Calendario
Info da proba

Lalín

09/02/2020 11:00 - 13:30
Regulamento X CARREIRA do COCIDO de LALÍN – ANO 2020
O Concello de Lalín patrocina, e organiza conxuntamente co Clube Escola de Atletismo Deza o
domingo 9 de Febreiro de 2020, a partires das 10 horas, a X Carreira Pedestre do COCIDO DE
LALÍN.
A mesa terá saída e chegada na rúa Luís González Taboada (xusto detrás da Iglesia), igual que
nas derradeiras edicións. As probas contarán co control técnico dos xuices da Federación
Galega de Atletismo, co cronometraxe a cargo de Championchipnorte. O montaxe estará
realizado por Emesports. Todas as probas estarán rexidas polo presente regulamento:
1. Poderá participar toda persoa que o desexe, a partires dos 3 anos de idade.
2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN :
Todas Femininas e Masculinas
- *CHUPETE: nados no 2015 e posteriores.
- *PRE-BENXAMÍN: nados no -2013-2014.
- SUB10 : nados no 2011-2012.
- SUB12: nados no 2009-2010
- SUB14: nados no 2007-2008
- SUB16: nados no 2005-2006
- SUB18: nados no 2003-2004
- SUB20: nados no 2001-2002
- SUB23: nado no 1998-1999-2000
- SENIOR: nados no 1997 ata o día que se fan 35 anos.
- MASTER A, B, C e D: a partir de 35 e agrupados de 10 en 10 anos ata +65.
-CARREIRA DA INCLUSIÓN / ASOCIACIONES
Novas categorías por equipos:
-MELLOR EQUIPO MIXTO 10K (Mínimo 6 participantes)
-MELLOR EQUIPO MIXTO 5K (Mínimo 6 participantes)
* Todas as categorías (agás de chupete e carreira da inclusión) serán cronometradas por chip,
e terán trofeo/premio.
* As categorías chupete non é unha categoría federativa, e polo tanto non será
cronometradas.
* Todos os atletas teñen vestiarios e duchas a súa disposición no Lalín Arena. Tamén contaráse
con servizo de gardarroupas na capa de dorsales
*As categorías por equipos levan premio e medalla, pero non levan trofeo.
3. HORARIOS e DISTANCIAS:
09:30 Apertura mesa dorsais na carpa iglú, ubicada na praza da Igrexa (frente ao Circulo
Recreo Casino de Lalín).
10:55 PROBA ABSOLUTA MODALIDADE HANDBIKES
11:00 PROBA ABSOLUTA CIRCUITO 10 K e CIRCUITO 5 K (XUVENIL/JUNIOR-PROMESA-SENIORVETERANS/CARREIRA DA INCLUSIÓN).
Unha volta circuito A para os 10.000 e unha a volta o circuito B para os 5.000 metros.
11:50 ENTREGA DE TROFEOS DA CARREIRA DE 10 KM e 5 KM
12:15 (ou no remate da entrega de trofeos de adultos) PROBA SUB14/SUB16 (1.800 metros).
Duas voltas o recorrido
12:20 h QUECEMENTO GRUPAL ESCOLAR a cargo do plantel técnico do Atletismo Deza.
12:30 h PROBA SUB12 (800 metros).
12:40 h PROBA SUB10 (800 metros).
12:50 h PROBA PRE-BENXAMÍN NADOS NO 2013 (200 metros).
13:00 h PROBA PRE-BENXAMÍN NADOS NO 2014 (200 metros).
13:10 h PROBA CHUPETES NADOS NO 2015 (100 metros).
13:20 h PROBA CHUPETES NADOS NO 2016 ou despoís (100 metros)
13:25 ENTREGA DE TROFEOS ATA A CATEGORIA SUB16 INCLUIDA.
13:35 REMATE DO EVENTO
4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
A inscrición da carreira e de 7€ a partir da categoría SUB18 (incluída) o resto dos rapaces/as e
totalmente gratuíto.
Neste prezo vai incluído o aluguer do chip, que se devolvera o remate da carreira nos puntos
indicados.
- A inscrición realizarase a través da plataforma de internet de:www.championchipnorte.com
5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos NON serán acumulativos.
