Calendario
Info da proba

Xinzo de Limia

29/05/2022 10:40 - 12:40
Regulamento Carreira Popular Xinzo de Limia 2022
Proba oficial da federación galega de atletismo

Data: domingo, 29 de maio de 2022 a partir das 10:40 h.
Inscricións: Popular Xinzo de Limia

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

A CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2022 está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo e celebrarase o domingo día 29 de maio de 2022.

REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 10:40 h para a carreira Absoluta (10.000 m. homologados)
b. Ás 12:00 h para a carreira Infanil-Cadete (1.900 m)
c. Ás 12:20 h para a carreira Benxamín-Alevín (930 m)
d. Ás 12:35 h para a carreira Prebenxamín (350 m)
e. Ás 12:45 h para a carreira Pitufos (150 m)

2. A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.

3. A clasificación será absoluta e por categorías.

4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Protección Civil e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

5. O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.

6. O control de chegada pechará 50 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.

7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.

8. A carreira conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.

9. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

10.Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

11.As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

12.DEREITOS DE IMAXE O/a participante nas carreiras autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o/a participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos/as os/as participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, dvd, internet, carteis, medios de comunicación, etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen á organización.

13.Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 22 de abril.

As inscricións para as carreiras SUB 10, SUB 12, SUB 14, SUB 16, SUB 18, PREBENXAMÍNS E PITUFOS, (categorías A, B, C, D, E, O, P, Q), serán gratuitas e faranse polos seguintes medios, ata as 23:59 h do día 25 de maio.

✓ Na web: www.sportmaniacs.com o una app Saudeter

As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías F, G, H, I, J, K, L, M, N) faranse na web http://www.sportmaniacs.com o una app Saudeter, ata as 23:59 h do día 25 de maio.

Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 7,00 € en concepto de cuota de inscrición.
Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.

IMPORTANTE:
Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia para entrar na clasificación de atletas locais.

A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.

PECHARASE A INSCRICIÓN O MÉRCORES DÍA 25 DE MAIO AS 23:59 H.

A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.

CATEGORÍAS: So se poderá participar na categoría que se corresponda co ano de nacemento.


PREMIOS:




:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

Información actualizada a 25/4/2022