Calendario
Info da proba

Vilatuxe-CANCELADA

07/06/2020 8:30 - 16:30
Regulamento A proba está rexida polo seguinte regulamento:
1. As carreiras Trail, Trail Curto, Trail Promo 12 K, Pequetrail e Andaina
celebraranse o día 7 de xuño de 2020 con saída e chegada dende a praia fluvial
de Vilatuxe, e rexeranse polo presente regulamento.
2. O Trail Longo: darase a saída as 8:30 horas; terá un percorrido aproximado de
32 km e discorrerá por montes das parroquias de Zobra e Vilatuxe, acumulando
un desnivel positivo de 2220 metros aproximadamente, do que resultan uns
4440 metros acumulados.
3. O Trail Longo está certificada por ITRA (International Trail Running Asociation)
o que supón que será puntuable para o UTMB.
4. O Trail Curto: darase a saída as 10:00 horas; terá un percorrido aproximado de
17,5 km e discorrerá polos mesmos montes, acumulando un desnivel positivo de
1050 metros aproximadamente, do que resultan uns 2100 metros acumulados.
5. Andaina: Darase a saída as 9:30 horas, a vez que o Trail Curto. os participantes
poderán elixir durante o desenrolo da proba ir polo circuíto de 17,5 km ou polo
circuíto de 12 km. O lugar de elección de un dos dous circuítos estará
axeitadamente sinalizado.
6. O Pequetrail: celebrarase a partir das 16:00;
• terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:
- esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,
- corzos (de 7 a 10 anos) con un percorrido de 500 m
- xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.
• Para a celebración de esta proba precisarase un mínimo de 5 inscritos
en cada categoría.
• Os participantes poderanse anotar o mesmo día da proba no local de
reparto de dorsáis.
• Haberá premios para todos os participantes.
7. Trail Promo 12 K: sairá as 10:00;
• Poderá participar tódalas persoas debidamente inscritas con mais de 15
anos de idade (cumpridos no ano en curso).
• Haberá premio para os tres primeiros participantes masculino e feminino
da categoría absoluta.
• Incluirá a categoría cadetes con premio para os tres primeiros
masculino e feminino.
8. A recollida de dorsais para todas as probas poderá realizarase o día 6 sábado
na praza da igrexa de Lalín onde a organización instalará unha carpa a tal fin
entre as 18:00 e as 21:00 h. Igualmente poderanse retirar o mesmo día dna
zona de saída e meta entre as 7:00 e as 8:00 horas para o Trail Longo e a
partires das 8:30 ata media hora antes da saida de cada proba para Andaina,
Trail Curto e Trail Promo. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o
DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario,
facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.
9. CATEGORÍAS: As categorías serán as establecidas pola FGM efectos da Copa
Galega de Carreiras por Montaña, os participantes estarán divididos nas
categorías e sub categorías seguintes:
- Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Júnior e Sénior.
• Categoría Cadete: 15,16 e 17 anos, é dicir que non
cumpra os 18 anos o ano de referencia.
• Categoría Júnior: 18,19, e 20 anos, é dicir que non
cumpra os 21 anos o ano de referencia.
• Categoría Sénior: a partir dos 21 anos cumpridos o ano
de referencia
- Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana A e B
• Sub categoría Promesa: 21, 22 e 23 anos, é dicir que
non cumpra os 24 anos o ano de referencia.
• Sub categoría Veterana A:
o Masculina de 45 a 50 anos, é dicir que non
cumpra os 51 anos o ano de referencia.
o Femenina de 40 a 50 anos, é dicir que non
cumpra os 51 anos o ano de referencia.
• Sub categoría Veterana B:
o Masculina e feminina a partir dos 51 anos
cumpridos no ano de referencia.
A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e
subcategorías, será a que o participante teña o día 31 de Decembro do ano da
competición.
10. INSCRICIÓNS: Será a través da páxina championchipnorte.com. Haberá un
único prazo de inscrición para as catro probas con un desconto para os
federados. A prazo de inscricións será do día 1 de marzo ata o día 3 de xuño as
23:59 h.
Non federados Federados
1º Trail longo.............................. 25 €................................22 €
2º Trail curto............................... 20 €................................17 €
3º Trail 12 k................................ 15 €................................12 €
4º Andaina.................................. 15 €................................12 €
• Os federados deberán presentar a ficha a recollida do dorsal.
• Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia
sanitaria e de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos,
duchas, xantar e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.
Unha vez abonada a inscrición non se devolverá o importe da mesma
nin haberá posibilidade de anulación.
