Calendario
Ver carrera

As Pontes

12/01/2020 11:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción III CROSS POPULAR VILA DE AS PONTES
Data: 12 de Xaneiro de 2020
Hora: a partir das 11:00 (comezando polas
categorías Menores)
Lugar: Carballeira de A Fraga (As Pontes)
1. O Club Atletismo Olympo organiza o vindeiro 12 de Xaneiro de
2020 o IV CROSS POPULAR VILA DE AS PONTES.
2. Haberá as seguintes categorías: Sub10 (Benxamín), Sub12
(Alevín), Sub14 (Infantil), Sub16 (Cadete) e Categoría Absoluta.
3. Todo o referente ás categorías de menores, rexerase polo
regulamento do Programa Xogade, organizado polo Xunta de
Galicia. As Inscricións SÓ se poderán facer a través dos Clubs ou
dos Colexios.
4. Inscricións dos Adultos na plataforma RFEA:
hhttps://isis.rfea.es/sirfea2/ ata o Mércores 8 de xaneiro as 23:59 para
os atletas federados de forma gratuíta.
A inscrición para os atletas NON federados será a través da
páxina de www.carreirasgalegas.com ata o mércores 8 de
xaneiro ás 23:59h e terá un custo de 5 €.
5. Haberá premio para os 3 primeiros/as da categoría Absoluta.
6. Premio especial de 1 mantecado por kg de peso para o
gañador e gañadora da proba absoluta.
7. A recollida de dorsais realizarase ata 30 minutos antes da
saída de cada proba no local social “local do pulpo” da Fraga.
8. A saída realizarase na Fraga, na beira do local social
(explanada de Concertos da Festa da Fraga), os atletas deberán
estar na zona de saída 10 minutos antes da súa carreira.
9. Haberá Servizo de Duchas, situado no Pavillón Municipal de
As Pontes.
10. HORARIOS E DISTANCIAS:
As carreiras comezarán ás 11:00 co seguinte orde:
Hora Categoría Distancia
11:00 Sub10 Mulleres 1000 ml apr. 1v G
11:10 Sub10 Homes 1000 ml apr. 1v G
11:20 Sub12 Mulleres 1600 ml apr. 2v P
11:35 Sub12 Homes 1800 ml apr. 1vP+1vG
11:50 Sub14 Mulleres 1800 ml apr. 1vP+1vG
12:10 Sub14 Homes 2000 ml apr. 2vG
12.30 Sub16 Mulleres 2000 ml apr. 2vG
12:50 Sub16 Homes 3800 ml apr. 1vP+3vG
13:10 Abs Mulleres 5000 ml apr. 4 vG
13:30 Abs Homes 5000 ml apr. 5 vG
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da
competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que
manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que
se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que
a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de
inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no
caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase
de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA
e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do
seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

[ Go Back ]