Calendario
Info da proba

Mondoñedo

25/09/2021 17:00 - 19:00
Regulamento CARREIRA MONDOÑEDO MONUMENTAL
1. ORGANIZA E PATROCINA: CONCELLO DE MONDOÑEDO
O Sábado 25 de Setembro a partires das 17:00h terá lugar a III Edición da CARREIRA
MONDOÑEDO MONUMENTAL
2. COLABORAN
 POLICIA LOCAL
 PROTECCIÓN CIVIL
 CCNORTE
 AD TOXIZA
3. LUGAR - DÍA:
 PRAZA CATEDRAL – MONDOÑEDO – LUGO. TODAS AS PROBAS CON SAÍDA E
CHEGADA A PRAZA
 SÁBADO 25 DE SETEMBRO DE 2021
4. HORARIOS, DISTANCIAS E ANOS DE NACEMENTO POR COMPETICIÓN:
 A PARTIR DAS 15:00h ENTREGA DE DORSAIS
 17:00h CARREIRA CATIVOS (NENOS E NENAS 2014 E POSTERIORES)no
competitiva). Distancia 200m
 17:05h SUB-10 (NENOS E NENAS 2012/2013). Distancia 800m
 17:15h SUB-12 (NENOS E NENAS 2010/2011). Distancia 1600m
 17:25h SUB-14 e SUB16 (NENOS E NENAS 2006 ata 2009). Distancia 2400m
 1745h CARREIRA ABSOLUTA. 2005 E ANTERIORES. Distancia 5KM
 18:30h ENTREGA DE PREMIOS
5. INFORMACIÓN E CARACTERÍSTICAS DOS PERCORRIDOS:
 RECORRIDOS CORTADOS AO TRÁFICO
 TODOS OS RECORRIDOS ESTARÁN DEBIDAMENTE SINALIZADOS
 TODAS AS COMPETICIÓNS ACOMAPAÑADAS POR TRES CICLISTAS, DOUS
ENCABEZARÁN A MESMA E OUTRO A PECHARÁ
 * Non se poderá acompañar aos participantes nin correndo nin en bici nin de
ningún xeito agás na proba de CATIVOS
6. PERCORRIDOS MENORES:
 Pódense consultar planos y tracks en www.racemapp.com
 TODAS AS PROBAS CON SAÍDA E CHEGADA A PRAZA DA CATEDRAL
 AS PROBAS MENORES DISCURRIRAN POLA ZONA PEATONAL NO CENTRO DE
MONDOÑEDO EN RECORRIDO DE UNHA OU VARIAS VOLTAS SEGUNDO AS
CATEGORÍAS.
7. PERCORRIDO PRUEBA ADULTOS 5K APROX:
 SAÍDA E CHEGADA A PRAZA DA CATEDRAL
8. INSCRICIÓN y PRECIOS
O prazo de inscrición abrirase ata o mércores 22 de Setembro, na web
www.ccnorte.com
 www.ccnorte.com
 A inscrición para as categorías menores será ata o 19 de setembro gratuita e do
20 de setembro ata o mércores 22 será 3€ pola web durante o prazo de
inscrición. No caso de esperar ao final e facela de forma presencial o día de
carreira, cobrarase 5,00€
 A inscrición para a carreira ABSOLUTA , será ata o mércores 19 de setembro 4€
e do 20 de setembro ata o mércores 22 será de 6€ mais 1€ de alugueiro a os
non propietarios de chip amarelo. (5€ de fianza de chip que será devolta unha
vez procesados os chips devoltos). Inscrición día da carreira 10,00€.
 Bolsa de corredor incluye: camiseta conmemorativa, dorsal, chip, seguro,
avituallamiento, etc.
9. RECOLLIDA DE DORSALES
CARPA ORGANIZACIÓN. Na Praza da Catedral dende as 15h ata 30m antes da
saída da carreira absoluta.
10. TROFEOS E AGASALLOS DA CARREIRA
 Carreiras menores:
o Cativos: medallas para todos os chegados
o Recibirán Trofeos aos 3 primeiros clasificados de cada categoría e
medalla recordo tódolos nenos.
