Calendario
Info da proba

Poio - Campelo

14/05/2022 18:00 - 19:30
Regulamento XXXIII Maratón de Fátima, Campelo (Poio)

Data: sábado, 14 de maio de 2022 a partir das 18 h (proba absoluta ás 18:45 h).
Inscricións: ata o 11 de maio as 20:00 en Cronotec

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

O concello de Poio conxuntamente coa AA.VV. Campelo e Cronotec, organizan a Maratón de Fátima, con saida na Praza da Granxa no concello de Poio.

5 km carreira absoluta
SUB8: 400m aprox. NON COMPETITIVA
SUB10 : 800m aprox.
SUB12 : 800m aprox.
SUB14 : 800m aprox.
SUB16: 1.200m aprox

Andaina Polular as 10 da mañá

XXXIII MARATÓN DE FÁTIMA – CAMPELO 5K
Lugar, data e horarios da proba:
Sábado 14 de maio de 2022
Praza da Granxa, Campelo – Poio
Probas de menores: 18:00h
Proba absoluta: 18:45h

Organiza:
AA.VV. Campelo
Concello de Poio
Cronotec

Patrocina:
Concello de Poio

Regulamento:
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.

- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Categorías:
Probas de menores:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas nas probas de menores:
SUB8: Nados entre os anos 2015 e 2016 - 400m aprox. NON COMPETITIVA
SUB10 : Nados entre os anos 2013 e 2014 - 800m aprox.
SUB12 : Nados entre os anos 2011 e 2012 - 800m aprox.
SUB14 : Nados entre os anos 2009 e 2010 - 800m aprox.
SUB16: Nados entre os anos 2007 e 2008 - 1.200m aprox.

Proba absoluta:
Poderán participar na proba deportistas nados no ano 2006 e anteriores
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Absoluta - todos os participantes.
-Veteranos - nados en 1987 e anteriores.

INSCRICIÓNS:
Inscricións gratuítas para todas as categorías na páxina www.cronotec.es

Inscricións para a andaina o mesmo día da proba na secretaría da competición ata 10 minutos antes da saída.

Peche de inscricións o mércores 11 de maio as 20:00h.

A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

Percorrido proba absoluta:
2 voltas de 2,450m + 100m de saida para un total de 5Km

ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba na carpa da organización sita na praza da Granxa de 15:45 a 17:45

PEMIOS POR CATEGORÍAS
1º/1ª Clasificado/a de cada categoría - Trofeo
2º/2ª Clasificado/a de cada categoría - Trofeo
3º/3ª Clasificado/a de cada categoría - Trofeo
1º/1ª Corredor/a local - Trofeo

Todos os premios son acumulables.

Regalo conmemorativo da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba co dorsal correctamente colocado, na zona habilitada pola organización.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó finalizar a proba.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 20/4/2022