Calendario
Info da proba

Rianxo

06/11/2021 10:30 - 13:30
Regulamento Artigo 1.
A “Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia”, ASANOG, coa colaboración do
Concello de Rianxo, organiza a “I Andaina Solidaria Asanog”, o sábado 6 de novembro
de 2021.
A proba organízase a beneficio da Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de
Galicia, que recibirá o 100% do recadado a través das inscricións.
Artigo 2.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen distinción de idade ou sexo
sempre que se inscriban axeitadamente. As persoas participantes menores de idade
deberán cumprimentar unha autorización paterna, materna ou do/a titor/a legal para poder
participar. Esta autorización deberá presentarse no momento da recollida do dorsal. No
caso de non presentar dita autorización, non será posible a participación na proba, non
sendo reembolsable o importe da mesma.
Artigo 3. Categorías
Establécese unha única categoría integrada pola totalidade dos participantes.
Artigo 4. Distancias e horarios
A “I Andaina solidaria ASANOG”conta con un percorrido circular, con saída e chegada
no mesmo punto. Así, é posible facer un percorrido de 4 km. e outro de 11 km.
aproximadamente, en función da condición física de cada participante.
O comezo da andaina será ás 10:30 horas do sábado 6 de novembro de 2021.
Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 2 percorridos na contorna do paseo marítimo e a senda litoral de Taragoña.
1. Percorrido verde: 4 km.
2. Percorrido amarelo: 11 km.
A saída do evento realizarase a partir das 10:30 horas. O protocolo de saída será o que
marque a lexislación e a normativa COVID na data de celebración do evento.
O uso da máscara é obrigatoria durante a participación no evento.
Artigo 6. Inscricións
Prazo de inscrición
Ata o xoves 4 de novembro de 2021 ás 24:00 h.
Inscrición
En liña:
 emesports.es
Presencial:
 Servizo de Deportes. Edif. Cuartel Vello. Praza Castelao, 9. 15920 Rianxo.
 Supermercado Claudio. Setefogas, 11 baixo. 15920 Rianxo.
 O Cesar - Muebles e electrodomésticos. Estrada Rianxiño, 255, 15920
Rianxo.
 Na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.
Prezo
Andaina:
 10 € para todas as persoas maiores de idade e 5 € para as persoas menores de
idade.
 É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para participar na andaina.
Dorsal solidario
Doazón da cantidade desexada a través da pasarela de pago ata o xoves 4 de novembro
de 2021 ás 24:00 h., ou na Praza Castelao o día de celebración do evento.
Límite de prazas: haberá un límite de 500 inscricións.
Artigo 7. Retirada de dorsais
Na Praza de Castelao o mesmo día da proba, a partir das 9:00 e ata o inicio da mesma.
Artigo 8. Agasallos
Agasallos
Camiseta conmemorativa para todas as participantes na andaina (ata fin de existencias).
Artigo 9. Servizos
Aparcadoiros
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas
inmediacións da zona portuaria.
Avituallamento
No intre de retirar o dorsal farase entrega dunha bolsa ao participante con auga e unha
peza de froita ou similar.
Artigo 10. Outras consideracións
A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes coas
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993, subscritos polo Concello de
Rianxo e a Asociación ASANOG.
A proba conta cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico.
A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así
como aprazar ou suspender o evento se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
No caso de que para o día da celebración do evento se decrete unha alerta laranxa ou a
situación sanitaria derivada das restricións COVID así o indiquen, o evento será
suspendido automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela e non
se devolverán os cartos da inscrición.
As persoas que durante o transcurso da carreira/andaina circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización e/ou monitores da andaina, considéranse a
todos os efectos usuarias normais da vía.
Toda persoa que participe sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar dos obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros do evento.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira, sen poder facer ningunha
modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen as participantes no evento.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola organización,
e non está permitido o acompañamento das persoas participantes mediante o uso de
vehículos de apoio.
As persoas participantes autorizan á organización (ASANOG), aos colaboradores
(Concello de Rianxo) e aos patrocinadores do evento, a empregar calquera tipo de imaxe
ou gravación con fins de difusión, promoción e explotación para todo o mundo mediante
calquera dispositivo (internet, publicidade impresa, etc.) se límite temporal.