• Para os participantes da categoría cadete a inscrición será gratuíta pero
deberán formalizar a mesma a través da plataforma.
• Na plataforma de inscrición poderanse comprar bonos do xantar para
os acompañantes por un prezo de 5 €.
• No caso dos participantes no Pequetrail a inscrición será gratuíta e
farase o mesmo día da carreira entre as 9:30 e as 10:30 no local de
entrega de dorsais.
11. ALBERGUE DE MOURISCADE: A organización pon a disposición dos
participantes o Albergue Xuvenil de Mouriscade, situado a 10 km da liña de
saída e meta. O acceso a este servicio polos participantes terá os seguintes
condicionantes:
• Estas instalacións contan con unha dispoñibilidade para os
participantes no evento de 40 prazas. (IMPRESCINDIBLE ESTAR
INSCRITO PREVIAMENTE NALGUNHA DAS COMPETICIONS)
• O custe será de 10 € por persoa que incluirá a cea do sábado
día 6 de xuño a base de pasta e postre, e o almorzo do domingo
día 7 de xuño, en bufete libre con café, leite, cacao e bollería
variada.
• Para acollerse a este servicio so hai que cubrir os datos no
apartado de albergue a disposición na mesma plataforma de
inscrición da carreira.
• A dispoñibilidade de prazas virá dada pola mesma plataforma
seguindo un orde estrito de solicitude ata cubrir as prazas
dispoñibles. Unha vez cubertas as prazas ofertadas dita
plataforma deixará de dar esa opción na inscrición.
• Aqueles inscritos con praza no albergue deberán facer a entrada
no mesmo o sábado día 6 de xuño entre as 18:00 h e as 23 h.
Do mesmo xeito deberán abandonar as instalacións antes das
10:00 h do domingo día 7 de xuño (estes horarios poden
variarse en segundo a dispoñibilidade da organización do
evento).
12. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de
plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis
establecidos.
13. TEMPOS DE PASO: unicamente se establecerán para a proba Trail Longo. Os
tempos máximos intermedios serán os seguintes:
km Lugar Tempo Hora
10 Ameixedo 2:00 h 10:30 h
19 Zobra 4:00 h 12:20 h
24 Pedroselo 5:00 h 13:10 h
27 Moa 6:00 h 13:40 h
32 Puzo do Boi (Meta) 7:00 h 14:50 h
Os corredores que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán
retirarse da proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden
garantir a súa cobertura. Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable
de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a se o
seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
14. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó
control máis próximo e facer entrega do dorsal.
15. AVITUALLAMENTOS: Existirán 6 avituallamentos líquidos e sólidos incluíndo o
de meta que se distribuirán do seguinte modo:
1º AV1 – Bustelos – Km 7 –sólido e líquido
2º AV2 – Ameixedo – Km 13 – sólido e líquido
3º AV3 – A Trigueira – Km 18 – sólido e líquido.
4º AV4 – Zobra – Km 22 – sólido e líquido
5º AV6 – Moa – Km 30 – Sólido y líquido
6º AV7 – Meta– Km 35 – Sólido y líquido
A fin de ser meticulosos no respecto co medio ambiente e baixo a premisa de
reducir a o máximo os residuos que se poidan xerar, nos avituallamentos non se
dispensarán vasos a os participantes.
16. PREMIOS:
• TRAIL LONGO:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas
categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de
cada categoría, atendendo as categorías propias da carreira (punto
6). Os tres primeiros da xeral en categoría masculina e feminina
terán un premio en metálico de 200 € para o 1º, 100 € para o 2º e
50 € para o 3º.
• TRAIL CURTO:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas
categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros
masculino e feminino da categoría Junior segundo as categorías
marcadas pola FGM (punto 5).
• TRAIL PROMO 12 K:
Entregarase trofeo a os tres primeiros clasificados da clasificación
xeral masculino e feminino e a os tres primeiros da categoría cadete
masculino e feminino segundo as categorías marcadas pola FGM
(punto 5).
17. A aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o
participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa
participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser
utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos
posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e
publicitaria que a organización considere oportuno executar.
18. Non se permitirá a os participantes ir acompañados de animais ou mascotas
durante o transcurso da proba.
19. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente
regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a
contorna, non leve o seu dorsal ben visible, manteña unha conduta impropia ou
desatenda as indicacións da organización.
20. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da
proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
21. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen
axuda así como a informar de calquera percance nos controles de paso.
22. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as
participantes están obrigados a respectar as normas de circulación nos
cruzamentos coas estradas.
23. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes,
seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.
24. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia,
así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran
á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En
todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos
regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española
de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).