Calendario
Info da proba

Pontevedra

17/10/2021 10:00 - 13:00
Regulamento 1. DATA
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan o domingo
17 de outubro de 2021, a partir das 10:00 h o “XXXIX Gran Fondo - XXVI Medio Maratón
– II 10K Pontevedra 2021”. O 10 K. con saída ás 10:00 h. e o medio maratón as 10:30 h.
2. PARTICIPANTES
Poderán participar todas aquelas persoas con 18 anos (o día da proba) ou máis, que o
desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola
Organización.
A carreira desenvolverase en dúas fases diferenciadas dun máximo de 400
participantes no 10 K. e de 600 no medio maratón. A organización resérvase 20 prazas
a para deportistas convidadxs.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
Quen participe comprométese a aceptar o presente regulamento e calquera posible
modificación da proba obrigada por causas alleas á vontade da organización. A
realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se
inclúen neste regulamento.
Todx participante inscritx declara:
✔Que se considera nun estado de saúde óptimo para participar no Gran Fondo - Medio
Maratón de Pontevedra - 10K.
✔Que ten lido, entendido, aceptado e se compromete a cumprir o protocolo de
prevención COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
✔Que exime de responsabilidade á Organización pola perda de obxectos persoais ou
roubo, así como como por calquera contaxio de calquera enfermidade que puidera
sufrir durante o evento deportivo.
✔Que autoriza sen contraprestación algunha a que a Organización faga uso de
calquera tipo de material audiovisual no que poida figurar o/a participante,
aceptando a publicación do seu nome completo na clasificación da proba, nos
medios de comunicación, e/ou internet.
✔Conforme á L.O. 03/2018, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a
formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é a Sociedad Gimnástica de Pontevedra
con domicilio social na Rúa Xoán Manuel Pintos s/n 36005 Pontevedra. A finalidade
do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para o Gran Fondo - Medio Maratón –
10K así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercer os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito
á dirección sinalada, axuntando unha fotocopia do seu DNI.
✔No caso de ter síntomas compatibles coa COVID-19 ou ter estado en contacto con
algún positivo nos últimos 10 días non podo presentarme na recollida do dorsal ou
na proba deportiva.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte o
presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida
no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
4. INSCRICIÓNS
Faranse en https://mmpontevedra.com/ ata as 23:59 horas do día 8 de outubro de
2021 e non se admitirán inscricións posteriores.
Haberá dous prazos para inscribirse:
 Ata as 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará a cota
“Reducida” de 20 € para o medio maratón e 10 € para o 10K
 Dende o 1 de outubro e ata o remate das prazas ou do prazo de inscrición e na
que o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 25 € no medio maratón e 15€ para
o 10K.
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o importe da
inscrición agás baixa médica documentada e enviada a info@sgpontevedra.com antes
das 23.59h do 15 de outubro. En caso contrario, non se fará o reembolso.
Aqueles participantes e acompañantes que veñan de fora de Galicia e/ou estiveran nos
últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica COVID,
inescusablemente deberán comunicarllo de forma veraz ao Servizo Galego de Saúde a
través de https://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs?idioma=ga
no que ademais se especifican cales son estas zonas. Esta comunicación deberá ser
completada por cada un dos viaxeiros/as, que serán responsables de que a información
subministrada sexa veraz e precisa. En caso de menores de idade, persoas dependentes
ou incapacitadas, a declaración será cuberta polo seu titor, que se fará responsable da
veracidade da información subministrada.
Prazo Proba Inicio Fin € Desconto
desemprego
Primeiro Medio Maratón 13/IX 30/IX 20 Si
Segundo Medio Maratón 1/X 10/X 25 Non
Primeiro 10 K 13/IX 30/IX 10 Si
Segundo 10 K 1/X 10/X 15 Non
No caso de que o/a deportista se inscriba como desempregadx (só primeiro prazo)
devolveráselle a cota de participación polo mesmo sistema de pago; a persoa
beneficiaria terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como
Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día
(que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal). En caso da non
presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.
Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente un dorsal no peito, sen dobrar nin
ocultar, ben visible.
