Calendario
Info da proba

Ons-CANCELADA

04/04/2020 17:00 - 20:00
Regulamento VI VOLTA/ANDAINA Á ILLA DE ONS 2020
1) PRESENTACIÓN.
O Clube Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e o
Parque Nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, organizan o sábado 4 de
abril a VI Volta a Illa de Ons.
Ademais da carreira tamén se realizará unha andaina. As probas, tomarán a saída na zona do
Igrexario da Illa de Ons, con os seguintes horarios: as 17:00 para a andaina e ás 17:15 para a
carreira.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza
federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DA COMPETICIÓN CARREIRA E ANDAINA.
• É unha carreira de por pistas de terra, cunha distancia de 20 qm, con saída e chegada na
illa de Ons
• A andaina terá o mesmo percorrido que a carreira pero con só unha volta (10.5 qm aprox).
• O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con
bandeirolas con varilla de aceiro, ademais puntualmente nos cruces disporemos de sinais
de cartón
• IMPORTANTE, ESTE ANO TEMOS COMO OBXECTIVO “PLÁSTICOS 0”, ASÍ
QUE RECOMENDAMOS A TODOS OS PARTICIPANTES LEVAR O SEU
PROPIO AVITUALLAMENTO LIQUIDO PARA PODER ENCHER COS
BIDÓNS DE LIQUIDO QUE PORÁ A ORGANIZACIÓN,
EXTRAORDINARIAMENTE DISPOREMOS DE VASOS DE CARTÓN
ECOLÓXICO.
• Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
• A Organización poderá modificar o percorrido por causas axeas e/ou de forza maior.
• O tempo máximo do que disporán os atletas para cubrir o percorrido completo de 20 qms
será de 2:30h.
• Existirán catro postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 4 líquido
2) Km 8 líquido
3) Km 11 líquido
4) Km 16 líquido-sólido
• A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante Chip (só no
caso da carreira).
• Asistencia médica: Os servizos sanitarios estarán instalados na zona de Saída/Meta
• Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que
estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer
enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición
física, psíquica e deportiva.
• Existen duchas a 100 metros da meta.
Categorías Carreira. (andaina sen categorías)

CATEGORÍAS ANOS (cumpridos ó dia da proba)

SENIOR 18 a 39
VETERÁN A 40 A 49
VETERÁN B 50 EN DIANTE

3) NORMATIVA PARA A CARREIRA/ANDAINA.
• Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
• Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a Organización.
• Disporase de servizo de duchas.
• Disporase de servizo de garda roupa.
• Estará totalmente prohibido correr durante a andaina, isto será motivo de descalificación.
• Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non
complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal
ben visible (só no caso da carreira) ou desatenda as indicacións da organización.
• A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
• Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
• A organización declina toda responsabilidade en caso da perdida de obxectos de cada
participante.
• Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado.
• A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respecto o medio ambiente,
a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
• Todos os participantes deben cumprir en todo caso as condicións xerais nas illas co fin de
asegurar a conservación dos seus ecosistemas naturais, estas condicións pódense consultar
na web http://www.iatlanticas.es/ no apartado de condicións.

4) INSCRICIÓNS.
• Carreira: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun costo de 25€ por
participante están limitadas a 350 participantes e inclúen o dorsal, billete ida e volta,
camiseta conmemorativa, froita e bebidas.
• Andaina: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun costo de 15€ por
participante están limitadas a 100 participantes e inclúen, billete ida e volta e regalo
conmemorativo.
• Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o 2 de Abril.
• Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo
• Tamén se poderán mercar os billetes para os acompañantes na web www.galitiming.com a
un custo de 8€ (5 anos ou menos gratis pero deben mercar igualmente a coste 0 os
billetes) na mesma web ata o 2 de Abril e na entrega de dorsais ata o día da proba.
• Todos os horarios dos billetes de ida pódense cambiar ata o 2 de Abril na mesma páxina
onde se fai a inscrición, na sección “zona privada” pudendo elixir embarcar o venres ou
sábado (o barco de venres dependerá exclusivamente da navieira, en caso de non ter barco
todos os participantes embarcarán o sábado) .
• A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non
puidera participar, o custo do billete non se devolverá en ningún caso.
• A organización devolverá a inscrición íntegra en caso de que se suspenda a proba por
cuestións meteorolóxicas que impidan a celebración da mesma.
• A organización non se fai responsable en ningún caso dos gastos externos de cada
participante no caso de que se cancele a proba.
5) HORARIOS DOS BARCOS
• O prezo do billete será de 8€ por persoa, este prezo reducido so será aplicable para os
barcos que saian dende o peirao de Bueu a mañá do sábado 4 de Abril de 2020, se o
tempo o permite habilitarase unha opción para coller o barco o venres 3.
• Os horarios de saída dos barcos será as 14:00h o sábado. Os barcos van saíndo segundo se
vaian enchendo e os horarios da volta serán a partir das 20:00, disporanse os barcos
necesarios en cada horario para poder levar e traer a todos os participantes. Estes horarios
non podemos cambialos xa que son impostos polos organismos.
6) CRONOGRAMA

Día Actividade

Sábado
4 de abril do 2020

• 09:00 – 14:00 entrega dorsais peirao de Bueu
• 14:00 – 14:30 saída barcos dende o peirao de
Bueu
• 17:00 saída carreira
• 17:15 saída andaina
• 19:30 peche de control
• 19:30 entrega premios
• 20:00 saída barcos dende o peirao da Illa de
Ons

Venres
3 de abril do 2020

• 17:00 – 19:00 entrega dorsais peirao de Bueu

7) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
• Os dorsais e o Chip de cronometraxe entregaranse o día da proba no local de protección
civil situado no peirao de Bueu, dende as 09:00h ata as 14:00h. E o día anterior no mesmo
local de 17:00h a 19:00h.
o Localización local protección civil:
https://www.google.es/maps/place/42%C2%B019'42.0%22N+8%C2%B047'14.0%22
W/@42.328334,-8.787215,211m/data=!3m2!1e3!4b1!4m2!3m1!1s0x0:0x0?hl=es
• Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación
aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o Chip que facilita a organización
e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
• A clasificación xeral oficial publicarase nas web do club e na web da empresa de
cronometraxe.

Molón PERCORRIDO
Pódese revisar o percorrido no seguinte enlace:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9332634
Tracks en varios formatos:
https://drive.google.com/open?id=0B7F641BiTFeXfnFjZ1dTTnl6bjVWc3J
GendXQm9PLWJycV9vbVlHZ2FMTy1tMlRDYTlHckU

9) ENTREGA DE PREMIOS.
• Carreira nas categorías Absoluta, Senior, Veterán “A” e Veterán “B”: Trofeos para os tres
primeiros clasificados tanto en categoría tanto masculina como feminina.
• Andaina: trofeo para os tres primeiros chegados a meta sen distinción de sexo.
10) SEGUROS:
• Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e
responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con
claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.. Estarán excluídos os
derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia de las
leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares
hacia/ dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a
Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación no VI VOLTA A ILLA DE
ONS leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.