Calendario
Ver carrera

Ourense

12/09/2021 9:30

[ Go Back ]

Descripción A Federación Galega de Dano Cerebral coa colaboración de: Federación Galega de Atletismo – Delegación en Ourense, Concello de Ourense – Consello Municipal de Deportes, Concello de O Pereiro de Aguiar, Deputación de Ourense – INORDE e o patrocinio da Xunta de Galicia – Xacobeo 21•22, organizan o Trail e Andaina Solidaria “Camiñando polo Dano Cerebral”, que se celebrará o domingo, 12 de setembro de 2021 a partir das 09:30 h., con saída e meta na Pista de Atletismo do Campus Universitario de Ourense.

PARTICIPANTES
Participantes Trail: Na modalidade Trail poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos (o día da proba) que o desexen, federadas ou non federadas, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización (Ruta Trail)
Participantes Andaina: Na modalidade Andaina poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos (o día da proba) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización (Ruta Andaina)
INSCRICIÓNS: As inscricións serán do 21 de xuño ata o 7 setembro de 2021 ás 23:59 h.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS: Os dorsais e chips serán entregados o mesmo día da proba na Pista de Atletismo do Campus de Ourense en horario de 08:00 a 09:00.
MATERIAL OBRIGATORIO: O material obrigatorio, tanto para o Trail como para a Andaina, que se poderá controlar total ou parcialmente na saída, percorrido e meta é o seguinte:
- Dorsal e chip.
- Teléfono móbil operativo.
- Set de hidratación ou botella de auga.

PROTOCOLO ANTICOVID-19
DECLARACIÓN RESPONSABLE
Carreiras Galegas

[ Go Back ]