Calendario
Info da proba

Narón - San Silvestre

31/12/2021 16:45 - 17:45
Regulamento Artigo 1. Organización:
O Concello de Narón e a AD Náutico de Narón organizan “A trintaeunodoce” (San
Silvestre Naronesa). A proba terá lugar o vindeiro venres 31 de decembro, con saída e
meta na Estrada de Castela (Freixeiro) e discorrerá por dita Estrada. A proba estará
aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física
suficiente para rematar a proba.
Artigo 2. Categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os
autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da
organización.
CATEGORÍA/ANOS DISTANCIA HORA DE SAÍDA PRAZAS
A PITUFOS (2013 e posteriores) 300 mts 16:20 100
B PROMOCIÓN (2012-2006) 1556 mts (1v) 16:30 100
C SENIOR (2005-1987) 3112 mts (2v) 16:45
300 (312*) D MASTER (1986 e anteriores) 3112 mts (2v) 16:45
* A organización resérvarase 12 prazas a maiores para deportistas convidados/as.
Artigo 3. Condicións de Participación:
- As inscricións faranse a través da páxina www.galitiming.com
- A inscrición pecharase o 26 de decembro ás 23:59 horas.
- Non se admitirán inscricións fora de prazo.
- A inscrición na proba é persoal e intransferible
- A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo
participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en mans da organización.
- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados
para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento. Serán motivo de
descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respectar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.
- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
Artigo 4. Saída:
Os/as atletas deberán permanecer na zona de saída coa máscara e deberan saír correndo
coa máscara posta, podéndoa retirar transcorridos os suficientes metros que garantan a
distancia de seguridade.
A máscara poderá ser gardada polo atleta que a poderá portar durante a carreira,
poderá correr con ela se así o desexa ou poderá ser quitada e tirada nos contedores.
Realizaranse tantas quendas como a organización estime cumprindo coas medidas de
seguridade e control establecidas
Artigo 5. Percorridos:
A saída e meta estarán situadas na estrada de Castela nº 336 (punto próximo á rotonda
de Freixeiro), mentres o punto de retorno para as categorías B, C e D estará na mesma
estrada de Castela nº 525.
O Organizador poderá modificar o percorrido por motivos de seguridade ou por causa de
forza maior.
Artigo 6. Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina: www.galitiming.com
Os dereitos de inscrición na carreira absoluta terá un custe de 3,112€. Na proba de
promoción serán de 1€ e a proba de pitufos será gratuita.
O prazo de inscripción será do 20 ó 26 de decembro ás 23:59 horas.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén
deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o clube.
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe, agás no suposto de
suspensión da proba.
Artigo 5. Retirada de Dorsais:
Os dorsais poderanse retirar o día 31 de decembro na carpa próxima a Saída/Meta
(Rotonda de Freixeiro) e desde as 16h00 do martes 29 ata as 21h00 do mércores 30 en
DECATHLON Ferrol.
Artigo 7. Premios e clasificación:
- A entrega de premios será no parque de Freixeiro e farase unha vez finalice a proba
absoluta.
- Clasificacións, segundo as categorías indicadas no artigo 2.
- Haberá medallas para os tres primerios clasificados de cada categoría e sexo, segundo
as categorías indicadas no artigo 2.
- Na categoría de PITUFOS darase un agasallo a tod@s @s participantes. Trátase dunha
proba NON COMPETITIVA. Non haberá premiacións para esta categoría nin se farán
clasificacións.
- Premio Especial aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos absolutos da
proba.
Artigo 8. Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo.
Artigo 9. Aceptación do regulamento:
A inscrición na proba conleva a autorización da publicación de fotografías ou vídeos da
participación na mesma, así coma os resultados.
Artigo 10. Cambios do regulamento:
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se
así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas
participantes.
Artigo 11. Cambios do desenrolo da actividade e protocolo COVID e declaración
responsable:
As condicións de desenrolo da actividade pódense ver alteradas pola situación da
pandemia. O protocolo COVID a aplicar durante o evento publicarase nas redes Sociais da
San silvestre Betanceira. Este protocolo axustarase a situación sanitaria na semana da
carreira. Tódolos participantes no evento teñen a obriga de consultalo protocolo COVID e
cumprilo en todo momento a fin de que teñamos unha carreira segura para todos.
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do/a
atleta dos datos que aporta.
No momento de formalizar a inscrición, os participantes estarán declarando a súa
responsabilidade sobre os seguintes termos:
- Que antes de saír cara a actividade deportiva teño realizado o auto test do SERGAS,
non manifestando ningún síntoma de COVID-19 (febre, tose, ou falta de alento).
- Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o protocolo de
prevención COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
- Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o Regulamento
desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
- Que cumpro os requisitos de admisión establecidos no documento Protocolo COVID
obriga de información e consentimento informado, non sendo grupo de risco.
- Que non convivo con ninguén que sexa grupo de risco, ou que no caso de que así
sexa, participa na actividade baixo a súa propia responsabilidade.
- Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade no contexto
da crise sanitaria provocada pola COVID-19, e que asumo baixo a miña propia
responsabilidade.
Esta declaración responsable fará referencia ao mesmo día da proba. Polo que, no
caso de non poder cumprir algún dos ítems anteriores, o/a atleta non tomará parte na
carreira.
Aqueles participantes e acompañantes que veñan de fóra de Galicia e/ou estiveran nos
últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica COVID,
inescusablemente deberán comunicarllo de forma veraz ao Servizo Galego de Saúde a
través de https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs no que ademais se
especifican cales son estas zonas. Esta comunicación deberá ser completada por cada un
dos viaxeiros/as, que serán responsables de que a información subministrada sexa veraz
e precisa. En caso de menores de idade, persoas dependentes ou incapacitadas, a
declaración será cuberta polo seu titor, que se fará responsable da veracidade da
información subministrada.