Calendario
Ver carrera

Boborás

19/01/2020 10:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción XX CROSS POPULAR DO
CONCELLO DE BOBORÁS
(OURENSE)
ANO 2020
Data de celebración: Domingo 19 de xaneiro de 2020
Hora: 10.00 horas
Organiza: Concello de Boborás
REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de
Xuvencos con horario distinto atendendo ás categorías:
- Categoría SUB 10, SUB 12,: 10.10 h
- Categoría SUB 14, SUB 16, SUB 18 E SUB 20: 10.25 h
- Categoría 4 e 5: 11.10 h
A liña de meta para tódalas categorías será a mesma e
estará situada pola parte traseira do CEIP Nosa Señora de
Xuvencos.
2. Os participantes deberán de situase no punto de saída
10 minutos antes do comezo da súa correspondente
proba, sen interferir nas anteriores.
3. Os participantes de todas as categorías deberán de
inscribirse todos na páxina web
www.championchipnorte.com, antes do día 16 de xaneiro
ás 23:59horas. Personalizaranse co nome do participante
tódolos dorsais das inscricións feitas con anterioridade ao
martes día 15 de xaneiro de 2020.
Non se inscribirá a ningún atleta o día da proba nin por
outros medios diferentes á páxina web.
4. Cada participante deberá de achegarse ao punto de
entrega de dorsais e chips, situado no interior do pavillón
municipal, para recoller o seu con antelación suficiente
cun mínimo de 30 minutos de antelación á disputa da
proba. O chip deberá entregarse ao remate da proba,
ao atravesar o arco de meta, evitando o seu deterioro
ou extravío. O chip deberá atarse na zapatilla.
5. O percorrido total será de 7400 metros, os cales estarán
sinalizados e controlados pola organización, diminuíndo
esta distancia segundo as categorías establecidas 2 e 3
( 4500) e 1 (1500).
6. A clasificación será por categorías e haberá trofeos
para os primeiros clasificados de cada unha delas, e
medallas para o segundo e o terceiro sendo un para
home e outro para muller. Tamén haberá dous trofeos
de honra para o atleta de máis idade que remate a
proba, así como para o máis novo.
7. Tódolos participantes independentemente da categoría
á que pertenzan, recibirán un agasallo conmemorativo
no momento da recollida da dorsal.
8. A organización contará coa colaboración dos
organismos municipais e oficiais correspondentes.
9. Está prohibido o acompañamento dos participantes por
persoas ou vehículos de axuda. O incumprimento desta
norma implicará a descualificación inmediata do atleta.
10. O control de chegada pechará unha hora despois
de que entre o primeiro participante.
11. A inscrición poderase realizar a partir do 26 de
decembro, na páxina web
www.championchipnorte.com. Só haberá esta forma de
inscrición excepto para os participantes de carreiras
menores (1, 2 e 3) que ademais desta poderán facela a
través do correo electrónico antes das 23:59 do día 16
de xaneiro de 2020 segundo información anterior.
CATEGORIAS ANO DE
NACEMENTO
PERCORRIDO TROFEOS
* SUB 10
* SUB 12
2011 e 2012
2009 e 2010
1500 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* SUB 14
* SUB 16
2007 e 2008
2005 e 2006
4500 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* SUB 18
* SUB 20
2003 e 2004
2001 e 2002
4500 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* SUB 23
* Seniors I
* Seniors II
1998,1999 e
2000
1997 ata 1983
1982 a 1971
7400 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* Veteráns I
* Veteráns II
1970 ata 1960
Anteriores 1959
7400 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo:1º
clasificado muller por
categoría
Medallas : 2º e 3º
12. Os atletas inscritos poderán comprobar o listado de
inscrición na web www.championchipnorte.com,
inmediatamente ó finalizar correctamente o proceso de
inscrición e a lista definitiva a partir do día 17 ás 15.00
horas, incluídos os das categorías 1, 2 e 3 .
13. Non se admitirá ningunha inscrición na que falten
datos.
14. Cada atleta participante deberá de aboar a
cantidade de 5 euros para as categorías 4 e 5, máis un
euro polo chip, agás nas inscricións feitas o 15, 16 de
xaneiro nas que o prezo ascenderá a 7 euros máis o
euro do chip. Nas categorías 1, 2 e 3 a inscrición será
gratuíta.
15. Os circuítos estarán sinalizados segundo cores.
Deste xeito o corredor deberá seguir as marcas segundo
a súa categoría:
Categoría 1: indicativo verde
Categorías 2 e 3: indicativo azul
Categoría 4 e 5: indicativo amarelo
16. Cada atleta ten o deber de realizar o percorrido
correspondente, co fin de coñecelo, antes da data de
proba. A organización facilitará as indicacións
pertinentes a quen as solicite, e non se responsabilizará
das perdas ou confusións nas rutas e outros problemas
derivados.
17. A entrega de trofeos e medallas terá lugar no
pavillón municipal (situado ao lado do CEIP Nosa Señora
de Xuvencos) ás 13.30 h aproximadamente.
18. Ao remate da proba, tamén no pavillón municipal,
haberá doces, froita, chocolate e bebidas para tódolos
participantes. Os participantes que o desexen tamén
poderán ducharse e asearse, aínda que non se garante
a auga quente para todos ao ser un sistema por
acumulación.

[ Go Back ]