Calendario
Info da proba

Barro

08/02/2020 9:00 - 14:00
Regulamento I Andaina do cocido do Concello de Barro
INFORMACIÓN PARA OS PARTICIPANTES
A Asociación Cultural San Breixo de Barro en colaboración co Concello de Barro, organiza o
vindeiro día 8 de febreiro de 2020, a primeira andaina do cocido do Concello de Barro.
O recorrido da andaina ten unha lonxitude aproximada de 13 km con saída e chegada na
explanada do Pazo da Crega. Recorremos parte do Camiño Francés ata o cruce do parque da
Barosa, Ponte de Búa, Mane, Perdecanai e Barro.
Haberá un único punto de avituallamento no km 6 aproximadamente, Ponte de Búa, no que
haberá auga e froita.
Poderán participar nesta andaina todas e todos as persoas maiores de 18 anos e menores que
vaian acompañados por un adulto ou coa respectiva autorización debidamente asinada e
deberán proceder a tramitar a súa inscrición a través da plataforma
https://www.galitiming.com/
O prezo de inscrición é de 4€.
A organización deste evento contará cunha póliza de asistencia sanitaria e outra de
responsabilidade civil.
A entrega de dorsais será na mesma explanada de saída e chegada desde as 8:00 ata as 8:50 h.
A hora de saída da proba será as 9:00 h e a de chegada está prevista para as 14:00 h.
O recorrido estará sinalizado con cinta plástica excepto o tramo do Camiño Francés no que
haberá que seguir as indicacións do propio Camiño ata o cruce da N-550. Nese punto haberá
membros de protección civil. É obrigatorio seguir as súas indicacións antes de cruzar a vía.
Está totalmente prohibido tirar calquera resto de envoltorio plástico, botellas, papel, …
durante o recorrido. No avituallamento haberá un contedor para depositar estes restos.
RETIRADOS/AS: No caso de que algún participante queira retirarse da proba, deberá
comunicalo no avituallamento ou ás persoas que vaian pechando a andaina. Será trasladado
ata meta no momento que un voluntario estea dispoñible.