 Carreira Adultos:
o Trofeo 3 primeir@s absolutos
o Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría
o Regalo conmemorativo aos corredores da carreira absoluta
CATEGORÍAS PROBAS MENORES POR ANO DE NACEMENTO :
 PITUFOS 2014 e POSTERIORES MASCULINA E FEMENINA
 SUB-10 2012/2013 MASCULINA E FEMENINA
 SUB-12 2010/2011 MASCULINA E FEMENINA
 SUB-14 2008/2009 MASCULINA E FEMENINA
 SUB-16 2006/2007 MASCULINA E FEMENINA
CATEGORÍAS PROBA ABSOLUTA:
 SUB -20 MASCULINO Y FEMENINO NACIDOS DESDE 2002 a 2005
 SENIOR/ SUB-23 MASCULINO Y FEMENINO desde 2001 hasta 34 años
 VETERAN@S A MASCULINO Y FEMENINO 35 a 44 años
 VETERAN@S B MASCULINO Y FEMENINO 45 a 54 años
 VETERAN@S C MASCULINO Y FEMENINO 55 a 65 años
 VETERAN@S D MASCULINO Y FEMENINO 66 años en adelante
11. INSCRICIÓN (VER www.ccnorte.com)
OUTRAS DISPOSICIÓNS
 Poderán participar atletas federados e non federados.
 Se es propietario do chip amarelo debes competir con el
 É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal no peito.
 Non se poderá acompañar aos participantes nin correndo nin en bici agás na
proba de prebenxamins
 É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP DE ALQUILER AO REMATAR A CARREIRA
 Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente
regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes dos
eventos
PROTOCOLO COVID DA 2021
Partindo do protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, a continuación, establécense as
medidas de seguridade sanitaria a levar a cabo durante este evento. En primeiro lugar
descríbense medidas de carácter xeral para todos os/as asistentes, e posteriormente, e de
forma máis concreta, establécense medidas específicas.
MEDIDAS XERAIS PARA REDUCIR O RISCO DE CONTAXIO DA
COVID-19
 Realizar un auto test antes de ir cara a actividade deportiva, para confirmar se pode ter
síntomas de COVID-19 (febre, tose ou falta de alento). Ante calquera síntoma ou en
caso de sospeita de estar infectado, ou ter estado en contacto con persoas infectadas ou
baixo sospeita de estalo, débese evitar a asistencia ao evento, poñéndose en contacto de
forma inmediata cos servizos sanitarios. Autotest SERGAS
 Non compartir vehículo particular con outras persoas non convivintes, sempre que
sexa posible, para asistir ao evento. De non ser así, empregar formas de desprazamento
que favorezan a distancia interpersoal e, en todo caso, utilizar máscara.
 Manter a distancia de seguridade interpersoal de polo menos 1,5 metros entre todas as
persoas antes da proba, e mínimo de 2 metros para os/as deportistas durante a proba.
 O uso da máscara e obrigatorio, agás no momento específico da práctica deportiva,
tras recibir a orden do persoal de Organización.
 Cubrir a boca e o nariz co cóbado flexionado ou cun pano desbotable ao toser ou
esbirrar. Neste caso, desbotar de inmediato o pano usado e lavar as mans.
 Lavar con frecuencia as mans con auga e xabón, ou con xel hidroalcohólico.
 Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e no caso de facelo, prestar atención ao lavado
previo de mans.
 Evitar o saúdo con contacto físico.
 Non compartir alimentos, bebidas ou similares.
 O púbico, na medida do posible evitará acumularse na zona de saída e meta. Pregamos
que se repartan ao longo do percorrido e manteñan a distancia en todo momento, tanto
cos non convivintes como cos atletas.
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA REDUCIR O RISCO DE
CONTAXIO
Voluntarios:
 Declararán mediante un consentimento asinado que nos últimos 10 días non tiveron
ningún síntoma de COVID19 (febre, cansanzo, tose seca e/ou dificultade para respirar)
e que non estiveron en contacto con ningunha persoa positiva en COVID19 (ANEXO I)
 Cada persoa terá a súa función na montaxe da infraestrutura, evitando compartir
materiais e espazos. Cando existan postos de traballo ou ferramentas compartidas por
máis dunha persoa, estableceranse o lavado de mans e a desinfección das ferramentas
antes e despois do uso, como medidas de seguridade.
