Calendario
Ver carrera

Ferrol-APLAZADA

21/12/2019 21:00 - 23:00

[ Go Back ]

Descripción VII Carreira Nocturna Corre por Ferrol

REGULAMENTO

A VII Carreira Nocturna Corre por Ferrol, organizada polo Servizo de Deportes do Concello de
Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar
o sábado 21 de decembro a partir das 21:00 horas (carreira absoluta) e 20:00 horas carreiras
de menores.
A proba pertence o VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola Deputación da
Coruña.
A proba está suxeita ás seguintes normas:
1. A Saída e a chegada situaranse nas proximidades do Cantón de Molíns.
2. O percorrido será de 5.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Ferrol
para as categorías absolutas.
3. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
4. A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, persoal da
concellería de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
5. As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente antes dos 30 minutos
posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría da competición, sendo o
Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o non previsto neste regulamento,
resolverase conforme as normas da F.G.A ; R.F.E.A e a I.A.A.F por este orden.
6. SERÁN MOTIVOS DE DESCUALIFICACIÓNS OS SEGUINTES:
a. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de
apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata
descualificación dos corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos
autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de
seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa
apropiada e visible.
b. Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas extensión (no
peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada en meta.Participar con
un dorsal que corresponde a outro corredor
c. Non realizar o percorrido da carreira completo.
d. Non pasar polos controis de carreira establecidos.
e. Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de
duración da proba.
f. Non atender as indicacións dos membros da organización e
dos xuíces.
g. Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
h. Aquela conduta que sexa estimada antideportiva, sempre que non sexa
motivo de expulsión do Circuíto.
i. Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización poda
se considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción
disciplinaria
j. Ser reincidente en algunha infracción de descualificación de carreira.
k. Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
l. Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente co espírito
deportivo da proba.
7. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto,
8. No percorrido estableceranse controis, así como un posto de avituallamento.
9. Disporase de servizo de duchas no Pavillón Municipal de Esteiro.
10. O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro
clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha
hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá
subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer
o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar,
farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse
un usuario máis da vía, quedando eximida a organización de toda responsabilidade do
que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
11. A Organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil.
De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos participantes que, con
anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen
un adestramento axeitado para as características desta competición.
12. CATEGORÍAS:
Aplícanse as categorías recollidas nas Bases do VII Circuíto Provincial de Carreiras
Populares Deputación da Coruña.
CATEGORÍAS DE MENORES
CATEGORÍA IDADE
Benxamín/a - Sub 10 Nados/as en 2010 - 2011
Alevín - Sub 12 Nados/as en 2008 - 2009
Infantil - Sub 14 Nados/as en 2006 - 2007
Cadete - Sub 16 Nados/as en 2004 - 2005
Xuvenil – Sub 18 Nados/as en 2002 - 2003
CATEGORÍAS ABSOLUTAS
Junior – Sub 20 Nados/as en 2000 - 2001
Promesa – Sub 23 Nados/as 1997 – 1998 - 1999
Senior Nados/as en 1996 ata 1985
Máster 1 Nados/as en 1984 ata 1979
Máster 2 Nados/as en 1978 ata 1970
Máster 3 Nados/as en 1969 ata 1960
Máster 4 Nados a partir do ano 1959
13. INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS.
1. As inscricións poderán efectuarse a partir do día 6 de decembro ata as 22:00 h do
día 19 de decembro a través do enlace seguinte: https://www.rockthesport.com/es/evento/viii-carreira-nocturna-corre-por-ferrol. Non se admitirá outra
vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
2. A inscrición é gratuíta e a organización establecerá os seguintes limites de inscricións
▪ 700 dorsais carreira absoluta
▪ 400 dorsais carreiras de menores
3. A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 20 todo o día e
sábado 21 pola mañá no Pavillón polideportivo de A Malata así como o sábado
21 de agosto, dende as 16:30 ata as 20:00 horas no posto habilitado no Cantón de
Molíns para tal fin.
14. PREMIOS.
A organización premiará as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría das
absolutas e menores. A entrega de trofeos realizarase unha vez pechado o control de
meta.
15. A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a
carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera
circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
16. Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De igual maneira, mediante a
inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados
pola organización para comunicacións acerca da súa actividade.
17. En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal,
as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido a Concellería
de Deportes do Concello de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402 Ferrol,
18. Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións
reflectidas neste regulamento.

[ Go Back ]