Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Trazo
26/02/2022
10:00 - 11:00
[
Go Back
]
Descripción
VI Carreira do Entroido, Trazo
Concello de Trazo 26 de Febreiro de 2022
:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::
REGULAMENTO DA PROBA
FILOSOFÍA DA PROBA
O Concello de Trazo organiza coa colaboración da Federación Galega de Atletismo esta proba dende fai 6 anos. O carácter lúdico da mesma é pé fundamental xunto co fomento do deporte. O primeiro ben dado polas datas do Entroido nas que ten lugar a proba e o segundo foi en aumento.
Para manter o carácter lúdico realizarase unha carreira con distintas categorías nas que é obrigatorio participar disfrazado.
No caso do obxectivo deportivo contamos co TRILLAZO (3 millas de Trazo), que ten un percorrido polas inmediacións de Viaño Pequeno (lugar de comezo e fin da proba). Cunha superficie mixta de asfalto e pista forestal.
Nesta proba non é imprescindible ir disfrazado.... aínda que non será prohibido
As dúas probas teñen un carácter popular, non profesional, nas que pode participar todo aquel que o desexe.
PROBA GRATUITA PARA TOD@S.
LUGAR DA SAÍDA E CHEGADA
Nas inmediacións do Concello de Trazo, Viaño Pequeno-Trazo.
https://www.google.com/maps/place/15687+Via%C3%B1o+Pequeno,+La+Coru%C3%B1a/@43.0260187,-
8.5180601,375m/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0xd2ef79724b2faeb:0x7813e7ca74c831d8!8m2!3d43.0255486!4d8.5179965
CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACIMENTO
Pitufos/as Nados 2015 e posteriores
Sub 10 Nados en 2013 e 2014
Sub 12 Nados en 2011 e 2012
Sub 14 Nados en 2009 e 2010
Sub 16-Sub 18-Adultos/as Nados en 2008 e anteriores
HORARIOS
CATEGORÍA HORAS DISTANCIA
TRILLAZO (Sub16-Sub18-Adultos/as) - 10:00h - 3 Millas/4,8km
Pitufos/as - 11.00h 100m
Sub 10 11:10h 200m
Sub 12 11:20h 400m
Sub 14 400m
Sub 16-Sub 18-Adultos/as 11:30h 1,2km
A partir das 9:00h abrirase a Secretaría da proba para retirar o dorsal.
Ata ½ hora antes do comezo da correspondente carreira.
INSCRICIÓNS
As inscricións na proba serán gratuítas para todas as categorías.
A data límite de inscrición será o mércores 23 de febreiro de 2022 ás 23:59h.
Lugar Datos a aportar
www.carreirasgalegas.com
Nome e apelidos
Home/muller
Data de nacemento
NIF
Telefono
e-mail
Federado/a - si/non
serviciosdeportivostrazo@gmail.com
Pavillón Municipal Trazo
Concello de Trazo
Tlf: 682902185
Non hai límite de participantes.
CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
PARTICIPACIÓN
Os/as participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma. Para tal fin débese comer e beber sen deixar ningún envase fora dos recipientes habilitados.
Tódolos/as participantes da proba deberá levar en todo momento o dorsal facilitado pola Organización, nun lugar visible (parte anterior do corpo) non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O incumprimento carrexará a descualificación do/da corredor/a.
O percorrido da proba estará marcado con sinais visibles e facilmente identificables. A Organización terá os puntos de control oportunos para o correcto desenvolvemento da proba.
Deberase cumprir a normativa COVID vixente para o día da carreira.
A Carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento.
Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.
AVITUALLAMENTO Ó FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
Ó fin de cada proba proporcionarase @s deportistas unha bolsa con bebida, froita...
NON se dispón de servicio de duchas.
PREMIOS
Recibirán medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada carreira por categorías. Na carreira de pitufos levarán medalla tod@s @s participantes.
Recibirán un premio especial os mellores disfraces nas diferentes carreiras, en categoría infantil e adulto. Premiarase ó Mellor disfrace, Mellor disfrace feito na casa e Mellor disfrace colectivo.
O xurado levará a cabo a valoración dos disfraces ó longo da xornada.
A entrega dos premios levarase a cabo ó fin de todas as probas.
[
Go Back
]