Calendario
Info da proba

Xermade

08/10/2022 18:00 - 19:00
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Xermade organiza a XI Carreira Popular de Xermade. A proba organizaráse o Sábado
8 de Outubro de 2022 ás 17:15 horas, con saída e meta na Praza do Concello.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sin distinción de sexo ou nacionalidade. Cada
atleta participa baixo a sua responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a
proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuito será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2017 e posteriores) 17:15 150m
PROMOCIÓN (2015-2016) 17:20 300m
SUB-10 (2013-2014) 17:30 800m
SUB-12 (2011-2012) 17:30 800m
SUB-14 (2009-2010) 17:40 1600m
XUVENIL (2005-2008) 18:00 6500m
SENIOR (2004-1987) 18:00 6500m
MÁSTER A (1986-1977) 18:00 6500m
MÁSTER B (1976-1967) 18:00 6500m
MÁSTER C (1966 e anteriores) 18:00 6500m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 50’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición faráse exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición nas carreirsa de menores serán GRATUÍTAS
• As inscricións dos adultos terán un custe de 5€.
O prazo de inscrición pecharase o martes 4 de outubro as 23:59h. Os datos necesarios para a inscrición
son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo
electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o clube.
Artigo 7: Retirada de Dorsáis:
Os dorsáis retiraranse de forma anticipada o venres pola tarde na tenda de deportes de
“Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba pola
tarde na praza do Concello, ata 30’ antes da saída de cada proba.
Artigo 6: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharáse o martes 4 de outubro ás 23:59 horas.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión
corresponderá á Organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e o Comité Galego de
Xuíces e estarán capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpla o
regulamento.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
Artigo 8: Premios:
• Todos os participantes na proba absoluta recibirán un agasallo conmemorativo.
• Na categoría dende Pitufos ata Infantil os participantes recibirán unha medalla
conmemorativa.
• Non se farán clasificacións nas carreiras de Pitufos e Promoción.
• Nas categorías Alevín ata Máster-C: trofeo para os tres primeiros de cada categoria e sexo.
• A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás
18:50h. (no caso de que o tempo non o permita será dende o pabellón polideportivo)
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Agasallo conmemorativo para todos os participantes na carreira de adultos.
2. Aperitivos despois da carreira de adultos.
3. Baños na zona de saída-meta.
4. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
5. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
6. Roupeiro, os participantes poderán deixar no local de recollida dos dorsais a roupa, que será
custodiada por voluntarios da organización
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da
proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca
compañía de seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde o mesmo.