Calendario
Info da proba

Órdenes-San Silvestre

31/12/2019 16:30 - 17:30
Regulamento III SAN SILVESTRE ORDES
CORRE E ANDA¡¡¡
O Concello de Ordes e Club de Atletismo A Silva-Ordes celebra a III edición da San
Silvestre non competitiva, o martes 31 de decembro de 2019 na localidade de Ordes
baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e
de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
Poderá participar calquera persoa federada ou non federada, independentemente da
súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen clasificación ou
resultado algún. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de
Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
HORARIO
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio
de cada proba, que será ás 16:30 h., sita na rúa Entreparques (detrás da Casa
Consistorial).
PERCORRIDO:
Saída e meta na rúa Entreparques, cunha distancia de 3,7 km aproximadamente.
INSCRICIONS:
Poderán facelo visitando a páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle
indicarán os pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición, que será gratuita.
O prazo de inscrición rematará o venres 27 de decembro de 2019 ás 23:59 horas.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais
recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN a carón da SAIDA ata MEDIA
HORA antes do inicio da proba.
SAÍDA
CHEGADA
PARTICIPACIÓN:
Os inscritos doarán alimentos ou outros produtos non perecedoiros a Cáritas Ordes,
situado nos postos correspondentes a tal fin ao carón da saída.
Anímase a tódolos participantes a acudir disfrazados ou con motivos de nadal.
Ao final do evento, haberá chocolate quente e roscón para os participantes.