Calendario
Info da proba

Monforte

03/04/2022 11:00 - 14:00
Regulamento XII Carreira Popular Monforte 10km

Data: domingo, 3 de abril de 2022 a parires das 11:00 h.
Web: Monforte 10km
Inscricións: na web da proba. Gratuíta en tódalas categorías.
- Inscricións colectivas para colexios de Monforte: peche de inscricións o martes 22 de marzo.
- Inscricións individuais e resto de grupos: peche de inscricións o martes 29 de marzo.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

LUGAR Y HORARIOS
3 de Abril de 2022 a las 11:00,
Explanada da Compañía, Monforte de Lemos (Lugo)

11:00 MINI (2018 e posteriores)
11:10 PREBENXAMIN (2015-2017)
11:20 BENXAMIN (2013-2014)
11:30 ALEVIN (2011-2012)
11:40 INFANTIL-CADETE (2007-2010)
12:00 ABSOLUTA (2006 e anteriores)

REGULAMENTO
Primeira.- A Concellería de Deportes do Concello de Monforte de Lemos organiza a décimo segunda edición da Carreira Popular que terá lugar o 3 de abril de 2022

Segunda.- Establécense as seguintes categorías de participación tanto masculina como feminina.
CATEGORÍAS MENORES:
CATEGORÍA - ANO DE NACEMENTO
Categoría mini - nados/as no ano 2018 e posteriores
Categoría Prebenxamín - nados/as entre o ano 2015 e 2017
Categoría Benxamín - nados/as entre o ano 2013 e 2014
Categoría Alevín - nados/as entre o ano 2011 e 2012
Categoría Infantil - nados/as entre o ano 2009 e 2010
Categoría Cadete - nados/as entre o ano 2007 e 2008

CARREIRA ABSOLUTA:
CATEGORÍA - ANO DE NACEMENTO
Categoría Xuvenil - nados/as entre o ano 2005 e 2006
Categoría Junior - nados/as entre o ano 2003 e 2004
Categoría Senior - nados/as entre o ano 1988 e 2002
Categoría Master 35 - nados/as entre o ano 1983 e 1987
Categoría Master 40 - nados/as entre o ano 1978 e 1982
Categoría Master 45 - nados/as entre o ano 1973 e 1977
Categoría Master 50 - nados/as entre o ano 1963 e 1972
Categoría Master 60 - nados/as entre o ano 1962 e anteriores

Terceira.- Inscrición
A inscrición é gratuita en tódalas categorías.

As incricións para participar tanto na carreira absoluta como nas carreiras de categorías menores, faranse a través do enderezo web: www.monforte10k.com ou www.ccnorte.com

Os escolares de Monforte poderán facer a súa inscrición, preferentemente, a través do seu centro educativo.

O peche das inscricións será o seguinte:
- Inscricións colectivas para colexios de Monforte: peche de inscricións o martes 22 de marzo
- Inscricións individuais e resto de grupos: peche de inscricións o martes 29 de marzo

Baixo ningún concepto se inscribirá a ningún atleta fora de prazo.
Para poder inscribirse será necesario aportar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

A organización resérvase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

Cuarta.- Utilización de dorsais e chips.
Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados no peito de xeito totalmente visible durante o transcurso da carreira, sen poder facer ningunha modificación neles.

Tanto a carreira absoluta como as carreiras de menores, agás a de categoría mini, están controladas por un sistema de chips de cronometraxe.

No caso das carreiras de menores o chip de cronometraxe vai integrado no dorsal.

No caso da carreira absoluta o chip deberá ir colocado no lugar axeitado indicado pola organización.

Os propietarios de chip amarelo poderán correr con él e a organización facilitará o chip correspondente ós participantes non propietarios.

Os participantes non propietarios de chip amarelo terán que aboar unha fianza de 5,00 € no momento da inscrición, que se lle volverá á semana seguinte da carreira unha vez comprobado que se procedeu á súa devolución.

Non serán admitidos corredores que non estean inscritos previamente ou que corran sen dorsal e chip. Impedirase que estes corredores teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos dos regulamentariamente inscritos.

Os corredores da carreira absoluta que non sexan propietarios de chip deberán devolvelo obrigatoriamente ó rematala carreira a través dos puntos habilitados para tal efecto, do contrario non se lles devolverá a fianza de 5,00 € depositada.No caso dos chips de cronometraxe das carreiras de menores, ó ir integrados no dorsal, non será necesaria a súa devolución.

Quinta.- Avituallamentos.
Os participantes nas probas de categorías menores recibirán avituallamento sólido e líquido unha vez rematada a carreira.

Os participantes na carreira absoluta terán un avituallamento líquido no intermedio da carreira e un avituallamento sólido e líquido ó finalizar.

Dispoñeranse colectores de lixo para depositar os desperdicios do avituallamento.

Sexta.- Servizos sanitarios e de primeiros auxilios.
Durante a competición haberá unha ambulancia con técnico, ATS e médico a disposición de calquera participante que o precise.

