Calendario
Ver carrera

Barreiros

16/10/2022 9:00 - 23:00

[ Go Back ]

Descripción Trail Monte Comado
REGULAMENTO
1/2 KM VERTICAL – ANDAINA - TRAIL 12km - TRAIL 27km - TRAIL INFANTIL
MONTE COMADO 2022
YODA A INFORMACIÓN ATÓPASE NO SEGUINTE ENLACE: https://mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com/
__________________________________________
1- EDICIÓN:
• 1/2 Vertical: Oitava
• Trail: Sexta
2- ORGANIZA:
Asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros e a Secretaría Xeral
para o deporte da Xunta de Galicia
COLABORAN:
Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Peña Barcelonista San Miguel - Casa Elena Turismo Rural -
Taxi Valea - Pinturas Centeno - Agrupación Protección Civil de Barreiros
2-CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
Andaina:
-Sen categoría.
Vertical:
- Senior: Persoas nacidas dende 2006 a 1978, ambos anos incluídos.
- Veterana/o: Persoas nacidas en 1977 ou antes.
Trail 12km e trail 27km:
- Senior: Persoas nacidas dende 2006 a 1978, ambos incluidos.
- Veterana/o: Persoas nacidas en 1977 ou antes.
Trail infantil:
- Iniciación: Persoas nacidas nos anos 2015 e posteriores - Categoría non competitiva
- Sub-10: Persoas nacidas nos anos 2014 a 2013
- Sub-12: Persoas nacidas nos anos 2012 a 2011
- Sub-14: Persoas nacidas nos anos 2010 a 2009
Sub-16: Persoas nacidas nos anos 2008 a 2007
3-LUGAR E DATA
Sábado 15 de outubro: 1/2 km Vertical + Trail infantil + Andaina
Andaina:
➢ Saída dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante - Barreiros - Lugo) ás 15.15h. Débese levar
roupa de abrigo pola posibilidade de cambios de temperatura no percorrido.
➢ A meta estará situada no lugar de saída. Está calculada para poder ver chegar ós corredores da vertical.
E despois baixar.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 1 hora antes na zona de saída ( praia de Arealonga),
ata un cuarto de hora antes da saída.
1/2 km Vertical:
➢ Saída dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante - Barreiros - Lugo) ás 16.30h. Existirá servizo
de traslado para as persoas participantes dende a meta ata o lugar de saída, así como servizo de
portamochilas da saída ata a meta. Recoméndase mandar unha mochila con roupa para abrigarse ao
remate da carreira, xa que a diferenza de temperatura pode ser notable.
➢ A meta estará situada no cumio do Monte Comado en Reinante-Barreiros-Lugo.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 1 hora antes na zona de saída ( praia de Arealonga),
ata media hora antes da saída.
Trail infantil:
➢ As carreiras infantís terán lugar no cumio do Monte Comado, a partir das 17.30h. O traslado
ata a zona de carreira será por conta das persoas interesadas.
Distancias:
Iniciación: Persoas nacidas nos anos 2015 e posteriores – 40 m
- Sub-10: Persoas nacidas nos anos 2014 a 2013. 220 m
- Sub-12: Persoas nacidas nos anos 2012 a 2011. 380 m
- Sub-14: Persoas nacidas nos anos 2010 a 2009. 630 m
- Sub-16: Persoas nacidas nos anos 2008 a 2007. 1530 m
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 1 hora antes na zona de saída (cumio de monte
Comado).
Domingo 16 de outubro: Trail 12 km + Trail 27 km
Trail 27 km:
➢ Saída e meta na praza do Souto en San Miguel de Reinante-Barreiros-Lugo, ás 9:30h.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de saída e meta ( praza do
Souto).
Trail 12 km:
➢ Saída e chegada na praza do Souto de San Miguel deReinante-Barreiros-Lugo, ás 10:30h.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de saída ( praza do Souto),
ata media hora antes do comezo da proba.
Peches de control:
Vertical: 18.00 horas en meta.
Trail 12 km: 14:00 horas en meta.
Trail 27 km: 12.30 horas no 4º avituallamento , 14:00h. en meta.
Entregas de premios:
Vertical: 18.00 h. na zona de meta (Monte Comado)
Trails: 14.00 h. na zona de meta (Praza do Souto San Miguel de Reinante)
4-PERCORRIDO
Andaina:
➢ Saída dende a mesma praia de Arealonga, a nivel de mar, en Santiago de Reinante.
➢ Percorreranse varias estradas e camiños da localidade de Reinante, atravesando a rasa costeira ata
chegar á Estrada Nacional 634, a cal se atravesará á altura do PK 563,700. o camiño ata a Roda e
posteriormente, xa nas faldas do monte Comado, o percorrido continuará por un camiños de montaña
cara o cumio do mesmo e baixada ata o punto de partida. Considerase un percorrido de dificultade media.
➢ Distancia total: 8000m. aproximadamente, salvando un desnivel de 400m. positivos.
1/2km Vertical:
➢ Saída dende a mesma praia de Arealonga, a nivel de mar, en Santiago de Reinante.
➢ Percorreranse varias estradas e camiños da localidade de Reinante, atravesando a rasa costeira ata
chegar á Estrada Nacional 634, a cal se atravesará (con control da Guardia Civil de Tráfico) á altura do
PK 563,700. Posteriormente, xa nas faldas do monte Comado, o percorrido continuará por un camiño de
montaña cara o cumio do mesmo.
➢ Distancia total: 4.400m. aproximadamente, salvando un desnivel de 490m. positivos.
TRAIL 12km:
➢ Saída dende a praza do Souto de San Miguel de Reinante (a carón da Estrada Nacional 634),
