Calendario
Info da proba

Vigo-Calvario 5+5

09/02/2020 10:30
Regulamento REGULAMENTO
1– DATA E LUGAR:
Domingo 9 de febreiro no Calvario, Vigo.
A saída da carreira 5 Km e a de 10Km, que será conxunta e está reservada para
homes e mulleres maiores de 16 anos será na Peonil do Calvario, diante do
Mercado ás 10:30 h.
Haberá tamén carreiras de promoción para menores que se desenvolverán a partir das
11:45 no mesmo lugar.

2– PERCORRIDOS :
A proba absoluta disputarase sobre un circuíto urbano de 1 volta para completar 5 km
ou dúas voltas para completar os 10 Km.

3– CATEGORÍAS:
CARREIRAS DE MENORES
CATEGORÍA MINI: Para nenos de 5 anos e menores.
CATEGORÍA A: entre 6 e 8 anos.
CATEGORÍA B: Entre 9 e 12 anos.
CATEGORÍA C: Entre 13 e 15 anos.
HOMES MULLERES
D) Entre 16 e 25 anos D) Entre 16 e 25 anos
E) Entre 26 e 39 anos E) Entre 26 e 39 anos
F) Entre 40 e 49 anos F) Entre 40 e 49 anos
G) Entre 50 e 59 anos G) Entre 50 e 59 anos
H) Entre 45 e 49 anos H) Entre 45e 49 anos
I) Entre 60 e 64 anos I) Entre 60 e 64 anos
J) De 65 anos en adiante. j) De 65 anos en adiante.

4 – INSCRIPCIÓN:
Abrirase un período de inscrición que rematará o xoves 7 de febreiro. Dita
inscrición realizarase en www.championchipnorte.com
A cuota de inscrición para a carreira 5+5 Calvario é de 8€ + 1€ aluguer de chip
desechable, salvo propietarios de chip de championchip. Prezo ata o luns 3 de
febreiro. Os días 4, 5 e 6 prezo 10€. Elíxese a distancia 5k ou 10k no momento de
inscrición (non permitindo modificala posteriormente).
A cuota da carreira dos menores de 17 anos é gratuita. Estas carreiras no serán
cronometradas por chip.
A inscrición da dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e de
accidentes así como facer uso de todos os servizos estabrecidos pola organización
para os participantes. Na carreira de 5+5 (absoluta) haberá camiseta técnica coa
imaxe do evento para todos os inscritos. So se garante talla ata o día 30 de
xaneiro. Todas as carreiras disporán de avituallamento líquido e sólido o finalizar, salvo
os inscritos
en 10 km que o terán tamén a metade de percorrido
A carreira absoluta será cronometrada por chip, o cal se deberá levar
obrigatoriamente colocado na zapatilla ou tobilleira.
Non se admitirá a cancelación da inscrición nin se devolverá o custo da mesma por
motivos alleos a organización.

5 - PREMIOS:
Na carreira absoluta (10 km ) primeiro clasificado masculino e primeira Clasificada femenina.
Na carreira absoluta (10Km) para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres de cada categoría.
Na carreira de 5Km, primeiro clasificado masculino e primeira Femenina de cada categoría.
Medalla para todos os participantes en categoría infantil.
Premio ó club máis numeroso
Para optar a premio será necesario un mínimo de tres participantes na
Categoría. Os premios non serán acumulativos
A ENTREGA DE PREMIOS SERÁ ÁS 12.45 H diante do Mercado


6- ENTREGA DE DORSAIS.
O sábado día 8 en horario ininterrumpido de 10.00 horas a 20.00 h en Decathlon
na Av Madrid 158 (Parque Comercial Meixueiro)
O día da carreira no Mercado do Calvario en horario de 9:30 a 10:30.horas

7 – SERVICIOS AO ATLETA
A organización disporá de servizo de gardarroupa (interior do mercado) para os
participantes así como de duchas e vestiarios (Máis que auga, Barreiro).

8 –NORMAS DE COMPETICIÓN:
Non estará permitido o acompañamiento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. Non cumprir esta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación neste. Cada participante deberá corres co seu
propio dorsal e chip, sendo o incumplimento motivo de descalificación
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os sus colaboradores non se fan responsables dos danos morais
ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes.
A organización da proba se reserva a facultade de decidir sobre calquer aspecto
ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira,
aceptan o presente regulamento o seu incumplimento será motivo de
descalificación.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.