Calendario
Ver carrera

Rianxo

01/11/2022 12:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO
Artigo 1.
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a VIII Carreira Popular
Concello de Rianxo, o martes 1 de novembro de 2022. A proba está incluída no
Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:
• VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da
Coruña.
• V Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos
Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A
Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Artigo 2.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
Artigo 3. Categorías
• Xoubas H/M 2017-2018-2019. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.
• Sardiñas H/M 2015-2016.
• Sub 10 H/M 2013-2014.
• Sub 12 H/M 2011-2012.
• Sub 14 H/M 2009-2010.
• Sub 16 H/M 2007-2008.
• Sub 18 H/M 2005-2006.
• Sub 20 H/M 2003-2004.
• Sub 23 H/M 2000-2001-2002.
• Sénior H/M de 1988 ata 1999.
• Máster 1 H/M de 1982 ata 1987.
• Máster 2 H/M de 1972 a 1981.
• Máster 3 H/M de 1962 a 1971.
• Máster 4 H/M de 1961 e anteriores.
• “Sapatilla” inclusiva Categoría única absoluta para persoas con diversidade
funcional.
Artigo 4. Distancias e horarios
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Xoubas 100 m. 10:45 h. Amarelo – 100 m. 1
Sardiñas 500 m. 11:00 h. Verde – 500 m. 1
Sub 10 1.000 m. 11:10 h. Verde – 500 m. 2
Sub 12 1.500 m. 11:25 h. Azul - 750 m. 2
Sub 14 2.250 m. 11:40 h. Azul – 750 m. 3
Sub 16 6.600 m. 12 h.. Vermello 2
“Sapatilla” inclusiva 6.600 m. 12 h.. Vermello 2
Sub 18 -
Sub 20 - Sub 23 -
Sénior - Máster
10.000 m. 12 h. Vermello 3
Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.
1. Percorrido amarelo: 100 m.
2. Percorrido verde: 500 m.
3. Percorrido azul: 750 m.
4. Percorrido vermello: 3.333 m.
Artigo 6. Inscricións
Prazo:
Ata o venres 28 de outubro de 2022 ás 24 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo
ou con datos incompletos.
Onde:
emesports.es
Prezo inscrición:
Os prezos de inscrición aprobaranse na Xunta de Goberno Local do Concello de Rianxo.
• Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete (Sub 16).
• 6 € nas categorías Sub 18, Sub 20, Sub 23, sénior e máster.
Límite prazas: Haberá un límite de 500 inscritos na categoría absoluta (xuvenís e
posteriores).
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais e chips.
Retirada de dorsais:
Na Praza Castelao o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma. Os
participantes no Circuíto de carreiras populares Arousa Norte 2022, terán que recoller un
dorsal novo de competición en cada proba, incluída esta, co cal terán que competir.
Deberán dirixirse á zona de retirada de dorsais para recoller o dorsal e o agasallo de
participación.
Cronometraxe e control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán
controlados a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal.
Artigo 8. Premios
A Clasificación e Premios do circuíto regúlanse no Artigo 7 do Regulamento do V
Circuíto de Carreiras Populares Barbanza Arousa.
Na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse os seguintes:
Medallas
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas,
Sardiñas, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.
Trofeos
Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta,
tanto en categoría feminina coma masculina.
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.
Trofeo ao club con mais participantes.
Premios
Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto
categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios: 1º-150 €, 2º-100 € e 3º-50 €.
Agasallos
Os participantes nas categorías Sub 18, Sub 20, Sub 23, sénior e máster recibirán un
agasallo técnico.
Artigo 9. Participación de atletas de outras federacións
autonómicas e estranxeiros.
Nesta proba a participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “Reglamento para las competiciones de
campo a través, marcha, ruta, trail y pista 2022”. Máis información desta norma no
ligazón: https://www.rfea.es/normas/normas_reguladoras2022.html
Artigo 10. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas
Pavillón polideportivo (homes) e Piscina Municipal (mulleres).
Aparcadoiros:
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas
inmediacións da zona portuaria.
Publicación Resultados
emesports.es
concelloderianxo.gal
carreirasgalegas.com
Artigo 11. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o
importe da inscrición.

[ Go Back ]