Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Culleredo - O Burgo
15/05/2022
11:00 - 13:30
Voltar
Regulamento
IX Carreira pola Ría do Burgo, Culleredo
Data:
domingo, 15 de maio de 2022 a partir das 11 h a proba absoluta.
Inscricións:
Carreira pola Ría do Burgo
::
Comenta a proba no foro de Carreiras Populares
::
REGULAMENTO
1.-
O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a
IX Carreira pola ría do Burgo
, prevista para o domingo 15 de maio, A proba forma parte do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
2.- DENOMINACIÓN.
A proba recibe a seguinte denominación: “IX Carreira pola ría do Burgo”.
3.- DATA E LUGAR.
A proba celebrarase o domingo 15 de maio no paseo marítimo da ría do Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé do Xardín Botánico.
4.- CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS:
Establécense as seguintes categorías, en función da data de nacemento dos participantes, coas súas correspondentes distancias.
CATEGORÍA IDADE DISTANCIA HORA
MENORES SEN CLASIFICACION
12:55
- Pequerrecho Nados/as en 2017-2018 70 m aprox
12:45
- Prebenxamín Nados/as en 2015-2016 110 m aprox
MENORES
12:35
Sub10 Nados/as en 2013-2014 1100 m aprox
Sub12 Nados/as en 2011-2012
(1 volta pequena)
12:10
Sub14 Nados/as en 2009-2010
Sub16 Nados/as en 2007-2008
Sub18 Nados/as en 2005-2006
2130 m aprox (2 voltas pequenas)
ABSOLUTA - 11:00 h
Sub20 Nados/as en 2003-2004
Sub23 Nados/as en 2000-2001-2002
Sénior Nados/as en 1999 ata 1988
Máster 1 Nados/as en 1987 ata 1982
Máster 2 Nados/as en 1981 ata 1972
Máster 3 Nados/as en 1971 ata 1962
Máster 4 Nados/as a partir do ano 1961
8k ( 8400 aprox). (2 voltas grandes)
5.- INSCRICIÓNS:
Permanecerán abertas dende o sábado 30 de abril as 00:00 horas ata as 23:59 do mércores 11 de maio de na web www.carreirasgalegas.com; o prezo da mesma será de 5 euros na carreira dos 8 km da proba absoluta. O número máximo de participantes será de 999.
6.- PREMIOS:
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.
7.- DORSAIS E CRONOMETRAXE:
A proba estará cronometrada pola Federación Galega de Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adheridos ao dorsal e poderán recollerse entre o venres 13 de maio de 18:00 horas a 20:30 horas e o sábado 14 de maio de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:30 horas no Xardín Botánico do paseo marítimo, ou ben na zona de saída e meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día da carreira. Cronometraranse electronicamente todas as categorías agás a de pequerrechos e prebenxamín.
8.- AVITUALLAMENTO:
Será na zona de meta para todas as categorías. Nos 8 km haberá tamén outro a metade de percorrido.
9.- OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN.
Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.
10.- SERVIZOS.
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba. Haberá servizo de vestiarios e duchas na polideportiva Ria do Burgo.
https://goo.gl/maps/hncF72uaiHmcen856
Non se dispón de servicio de guardaroupas.
11.- RECLAMACIÓNS.
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de trinta minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da F.G.A., e R.F.E.A. en vigor.
12.- MÁIS INFORMACIÓN
na web www.carreirasgalegas.com
::
Comenta a proba no foro de Carreiras Populares
::
Información actualizada a 3/5/2022
Voltar