Calendario
Ver carrera

Vigo - Carreira da Cereixa

29/05/2022 10:30

[ Go Back ]

Descripción Artigo 1:
O 29 de maio de 2022, a asociación de veciños de Beade, organiza a IX carreira da cereixa”. Coa colaboración do concello de Vigo e o soporte técnico de RUNRUNVIGO2022
Carreira pertencente ao circuíto de carreiras populares RUNRUNVIGO2022
( Concello de Vigo).

Artigo 2:
A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que percorrerán as categorías desde xuvenís ata veteranos (femininos e masculinos)

Artigo 3:
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todos os participantes non federados dispoñerán dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

Artigo 4:
A entrega do dorsal, chip e obsequio farase o sábado 28 de 17:00 a 20:00 h nas instalacións da asociación de veciños de Beade e o mesmo día da carreira

Artigo 5:
A saída da proba xeral será a partir das 10:30h.

Artigo 6:
O prezo de cada inscrición será de:
8€ aberta ata o 26 maio (10Km)
6€ aberta ata o 26 maio (5 Km) (non clasificatoria para circuíto Runrunvigo)
En ningún caso devolverase o importe da inscrición.
As inscricións efectuaranse na páxina Runrunvigo e poderanse facer ata o xoves 26 de maio ás 20:00 h no centro cultural de Beade (estrada coutada nº 42)

Artigo 7:
O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta de maneira ben visible.
En ningún caso permitirase correr sen dorsal.
Haberá avituallamiento no km 5 aproximadamente e ao finalizar a carreira. Será imprescindible levar posto o dorsal para recibir avituallamiento.

Artigo 8:
O control do tráfico no percorrido corresponde á Policía Local.
Artigo 9:
Establécense as seguintes categorías:
Femininas Masculinas Ano de nacemento
F-0 M-0 Entre 1999 -2006( ambos os incluídos)
F-1 M-1 Entre 1979-1998 (ambos os incluídos
F-2 M-2 Entre 1969-1978 (ambos os incluídos)
F-3 M-3 Entre 1959-1968 (ambos os incluídos)
F-4 M-4 1958 ou anteriores
categoría absoluta na carreira de 5km e 10Km
Os premios non serán acumulables. Establécese como premio, trofeo aos tres primeiros de cada categoría.

Artigo 10:
Os participantes deben coñecer o percorrido da carreira.
Cada participante deberá correr co seu dorsal e chip, en caso contrario será descualificado.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou lesións que os corredores se poidan facer durante o transcurso da carreira.
Toda persoa que incumpra a normativa da carreira poderá ser retirada da clasificación final.
O feito de inscribirse implica a aceptación deste regulamento e o compromiso de non adiantarse na saída, realizar o percorrido completo e respectar tanto ao resto dos participantes como ao persoal auxiliar da mesma.
NON se permite a participación na proba de persoas con patíns, bicicletas ou outros modos de locomoción. Tampouco acompañados por mascotas.

Artigo 11:
DESCUALIFICACIÓNS
A organización da carreira poderá descualificar a calquera corredor que manifeste un mal estado físico, a todo corredor que non realice o percorrido completo, o corredor que dobre ou manipule a publicidade do dorsal ou a aquel corredor que manifeste un comportamento non deportivo ou sexa reiterativo nas protestas á organización á marxe do estipulado no artigo 12 deste regulamento.

Artigo 12:
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse por escrito á organización. Achegando a cantidade de 50 euros en concepto de depósito ata que a organización resolva sobre a reclamación presentada no tempo necesario para efectuar as comprobacións e consultas oportunas. Se o veredicto considera a reclamación xustificada procederase a devolver a devandita cantidade. O participante que non se axuste a este proceso poderá ser descualificado en aplicación do articulo10 deste regulamento.

Artigo 13:
A organización declina toda a responsabilidade dos diferentes prexuízos que a participación nesta carreira poida ocasionar aos inscritos. Os participantes renuncian a toda acción legal, non limitada ao risco de lesións, que poidan derivarse da participación na carreira. Os participantes autorizan aos organizadores para rexistrar total ou parcialmente á súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.
O corredor polo feito de participar na proba acepta este regulamento. A súa interpretación e todo aquilo que non quede expresamente regulado, será decidido pola organización.

Artigo 14:
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización.

Artigo 15:
A organización desta proba poñerá a disposición de todos os atletas un servizo de duchas ata as 14:00h. E o aparcadoiro ata as 9:45h nas instalacións do colexio Coutada – Beade, a partir desa hora aparcásese nos arredores da igrexa ou Polígono Seixiños.

Artigo 16:
CARREIRAS DE NEN@ S
A partir das 11:30 horas levará a cabo as carreiras para neno@ s infantís e cadetes(terá unha distancia para percorrer de 4.200 metros)
Os nen@s da categoría Alevin terá unha distancia para percorrer de 1.200 metros)
Os nen@ s das categorías pre benjamín, Benjamín e alevín correrán unha unha distancia aproximada de 600 metros.
Recibirán trofeo os tres primeiros nen@ s de cada categoría e sexo.

[ Go Back ]