 Na condución de vehículos de uso da organización, antes de subir ao mesmo,
lavaranse as más con hidroxel e desinfectarase o volante, panca de cambios, etc. Levar
sempre a máscara posta, ventilar o vehículo antes e despois do seu uso -se se pode
durante-, evitar o contacto físico e evitar tocar obxectos do vehículo na medida do
posible. Desinfección das partes do vehículo susceptibles de estar en contacto
(cinturóns, manillas das portas, etc.)
Deportistas:
 Serán responsables de portar máscara ata o inicio da proba.
 Declararán mediante un consentimento asinado que nos últimos 10 días non tiveron
ningún síntoma de COVID19 (febre, cansanzo, tose seca e/ou dificultade para respirar)
e que non estiveron en contacto con ningunha persoa positiva en COVID19 (ANEXO I)
Dito documento entregarase cuberto na entrada da zona de presaída.
 O quecemento realizarase nas zonas habilitadas a tal efecto na explanada da dársena
do Porto de Foz respectando sempre as distancias de seguridade. O uso da máscara será
obrigatorio se non se pode garantir a distancia de seguridade interpersoal, ou cando o
quecemento se faga en grupo.
 No acceso da cámara de chamadas os participantes lavarán as mans con hidroxel.
 Para o acceso á zona de presaída, deberán portar máscara desbotable, que se botará ao
lixo xusto antes de iniciar a saída.
 Dentro do espazo de cámara de chamadas os deportistas deberán situarse nos espazos
indicados, respectando a distancia de seguridade e portando máscara.
 Na zona de saída os deportistas colocaranse nas referencias indicadas no chan, e xusto
antes de sair botarán a máscara ao lixo.
DURANTE O EVENTO
Voluntarios:
 Cada unha das persoas da organización terá unha única función. Deportistas:
 Os adiantamentos deberán realizarse coa separación mínima de 2 m. entre deportistas.
 Os participantes non poderán ir correndo un detrás de outro, deberá manterse unha
distancia mínima de 10 metros.
 Os participantes deberán transitar polo marxe dereito do carril habilitado para a
carreira.
 No caso de ser descualificados, o xuiz que comunique dita descualificación, fará
entrega dunha máscara para que o/a corredor/a retire o seu dorsal e abandone o circuíto.
Público
 Os/as espectadores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal e usar
máscara en todo momento, segundo o establecido polas autoridades competentes.
 Non se permitirá público nas zonas de pre saída, saída, meta e zona de premiación
DESPOIS DO EVENTO
Voluntarios
 Cada persoa terá a súa función na recollida da infraestrutura, evitando compartir
materiais e espazos. Cando existan postos de traballo ou ferramentas compartidas por
máis dunha persoa, estableceranse o lavado de mans e a desinfección das ferramentas
antes e despois do uso, como medidas de seguridade.
 Na condución de vehículos de uso da organización, antes de subir ao mesmo,
lavaranse as más con hidroxel e desinfectarase o volante, panca de cambios, etc. Levar
sempre a máscara posta, ventilar o vehículo antes e despois do seu uso -se se pode
durante-, evitar o contacto físico e evitar tocar obxectos do vehículo na medida do
posible. Desinfección das partes do vehículo susceptibles de estar en contacto
(cinturóns, manillas das portas, etc.)
Deportistas
 Ao cruzar a liña de meta, cada participante recibirá unha máscara que deberá colocar
tan pronto como sexa posible, e xa non a poderá sacar en ningún momento.
 Unha vez rematada a proba, os/as deportistas, mantendo sempre a distancia de
seguridade interpersoal, recollerán o seu avituallamento e abandonarán a zona de
competición o antes posible.
 A máscara é obrigatoria en todo momento, agás no momento da actividade física,
os/as deportistas premiados deberán portar máscara na ceremonia de premiación.
Cerimonia de premiación
 podio debe proporcionar unha distancia de 1,5 m entre os premiados/as.
 Os atletas subirán ao podio e recollerán eles mesmos a súa medalla da bandexa.
 Será obrigatorio o uso de máscara durante a premiación.
 Marcaranse no chan as zonas de espera, cunha distancia de 1,5 metros.
 Só un voluntario participa nas cerimonias que preparará os trofeos en bandexas
separadas para cada atleta.
 O voluntario deberá utilizar máscara.
 O voluntario debe desinfectar as bandexas despois de cada entrega.
 Deben evitarse os saúdos de mans ou os abrazos entre os atletas en todo momento.