Calendario
Info da proba

Rábade

25/01/2020 16:30 - 18:00
Regulamento RÁBADE - 25 DE XANEIRO DE 2020 - 16:30 HORAS
XVII MEMORIAL
EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN
Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.
Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.
Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos
fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.
En 1957.Campión provincial na categoría rural.
Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.
En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo “José Antonio Elola”
na vila de Rábade
En 1959. O “ I Campionato de España de Segunda Categoría” celebrado en Madrid, nas
pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó
reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta
mellor marca nacional absoluta do ano.
No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1
e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.
Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo
nos 10.000 metros lisos.
Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª
división.
REGULAMENTO
Art. 1.- A saída será na Praza de España ás 16:30 h para os rapaces e ás 17:00 h para a
categoría absoluta, a recollida de dorsais será na mesma praza de 15:30h a 16:50h
Art. 2.- O percorrido será de 7 quilómetros e discorrerá dando dúas voltas a través das seguintes
rúas: Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega, , Jesús Arias,
Santa María, Gabriela Nieto, Dr Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do
Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.
Art. 3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.
Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.
Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á
meta sen o seu dorsal será descalificado.
Art. 6.- As inscricións para todas as categorías serán ata o xoves 23 de xaneiro na páxina
web: www.championchipnorte.com.
Art. 7.- Será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización
excepto para os propietarios do chip amarelo que teñen que utilizar o seu.
Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:
CARREIRAS DE RAPACES:
CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o 2015 (non competitiva) 80 metros
CATEGORÍA A: Nad@s entre 2012-2015 (Primeira carreira). 600 metros
CATEGORÍA B: Nado@s entre 2008-2011 (Segunda carreira).1.200 metros
CATEGORÍA C: Nad@s 2004-2007 (Terceira carreira).1.800 metros
HOMES MULLERES
D) Nados entre 1985/ 2003 D) Nadas entre 1985/ 2003
E) Nados entre 1975/ 1984 E) Nadas entre 1975/ 1984
F) Nados no 1974 e anteriores F) Nadas no 1974 e anteriores
Art. 9.- PREMIOS PROBA ABSOLUTA
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA
1....................................350 € 1 .......................................350 €
2....................................250 € 2 .......................................250 €
3....................................150 € 3 .......................................150 €
Trofeos para @s tres primeir@s de cada categoría.
Premio especial para o primeiro e primeira participantes da proba absoluta que crucen en
primeira posición o sprint intermedio situado ao final da primeira volta e rematen entre os 10
primeiros da clasificación xeral correspondente:
Dorsal para a 56 Behobia - San Sebastián* por cortesía de Viajes Almar – JAVO
*O dorsal é persoal e intransferible
Trofeo “Eduardo Fernández Villamarín” ao equipo con más participantes finalizados de todas
as categorías masculinas e femininas agás a MINI.
PREMIOS CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 50 € en material deportivo para o primeir@ de cada categoría a canxear en Ndorfina
(Lugo)
Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes
Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións
Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.
Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ao remate da carreira.
Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así
mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir
eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder
ante a compañía aseguradora correspondente.
Art. 14.- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan o presente regulamento. No
caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.