Calendario
Info da proba

Outes

17/05/2022 10:00 - 13:00
Regulamento XIII Carreira Pedestre de Outes

Data: martes, 17 de maio de 2022 a partir das 10 h.
Web: Concello de Outes
Inscricións: Championchip Norte

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

REGULAMENTO
A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XIII Carreira Pedestre de Outes, que terá lugar o martes 17 de maio de 2022 a partir das 10:00, con saída e chegada na Praza de Galicia, na localidade de A Serra de Outes.

CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORAS DE SAIDA
CATEGORIAS ANO NACEMENTO DISTANCIA HORA DE SAÍDA

1O Km
VETERANOS D de 1962 e anteriores 10.000 metros 10:00 horas
VETERANOS C de 1972 ata 1961 10.000 metros 10:00 horas
VETERANOS B de 1982 ata 1971 10.000 metros 10:00 horas
VETERANOS A de 1987 ata 1983 10.000 metros 10:00 horas
SENIOR de 1988 ata 1999 10.000 metros 10:00 horas
PROMESA 2000-2001 10.000 metros 10:00 horas
JUNIOR 2002-2003-2004 10.000 metros 10:00 horas

3 Km
ABSOLUTA 2004 E ANTERIORES 3.000 metros 11:25 horas
XUVENIL 2005-2006 3.000 metros 11:25 horas
CADETE 2007-2008 3.000 metros 11:25 horas

1 Km
INFANTIL 2009-2010 1.000 metros 12:00 horas
ALEVÍN 2011-2012 1.000 metros 12:00 horas

MENORES (CAMPO MUNICIPAL DE O CONCHIDO)
BENXAMÍN 2013-2014 450 metros 12:15 horas
PREBENXAMÍN 2015-2016 225 metros 12:20 horas
PITUFOS 2017-2018 100 metros 12:25 horas
CHUPETES 2019 e posteriores 50 metros 12:30 horas

INSCRICIÓNS
Ata as 24:00 h do xoves 12 de maio a través da web de www.championchipnorte.com.
Para as categorías participantes na carreira de 10km e Carreira Absoluta de 3Km a inscrición terá un custo de 4 euros para os non propietarios de chip (2 euros alugueiro + 2 euros de inscrición), e de 2 euros para os propietarios de chip amarelo. As persoas da carreira absoluta (10 Km e 3km) que marquen o desconto que non lles corresponde, serán eliminados da inscrición.

Para o resto de categorías a inscrición é gratuíta e débese marcar o desconto correspondente na inscrición.

Os nenos das categorías de chupetes, pitufos e prebenxamín tamén deberán inscribirse a través de championchip (si quedan fóra do prazo de inscrición poderán participar igual na carreira inscribíndose o mesmo día no lugar de recollida de dorsais (pavillón de Outes). Nestas categorías todos os participantes inscritos pola web recibirán premio por chegar a meta.

Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de championchip, podédesvos dirixir ao teléfono 982816884 ou ao enderezo electrónico consulta@championchipnorte.com.

DATOS OBRIGATORIOS PARA AS INSCRICIÓNS
NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade, Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), enderezo electrónico de contacto (se o ten), Nome do Club (se o ten) e Licencia federativa (se ten). Deberá indicar tamén se está empadroado no Concello de Outes para puntuar nos premios locais (non vale estar vivindo en Outes, hai que estar empadroado).

As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba de 10 Km como as carreiras curtas de 3Km e 1Km, non serán admitidas.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META
No pavillón polideportivo da Serra, dentro do campo de fútbol, poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o corredor vaia participar. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. Na praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas carreiras, agás a de chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns (50, 100, 225 e 450 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.

PREMIOS
• Medallas (medallóns de chocolate) para todos os participantes nas categorias chupetes, pituf@s prebenxamins.. Estas categorías non recibirán premios por categoría
• Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías agás chupetes, pituf@s, e prebenxamins (nestas categorías todos levarán medalla).
• Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral de 10 Km e para a carreira absoluta de 3Km.
• Trofeo para o primeir@ de Outes da categoría xeral de 10 Km e na carreira absoluta de 3Km. (Os corredores de Outes deben indicalo á hora de inscribirse para poder optar ós premios locais, é preciso estar empadroados).
• Trofeo para o primeir@ de Outes nas categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
• Trofeo para os tres primeiros clubs na carreira absoluta 10K (puntuando os 4 mellores tempos, tendo que ser polo menos un destes na categoría feminina).
• Trofeo para o club con máis participantes.
Non haberá premios económicos. Os trofeos non serán acumulativos.

CONTROL DA CARREIRA
As condutas que se considerarán antirregulamentarias do/a atleta polas que poden ser descualificados son as seguintes:
• Non levar o dorsal perfectamente colocado.
• Participar cun dorsal que corresponda a outro corredor.
• Non realizar o percorrido da carreira completo.
• Non atender as indicacións dos membros da organización.
• Entrar fóra da hora prevista pola organización.
• Realizar a inscrición alterando os datos de maneira maliciosa.
• Nas carreiras de 1 Km, 3 Km e 10 Km utilizarase un chip como xeito de cronometraxe electrónica, da empresa Championchip. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais ou a chegada na liña de meta onde se
colocarán unhas caixas para a súa recollida).
• Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
• O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descualificación.

CLÁUSULAS ADICIONAIS
- O Concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.

- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.

- Está prohibido cortar ou dobrar os dorsais.
- É obrigatorio devolver o chip.
- Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba.
- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na metade do percorrido.

- O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 40 minutos despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.

- A entrega de trofeos está prevista para as 12:40 h dentro do pavillón polideportivo de Outes.

- Os corredores poderán utilizar o pavillón e os vestiarios do campo de fútbol para asearse e ducharse despois da carreira.
- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- Todo o non recollido neste regulamento resolverase segundo estime a organización.
- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que presencien a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público, organización e a proba en xeral.
- Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::



Información actualizada a 28/4/2022