CIRCUITO 5k:
- Trofeo aos 3 primeiros absolutos femeninos
- Trofeo aos 3 primeiros absolutos masculinos
- Trofeo mellor atleta local 5K femenino
-Trofeo mellor atleta local 5k masculino
CIRCUITO 10k:
- Trofeo aos 3 primeiros absolutos (femeninos e masculinos) + Premio Embutidos Lalinense
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Trofeo ao mellor atleta local 10k femenino e masculino (non acumulativo) + Premio
Embutidos Lalinense
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino + Premio Embutidos
Lalinense
- Todos/as os participantes das categorías escolares (ata sub16) recibirán medalla
conmemorativa, o mesmo que todos/as os participantes da carreira da inclusión.
PREMIOS ESPECIÁIS POR EQUIPOS:
-Premio especial mellor equipo mixto do 10K
-Premio especial mellor equipo mixto do 5K
Bebidas e froita e avituallamento sólido especial para todos/as, ao termino de cada proba na
zona da meta/chegada.
PREMIO ESPECIAL ESCOLAR:
- Premio especial ao clube máis numeroso da carreira absoluta (10k e 5k).
O centro educativo con maior cantidade de nenos/as participantes levará un premio especial
(lote de libros) promovido pola concellería de deportes do Concello de Lalín para incentivar e
promover o deporte base.
6. SAÍDA - META: Rúa Luís González Taboada (mesmo punto que nas derradeiras edicións)
7. PERCORRIDOS:
Haberá dous circuitos absolutos sendo percorridos en simultáneo:
 CIRCUITO A (10K) mesmo do ano pasado:
Sáida Rúa Luís González Taboada (inmediacións Eroski, praza da Vila),
Rúa D ata praza da Marina,
Praza da Marina Rúa Penatoares ata esquina Colexio Sagrado Corazón entrando por rúa Banda
de Lalín,
Rúa Banda de Lalín ata Auditorio,
Zona Auditorio (sen facer o lago) ata cruzar rúa Arenal entrando na senda do paseo,
Cruce do Barriga Verde no barrio de abaixo entrando no Paseo de Pontiñas,
Paseo de Pontiñas ata o fondo do lago, pasando pola ponta da depuradora,
Fondo do lago ata ponte da circunvalación,
Ponte da circunvalación, entrando pola costa da rúa do Regueiriño, ata 1ra rotonda dos
xulgados (onde xiramos a dereita)
1ra rotonda dos xulgados saíndo na 1ra saída (sen facer a rotonda) ata 2da rotonda dos
xulgados
2da rotonda (facendo a rotonda e saíndo na 2da saída dirección a 3ra rotonda)
3ra rotonda saíndo na primeira saída (sen facer a rotonda) dirección concello de Lalín
Subida pola rúa Molinera (coñecida como “a do Modesto”) ata esquina do observatorio
Entrada pola rúa Ramón Aller, pasando pola Matemático Rodríguez (todo recto), dirección
cruce dos cabalos
Cruce dos cabalos onde xiramos a dereita dirección rúa principal (o do paseo)
Rúa Principal subindo ata convertirse na Avenida de Bos Aires, ata o cruce do instituto (oficina
JFR).
Xiramos a izquierda entrando pola rúa Luis González Taboada ata a meta.
