Calendario
Ver carrera

Riveira

01/05/2022 11:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción II Carreira Solidaria de Castiñeiras
Memorial Juan Vidal Pérez

Data: domingo, 1 de maio de 2022 a partir das 11 h.
Inscricións: Solidaria de Castiñeiras

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

II CARREIRA SOLIDARIA DE CASTIÑEIRAS
MEMORIAL JUAN VIDAL PEREZ

O Concello de Ribeira patrocina, e organiza conxuntamente ca Anpa do colexio Sagrado Corazón de
Jesús de Castiñeiras, o domingo 1 de maio do 2022, a partir das 11.00 horas.

Tódolos cartos recaudados irán destinados para a Anpa da escola do Sagrado Corazón Jesús de Castiñeiras.

A saída terá lugar dende o PORTO DE CASTIÑEIRAS e a meta será na ÁREA DEPORTIVA E LECER DO
CASTRO,CASTIÑEIRAS (a 300 metros)

1-Poderá participar toda persoa que o desexe,a partires dos 3 anos de idade.

2-CATEGORÍAS DE COMPETICÍON:
Todas Femeninas e Masculinas
*CHUPETE : nados no 2015 e posteriores.
*PRE-BENXAMÍN : nados no 2015 e posteriores
*SUB-10 :nadas/os en 2013-2014
*SUB-12 :nadas/os en 2011-2012
*SUB-14 :nadas/os en 2009-2010
*SUB-16 : nadas/os en 2007-2008
*SUB-18-SUB 20 : Nadas/os entre 2003-2006
*SENIOR : Nadas/os en 2002 ata master
*SAPATILLA INCLUSIVA : categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional.
*MASTER 1 De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba
*MASTER 2 De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba
*MASTER 3 De 55 anos cumpridos o día da proba en adiante.

*PREMIO A ESCOLA O CLUB MÁIS NUMEROSO.

3-PROBA ABSOLUTA MIXTA 5KM
*11:00 h : SAPATILLA INCLUSIVA
*11:00 h: SUB 14-SUB 16- SUB 18 –SUB 20 -SUB 23.
*11:00 h: SENIOR/MASTER 1/MASTER 2/MASTER 3.
*11:40 h : SUB 10-SUB 12 ( 1KM aprox)
*11:50 h: PRE-BENXAMÍN (400 metros aprox)
*12:00 h: CHUPETES ( 100 metros aprox)

ENTREGA DE PREMIOS AO FINALIZAR AS PROBAS.

4-INSCRICIÓNS
Realizaranse ONLINE a través da páxina web GALITIMING ata o xoves 28 de abril ás 23:59 horas.
Os dorsais recolleranse a partir das 10:00 horas e ata media hora antes do inicio das probas.
Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, cos datos incompletos ou sen todos os datos obligatorios.

O prezo da inscrición será o siguiente:
5 € en concepto de organización só para SUB 14 e superiores.

*Donativo solidario “voluntario no momento de recoller o dorsal”

5-PREMIOS E AGASALLOS:
Haberá premios para:
Os tres primeiros clasificados e clasificadas na proba ABSOLUTA en todas as categorías ( agás na proba de biberóns, pre-benxamín, e sub 10-sub 12, que recibirán unha medalla).

6-RESPONSABILIDADE E RECLAMACIÓNS.
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais e físicos que a sí mismo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.

As reclamacións deberán ser feitas verbalmente á organización da proba ,non máis tarde de 30 minutos
despois da publicación dos resultados.

A organización reservase o dereito de modificar este regulamento se as circuntancias o requieren (informando previamente)

ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGLAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan este regulamento e ,en caso de dúbida ou xurdindo alguna situación non prevista nela, resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles.

O evento cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 1/4/2022

[ Go Back ]