDERACIÓNS FINAIS: Todo o non reflexado no presente regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA e RFEA.

[ Go Back ]