Calendario
Info da proba

Narón

09/02/2020 10:30 - 14:00
Regulamento I TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE NARÓN DE CAMPO A TRAVÉS
O domingo 9 de febreiro celebrarase o "I Trofeo Internacional Cidade de Narón de campo a
través ", atendendo ás seguintes normas:
1.-ORGANIZACIÓN
O Club Atletismo Narón e o Concello de Narón.
2.-PARTICIPANTES
A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non, O control da carreira estará
a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
As carreiras Sub, 20, Sub 23 e adultos serán de forma conxunta co Campionato de Galicia de Campo
a Través.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba.
3.-LUGAR, HORA DE SAÍDA E CATEGORÍAS
Saída: No paseo marítimo de Xuvia (Narón)
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Adultos Mulleres 1997 - E posteriores 11:50 h 10.000 m aprox
Sub 23 Mulleres 1998 - 1999 - 2000 11:50 h 10.000 m aprox.
Adultos Homes 1997 - E posteriores 12:55 h 10.000 m aprox
Sub 23 Homes 1998 - 1999 - 2000 12:55 h 10.000 m aprox.
Sub 20 Mulleres 2001 - 2002 10:30 h 5.500 m aprox.
Sub 20 Homes 2001 - 2002 11:05 h 5.500 m aprox.
Sub 18 2003 - 2004 11:30 h 2.700 m aprox.
Sub 16 2005 - 2006 11:30 h 2.700 m aprox.
Sub 14 2007 – 2008 11:30 h 2.700 m aprox.
Sub 12 2009 - 2010 11:40 h 1000 m aprox.
Sub 10 2011 - 2012 11:40 h 1000 m aprox.
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 14:00 horas aprox
REGULAMENTO
4.-INSCRICIÓNS
As inscricións faranse a través da páxina www.carreirasgalegas.com, rematando o prazo ás 23:59
horas do venres 7 de febreiro. Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día da proba.
As inscricións terán un custo de 3€ para as categorías: Sub 23 e Adultos. As inscricións dos
Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18 e Sub 20 terán un custo de 1€.
A Organización resérvase o dereito para rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e
condicións do evento que queden expostos no presente regulamento.
En caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña
a organización.
5.-RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais será o mesmo día da proba na secretaría ubicada nas inmediacións da saída
das carreiras, ata media hora antes de cada proba. O dorsal estará situado no peito e terá que ser
visible ao longo de toda a proba.
6.-SERVIZOS
A organización dispoñerá a asistencia sanitaria con ambulancia. Ó finalizar cada carreira haberá
servicio de avituallamento para cada participante. A proba conta cun seguro de Responsabilidade
Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
O corredor disporá de servizo de duchas e vestiarios nas inmediacións do circuíto.
7.-TROFEOS E PREMIOS POPULARES
Só poderán optar a estes premios os/as atletas que fixeran a súa inscrición a través de
carreirasgalegas.com. Polo que os participantes do Campionato que queran optar aos premios
deberán tamén facer a súa inscrición popular.
Os premios serán repartidos da seguinte maneira:
- Trofeos para os/as 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como femininos
dende Sub 10 ata adultos/as
- Premio en metálico para os tres primeiros e primeiras da clasificación absoluta.
1º 100 € 1ª 100 €
2º 75 € 2ª 75 €
3º 50 € 3ª 50 €
A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas regularase segundo o
artigo 17 da normativa RFEA.
Ligazón: https://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2020/05 ReglamentoCompeticion.pdf
- Premio de material deportivo ás 3 entidade con maior número de inscritos nas categorías de
menores (dende Sub 10 ata Sub 20)
1º 100 €
2º 75 €
3º 50 €
REGULAMENTO
8.-OUTRO APARTADOS
1. Aqueles corredores que posúan licenza federativa deberán indicar na ficha de inscrición o
seu número.
2. Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos tendo en conta o
regulamento da Federación Galega de Atletismo.
9.-RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpla as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo
e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalcificado.
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquera atleta que
manifeste un mal estado físico.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da
Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos
10.- OUTROS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas
da FGA, RFEA e IAAF (WA) en vigor.