OPCIÓN DATA LUGAR PREZO
1
Do 13/X ao 16/X
Tenda Miler
r/ Peregrina 6 (soto) Pontevedra 0€
2 Puntos de recollida establecidos por
CCN (fora de Pontevedra) 0€
3 Recepción no enderezo particular 8€
Non se entregarán dorsais o mesmo día da proba. Quen non se presente co dorsal
non poderá participar.
6. TEST DE ANTÍXENOS E DECLARACIÓN RESPONSABLE
Cada participante deberá achegar un certificado dunha proba PCR ou de antíxenos
negativa CERTIFICADA por farmacia ou servizo médico nun máximo de 48h antes do
inicio da proba (válido venres 15/X, sábado 16/X ou domingo17/X). Dito certificado
entregarase o día da carreira na zona de saída dende 2 horas antes do inicio da
proba deportiva.
No momento de formalizar a inscrición, os participantes estarán declarando a súa
responsabilidade sobre os seguintes termos:
✔Que antes de saír cara a actividade deportiva teño realizado o auto test do SERGAS,
non manifestando ningún síntoma de COVID-19 (febre, tose, ou falta de alento).
✔Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o protocolo de
prevención COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
✔Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o Regulamento
desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
✔Que cumpro os requisitos de admisión establecidos no documento Protocolo COVID
obriga de información e consentimento informado, non sendo grupo de risco.
✔Que non convivo con ninguén que sexa grupo de risco, ou que no caso de que así
sexa, participa na actividade baixo a súa propia responsabilidade.
✔Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade no contexto
da crise sanitaria provocada pola COVID-19, e que asumo baixo a miña propia
responsabilidade.
É importante ter en conta que esta declaración responsable fará referencia ao mesmo
día da proba. Polo que, no caso de non poder cumprir algún dos ítems anteriores, o/a
atleta non tomará parte na carreira.
8. ZONA DE QUECEMENTO
Será obrigatorio o uso de máscara durante o quecemento, e este poderá facerse
oficialmente na zona da Illa das Esculturas, sempre circulando pola dereita da vía e
cumprindo a normativa sanitaria en vigor.
Non haberá gardarroupa, polo que cada persoa poderá deixar o seu equipamento
persoal no seu vehículo, persoa de apoio,... antes de entrar na zona de presaída.
Haberá urinarios masculinos verticais e cabinas WC para sentarse (homes e mulleres).
9. PRESAIDA E SAÍDA
A Organización asignará un horario definitivo de saída en función da marca indicada
que confirme o/a participante na inscrición, saíndo os mellores tempos primeiro.
Os/As deportistas terán que presentarse á porta da zona de presaída 15 minutos antes
da súa saída para ser ubicados nun lugar axeitado, para non ter acumulacións de
persoas.
Os dorsais asignaranse atendendo á orde de saída de xeito que o primeirx en saír levará
o dorsal 1 e o último o 1000. As saídas serán en quendas de 100 deportistas con 2
minutos entre elas.
Na primeira quenda, os 10 K, os dorsais serán de cor azul e do 601 ao 700 sairán ás
10.00 h, os cen seguintes aos dous minutos e así sucesivamente ata os 400 participantes
Na segunda quenda, o Medio Maratón os dorsais serán de cor verde e do número 1 ata
o 100 sairán ás 10.30 h, os cen seguintes aos dous minutos e así sucesivamente ata os
600 participantes.
Todxs terán un tempo máximo de 02h10´00¨ para rematar o Medio Maratón e como
paso intermedio no último xiro de Corbaceiras de 1h29´00” no Medio Maratón ; e 1h
10´00” para o 10K.