 CIRCUITO B (5K) inclúe modificación respecto o ano pasado:
Sáida Rúa Luís González Taboada (inmediacións Eroski, praza da Vila),
Rúa D ata praza da Marina,
Praza da Marina Rúa Penatoares ata esquina Colexio Sagrado Corazón entrando por rúa Banda
de Lalín,
Rúa Banda de Lalín ata Auditorio,
Zona Auditorio (sen facer o lago) ata cruzar rúa Arenal entrando na senda do paseo,
Cruce do Barriga Verde no barrio de abaixo entrando no Paseo de Pontiñas,
O chegar a altura da Ponte da Circunvalación xiramos a izquiera sen pasar pola ponte (1ro
desvío respecto ao percorrido 10k),
Subida da costa da rúa do Regueiriño, ata 1ra rotonda dos xulgados (onde xiramos a dereita),
1ra rotonda dos xulgados saíndo na 1ra saída (sen facer a rotonda) ata 2da rotonda dos
xulgados ,
2da rotonda (facendo a rotonda e saíndo na 2da saída dirección a 3ra rotonda),
3ra rotonda saíndo na primeira saída (sen facer a rotonda) dirección concello de Lalín,
Continuamos recto pasando polo castro tecnolóxico (casa consistorial de Lalín) ata esquina Rúa
Tirabeque (a que sube cara o bar A Lareira) (2do desvío respecto o percorrido 10k),
Rúa Tirabeque ata cruce Ramón Aller onde xiramos a dereita dirección circuvalación,
Subida pola rúa Otero Pedrayo (onde Profecon/Profecar) ata rúa Fontesanguiña onde xiramos
a izquierda
Rúa Fontesanguiña ata Rosalía de Castro
Rosalía de Castro ata baixada pola Rúa T(pasando pola fonte)
Rua T ata cruce da rúa Ramón Aller (volvendo a pasar pola esquina do bar A Lareira) onde
xiramos a dereita dirección cruce dos cabalos
Rúa Ramón Aller pasando pola Matemático Rodríguez (todo recto) ata Cruce dos cabalos
Cruce dos cabalos onde xiramos a dereita dirección rúa principal (o do paseo)
Rúa Principal subindo ata convertirse na Avenida de Bos Aires, ata o cruce do instituto (oficina
JFR).
Xiramos a izquierda entrando pola rúa Luis González Taboada ata a meta.
 CIRCUITO C (2,200 Mts – Categorías Sub14y Sub16) inclúe modificación respecto o ano
pasado:
Dúas voltas o siguiente percorrido:
Sáida Rúa Luís González Taboada (inmediacións Eroski, praza da Vila),
Rúa D ata praza da Marina,
Rotonda da Praza da Marina saíndo pola primeira saída entrando en rúa de Melide
Rúa de Melide ata convertirse en Rúa B (todo recto)
Rúa B ata cruce da Rúa Pintor Laxeiro (esquina pandaría O Pan de Vane)
Rúa Pintor Laxeiro ata Rúa Luis Gonzalez Taboada chegando a meta. (Dúas veces)
 CIRCUITO D (800 mts – Categorías Sub10 y Sub12) inclúe modificación respecto o ano
pasado:
Sáida Rúa Luís González Taboada (inmediacións Eroski, praza da Vila), ata esquina Bar A Barra
Subida pola Rúa Jose Antonio ata o cruce con Rúa B onde xiramos a dereita
Rúa B ata cruce da Rúa Pintor Laxeiro (esquina pandaría O Pan de Vane)
Rúa Pintor Laxeiro ata Rúa Luis Gonzalez Taboada chegando a meta.
 CIRCUITO E (200 mts – Cateogría Sub8 Pre-benxamín) inclúe modificación respecto o
ano pasado:
Saída Rúa Luis González Taboada donde o arco inflable que estará a altura da caferaía A
Rosaleda, e chegada a meta onde o arco principal (mesma que no resto das categorías).
 CIRCUITO F (100 mts – Cateogría Chupete) inclúe modificación respecto o ano pasado:
Saída Rúa Luis González Taboada esquina con Pintor Laxeiro (onde Embutidos Lalinense) e
chegada a meta meta onde o arco principal (mesma que no resto das categorías).
8. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría,
colocando o dorsal no seu peito de forma visible para a súa identificación durante a proba e a
chegada. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor.
RECOMÉNDASE A RECOLLIDA do dorsal O DÍA SÁBADO pola maña e tarde, na recepción do
Lalín Arena , ainda que poderanse recoller tamén e o propio domingo desde as 9:30 na carpa
establecida na praza da igrexa.
10. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen
oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.
11. Avituallamento: entregarase auga na altura do km 5 do circuito de 10 K, e na línea de meta
para ambos circuitos.
12. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización
agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo.
13. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.
14. O concello de Lalín terá habilitado o parking Aldea Grande de valde ata completar o seu
aforo, tendo pechada a entrada principal e deixando aberta a entrada pola rúa Pintor Laxeiro.
A partir das 14 o parking voltará a imprementar a súa tarificación habitual dos fines de
semana.
15. Ante calquera dúbida podedes contactar co clube “Escola de Atletismo Deza” ou ca
concellería de deportes do Concello de Lalín.