Séptima.- Outros servizos.
A organización poñerá ó servizo dos participantes gardarroupa e duchas, sempre e cando os protocolos sanitarios o permitan.
As duchas están localizadas nas seguintes instalacións:
- Instalacións deportivas do Colexio Pais Escolapios. R/ Compañía Nº 50
- Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas. R/ Duquesa de Alba s/n

Oitava.- Clasificacións
Realizaranse as seguintes clasificacións:
- Clasificacións individuais carreira absoluta e categorías menores:
- Clasificación xeral absoluta masculina e feminina.
- Clasificación por categorías masculina e feminina, excepto na carreira de categoría mini na que non hai clasificacións.
- Clasificacións por equipos carreira absoluta: todos/as aqueles/as participantes que o desexen poderán conformar un equipo que obrigatoriamente será mixto (50 % homes e 50 % mulleres) e que estará composto pon un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (3 homes e tres mulleres).

Para a clasificación terase en conta o tempo empregado polos dous primeiros homes e dúas primeiras mulleres clasificados/as de cada equipo.

Os equipos poderanse constituír a través da plataforma ccnorte.com

A data límite para a constitución dos equipos é o mércores 30 de marzo.

Novena.- Percorrido
A saída e a meta de tódalas carreiras será na Compañía.
- Carreira Absoluta: consiste en percorrer unha distancia de 10 Km. dando dúas voltas a un circuito de 5.000 mts.
- Categorías Menores:
- Categoría mini: percorrido de 80 mts.
- Categorías prebenxamín e benxamín: percorrido de 700 mts.
- Categoría alevín: percorrido de 1.300 mts.
- Categoría infantil e cadete: percorrido de 2.000 mts.

Décima.- Entrega de dorsais e chips:
- Entrega de dorsais a colexios de Monforte: os centros educativos de Monforte que realicen inscrición colectiva recibirán os seus dorsais e chips por adiantado co fin de facilitar o reparto dos mesmos. O Concello fará entrega dos dorsais á persoa que o centro educativo designe para tal efecto e que será a responsable de entregar o dorsal a cada un/unha dos/as atletas inscritos/as do centro.

- Entrega de dorsais para inscricións individuais e resto de grupos: os/as atletas inscritos/as de xeito individual nalgunha das categorías deberán escoller, durante o procedemento de inscrición, o punto onde recollerán o dorsal e o chip de cronometraxe, de entre as seguintes opcións:

- Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía s/n, Monforte), no seguinte horario:
- Venres 1 de abril: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
- Sábado 2 de abril: de 9:00 a 14:00 h.
- Puntos de recollida fora da localidade: estableceranse puntos de recollida fora da localidade que se poderán seleccionar no momento da inscrición.
- Envío a domicilio (con custe adicional)

Para a recollida de dorsais haberá que cumprir coa normativa sanitaria Covid-19 vixente no día da proba.

Décimo primeira.- Horario das careiras:
Carreira categoría mini: 11:00 h.
Carreira categorías prebenxamín: 11:10 h.
Carreira categoría benxamín: 11:20
Carreira categoría alevín: 11:30
Carreira categoría infantil e cadete: 11:40 h.
Carreira Absoluta: 12:00 h.

Décimo segunda.- Premios:
Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías establecidas no artigo segundo, excepto na categoría mini na que todos/as os/as atletas participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e un agasallo.

Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta, tanto en categoría masculina como feminina, recibirán trofeo e premio económico segundo as seguintes cantidades:
1º clasificado: 300 €
1ª clasificada: 300 €
2º clasificado: 200 €
2ª clasificada: 200 €
3º clasificado: 100 €
3ª clasificada: 100 €

Para cobrar os premios económicos será obrigatorio asistir en persoa á entrega de premios e recoller os trofeos correspondentes. Tamén será necesario aportar DNI ou pasaporte.

Premios especiais da carreira absoluta: establécense premios especiais para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados en Monforte) tanto en categoría masculina como feminina.
1º clasificado: Trofeo + agasallo
1ª clasificada: Trofeo + agasallo
2º clasificado: Trofeo + agasallo
2ª clasificada: Trofeo + agasallo
3º clasificado: Trofeo + agasallo
3ª clasificada: Trofeo + agasallo
Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados

Todos os premios son acumulables.

Décimo terceira.- Reclamacións
Dado o espírito deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

Décimo cuarta.- Responsabilidade.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras por imprudencias ou neglixencias dos mesmos.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

Décimo quinta.- Compromiso
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.

Décimo sexta.- Utilización de medios físicos naturais
Os participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de ningún tipo. Do mesmo xeito non está permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.

Décimo séptima.- Cambios no regulamento
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Décimo oitava.- a inscrición en calquera categoría do evento implica a autorización á posible difusión dos documentos visuais que se recollan durante a realización da actividade. Documentos a utilizar polo Concello de Monforte na súa páxina web, na elaboración de carteis, folletos ou calquera outra posible edición municipal.

Décimo novena.- O aboamento dos premios económicos ós vencedores será tramitado polo Concello de Monforte, que designará ó Técnico Municipal de Deportes para levar a cabo a xestión e levantar acta dos resultados da carreira. Os premios aboaranse en metálico ós vencedores unha vez rematado o evento .

Vixésima.- COVID-19
A XII Carreira Popular Concello de Monforte cumprirá en todo momento coa normativa establecida para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19 establecidas polas autoridades sanitarias, e co protocolo FISICOVID-DXT GALEGO, establecido pola Federación Galega de Atletismo e certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, vixente na data de celebración da proba. É por estes motivos polos que o Concello de Monforte resérvase o dereito a realizar os cambios que sexan necesarios co fin de cumprir coa normativa e protocolos sanitarios establecidos. De ser o caso estes cambios serán comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para a seu coñecemento.

:: Comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::



Información actualizada a 18/3/2022