percorreranse pistas e camiños forestais polas faldas do Monte Comado en Reinante e San Miguel de
Reinante.
➢ Distancia aproximada 12km. e un desnivel acumulado de 700m. positivos.
TRAIL 27km:
➢ Saída dende a praza do Souto en San Miguel de Reinante-Barreiros-Lugo, dende onde se percorreran
pistas e camiños forestais polos montes de Celeiro de Mariñaos, San Cosme de Barreiros, San Pedro
de Benquerencia, San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante.
➢ Distancia aproximada de 27km e un desnivel acumulado de 1400m. positivos.
.
5-PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas que o desexen e por razón de idade teñan cabida nas categorías que se
establecen.
6- CRONOMETRAXE
Adultos e menores con chip a través da empresa Championchipnorte. https://ccnorte.com/
7-INSCRICIÓN
➢ Estas carreiras están incluidas no circuito maiskmbarreiros de maneira independente
Proba 4 do circuito : ½ km vertical 15 de outubro
Proba 5 do circuito: Trails 12k e 27k 16 de outubro
➢ A inscrición realizarase a través das páxinas: http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/
https://maiskmsbarreiros.gal/
https://ccnorte.com/
➢ Prazo: estará aberto ata o 11 de outubro de 2022 ás 23:59h.
➢ Coste da participación:
Andaina: 5€ ata o 12/10/2022
Vertical: 8 € ata o 02/10/2022 - 10 € dende 03/10/2022 ata o 11/10/2022.
Trail 12km: 12 € ata o 02/10/2022 – 17 € dende 03/10/2022 ata o 11/10/2022.
Trail 27 km: 17 € ata o 30/09/2019 - 22€ dende 03/10/2022 ata o 11/10/2022.
Os que non son propietarios de chip amarelo terán un coste a maiores de 1€ en concepto de alquiler
de chip, e depositarán unha fianza de 5€ que será reintegrada á semana seguinte da proba unha vez
procesados os chips devoltos.
Trail infantil: De balde. Ata o 11/10/2022.
Os que non son propietarios de chip amarelo depositarán unha fianza de 5€ que será reintegrada á
semana seguinte da proba unha vez procesados os chips devoltos.
NOTA: A inscrición en calquera dos Trail inclúe a inscrición gratuíta no 1/2 km Vertical, non sendo
obrigatoria esta participación. É dicir, poderase participar nun Trail sen acudir á proba do 1/2 km Vertical.
Para iso deberá contestar afirmativamente á pregunta que se fará na inscrición dos trail.
➢ Dorsal: Cada persoa participante disporá dun dorsal con número para a súa identificación.
➢ Aceptación das bases: a inscrición en calquera das probas anteriores supón a aceptación deste
regulamento por parte das persoas participantes, así como a publicación tanto do nome e apelidos como
da súa imaxe, ben nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e internet, ou en calquera
outro medio que a organización estime oportuno para a publicidade desta proba. O descoñecemento
deste regulamento non exime do seu cumprimento.
8- AVITUALLAMENTO
➢ 1/2 VERTICAL + TRAIL INFANTIL + ANDAINA
Haberá 1 punto de avituallamiento líquido e sólido en meta.
➢ TRAILS:
• Trail 12 km: Dous avituallamientos. O primeiro (liquido e sólido), 2º avituallamento en meta (líquido e
sólido). (informarase da ubícación nos días previos á carreira)
• Trail 27 km: Seis avituallamentos. 1º, líquido; 2º líquido e sólido; 3º , líquido; 4º, líquido e sólido; 5º,
líquido; 6º en meta, líquido e sólido. (Informarase da ubicación nos días previos á carreira)
➢ Recoméndase o uso de cinto portabidóns ou mochila con auga (especialmente se fai calor).
9- SINALIZACIÓN
O percorrido estará debidamente balizado. Do mesmo xeito, en diferentes puntos haberá persoal de axuda así
como persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tanto a disposición das persoas participantes
como exercendo tarefas de control de seguridade no percorrido. Aínda tendo en conta a sinalización,
recoméndase que as persoas participantes extremen as precaucións, especialmente en pistas asfaltadas, ante a
posibilidade de que algún vehículo faga caso omiso dos controis da proba.
10-TROFEOS
Haberá trofeo para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a
gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
11-DEPORTIVIDADE
Toda persoa participante debe prestar axuda a outra participante e/ou voluntaria accidentada e comunicalo no
punto de control máis próximo ou a calquera outra persoa da organización. Igualmente, deberán acatarse as
normas establecidas pola organización e as recomendacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
11-OUTROS
➢ A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais, materiais ou económicos, tanto dos
participantes como dos acompañantes, derivados da participación nesta proba.
➢ A organización poderá descalificar a toda aquela persoa participante que teña unha actitude antideportiva
ou que dificulte o bo desenvolvemento da proba.
➢ A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil
e servizos de protección civil.
➢ Servizo de duchas no polideportivo do colexio de San Miguel de Reinante (preto da meta).
➢ Ao remate da carreira a organización ofrecerá pinchos para as persoas participantes e acompañantes.
➢ Contacto:
praias.de.comado@gmail.com (preferentemente)
Tfno. 653 68 46 15

[ Go Back ]