Calendario
Ver carrera

Cuntis

04/01/2020 10:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción

Volve a proba de orientación na Vila de Cuntis!!!

Un ano máis o Clube de Montaña Xesteiras, ca colaboración do Concello de Cuntis e a clínica Spacio Salud , levarán a cabo por terceiro ano consecutivo a proba de Orientación de Reis, na que se atenderán diferentes nivéis según dificultades, polo que se farán varias alternativas.

A proba non é competitiva. Haberá un crontol de chegada para verificar que todo-l@s participantes están de volta.
O tempo máximo para completar a actividade é de 3 horas.

O lugar de concentración será na carpa da praza da Constitución.

DE NOVO, FAREMOS A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA CÁRITAS CUNTIS.
Podedes colaborar aportando 1kg de alimentos NON PERECEDEIROS que depositaredes no momento de inscribirvos na actividade (ata 15 min antes de dar a saída). Tede en conta que as conservas e encurtidos tamén son unha opción.

¡PARA TÓDOLOS PÚBLICOS! Participación DE BALDE. INSCRICIÓN O MESMO DÍA NO LUGAR DE SAÍDA.
*Nen@s menores de 8 anos deberán ir acompañados por un adulto.

Os percorridos discurrirán principalmente por camiños de terra e pistas asfaltadas de estradas secundarias.
¡RECOMÉNDASE CALZADO DE MONTE E USO DE COMPÁS!

Toda a info no evenTo de FACEBOOK

ACTUALIZADO 22/12

Nesta edición veremos dous modelos de mapas de orientación: Específico e topográfrico.

*Contaremos con dous percorridos:
- Os de iniciación usarán soamente o mapa específico que transita en gran parte sobre terreo urbano.

- Os participantes máis avanzados, ademáis do mapa específico, terán outro topográfico que discorre na súa totalidade por camiños de terra, onde tamén se incrementará a dificultade de orientación á vez que dureza física.

[ Go Back ]