HORARIOS DE SAÍDA
Quenda Proba Hora Entrada
Presaída
Hora Peche
Presaída
Hora
Saída Dorsais
1 10 K 09:45 09:47 10:00 601-700
2 10 K 09:48 09:50 10:02 701-800
3 10 K 09:51 09:53 10:04 801-900
4 10 K 09:54 09:56 10:06 901-1000
5 MM 10:15 10:17 10:30 1-100
6 MM 10:18 10:20 10:32 101-200
7 MM 10:21 10:23 10:34 201-300
8 MM 10:24 10:26 10:36 301-400
9 MM 10:27 10:29 10:38 401-500
10 MM 10:30 10:32 10:40 501-600
Os/as corredores/as deberán presentarse fisicamente con máscara, preferiblemente
desbotable, na zona de presaída E NON RETIRALA ATA RECIBIR A INSTRUCCIÓN DA
ORGANIZACIÓN XUSTO ANTES DA SAÍDA, nese momento antes de saír, a máscara
depositarase no lixo, ou no seu defecto, o corredor/a a levará voluntariamente consigo
durante a proba.
AQUELES/AS ATLETAS QUE NON SE PRESENTEN NO MOMENTO NA PRESAÍDA Á
HORA CORRESPONDENTE, NON PODERÁN PARTICIPAR.
10.ARBITRAXE DURANTE A CARREIRA
A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA), polo
que contaremos co control do Comité Galego de Xuíces da FGA. Haberá ciclistas con
cada grupo de saída que acompañarán na carreira favorecendo a seguridade dos
deportistas durante a proba.
11.PENALIZACIÓNS E DESCUALIFIC ACIÓNS.
Será obrigatorio cumprir o protocolo COVID19 para o desenvolvemento da proba,
publicado na web https://mmpontevedra.com/ . Todx aquel/a que non o cumpra poderá
ser descualificadx (incluso antes de comezar a competición). Ademais, será motivo de
descualificación:
✔Non levar axeitadamente o dorsal e/ou o chip oficial de control de tempos.
✔Non realizar o percorrido completo.
✔Manifestar un mal estado físico evidente.
✔Manifestar un comportamento non deportivo coa Organización, cos outros
deportistas ou co público.
✔Fagan protestas maleducadas, ou se reitere en protestas ante a Organización.
✔Cumprir estes tempos máximos de paso polo último xiro de Corbaceiras en
1h29´00”, e de paso pola liña de meta en máximo de 2h10´00” poderá ser
descualificado en calquera momento.
O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización, están facultados para
retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico
evidente.
12.SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de “Seguro de
Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e dous
médicos para a atención.
13.PERCORRIDO.
Terá unha lonxitude de 21.097 metros para o medio maratón e de 10.000 metros para
o 10K. Nun circuíto NON HOMOLOGADO, urbano, pechado ao tráfico e sobre asfalto ao
que se lle dará dúas voltas. Cada quilómetro sinalizarase visualmente.
A SAÍDA será dende a Ponte dos Tirantes cara Avda. de Bos Aires (dirección Marín),
ponte de Santiago, Paseo Enxeñeiro Rafael Areses, Alexandre Bóveda (xiro de 180º
fronte ao IES Xunqueira I), Paseo Enxeñeiro Rafael Areses, ponte de Santiago, Avda. de
Bos Aires (dirección Marín), Avda. Uruguai (xiro de 180º antes da rotonda de
Corbaceiras), Avda. Uruguai, travesía Galera, rúa Arcebispo Malvar, Praza de España,
Marqués de Riestra, Oliva, García Camba, Peregrina, praza da Peregrina, Odriozola, rúa
dos Soportais, praza de Curros Enríquez, rúa Real, praza Celso García de La Riega,
Valentín García Escudero, Avda. Bos Aires, rúa Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo,
CGTD, José Malvar, Avda. Bos Aires, xiro de 180º xusto antes da ponte vella do tren,
Avda. de Bos Aires, rotonda da ponte dos Tirantes (comeza a segunda volta). Despois
do segundo xiro ao circuíto, ao chegar a rotonda da ponte dos Tirantes, deixala a dereita
para entrar na rúa Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, acceso a pistas de atletismo do
CGTD, os atletas correrán pola rúa 1 da mesma, para dar case unha volta completa e
chegada a META.
14.AVITUALLAMENTO
Haberá auga no circuíto cada 5 km aproximadamente. As botellas estarán dispostas
sobre unha mesa, onde o/a participante será quen de coller o seu propio
avituallamento, abrilo, bebelo e encestar nos colectores de lixo dispostos para tal fin.