Calendario
Info da proba

Vigo - Invasión Celeste

08/12/2019 11:00 - 13:00
Regulamento DESCRIPCIÓN
A Fundación Celta de Vigo organiza a Carreira Popular da Fundación Celta de Vigo | VI Invasión Celeste Fe Seguros. Proba que se disputará o vindeiro 8 de decembro do 2019 nas inmediacións do estadio Abanca Balaidos.

A proba celebrarase sobre un percorrido de 7000 metros nas categoría absolutas, 1.000 metros en categorías por debaixo de Cadete incluídos e 50 metros os Chiquiceltas, balizado con cintas e conos por as inmediacións de Balaidos e con meta no interior do Estadio Abanca Balaídos

CONDICIONES ▼
A Carreira terá tres diferentes saídas en función das categorías.

11:00 Chiquiceltas: Nenos e nenas nados/as en 2013, 2014, 2015 e 2016
Percorrido de 50 metros dentro do Estadio.
11:30 Homes e mulleres:
Sub-10 , nados/as en 2011 y 2012
Sub-12, nados/as en 2009 y 2010
Sub-14, nados/as en 2007 y 2008
Sub-16, nados/as en 2005 y 2006
Percorrido de 1K. Unha volta o exterior do estadio e meta no interior.

12:00 Homes e mulleres:
Sub-20, nados/as en 2001, 2002, 2003, 2004
Sub-23, nados/as en 1998, 1999, 2000
Senior nados/as entre 1984, 1997
Veteranos A, entre 1980 y 1985
Veteranos B, entre 1970 y 1979
Veteranos C, entre 1960 y 1969 anos
Veteranos D, antes do 1959 incluído
Percorrido de 7,0K.

4. Será necesario que haxa como mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; Os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.





5. As inscricións realizaranse a través da páxina web do cronometrador www.magmasports.es mediante pago con tarxeta de crédito. As inscricións pecharanse o 2 de decembro. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do prazo marcado.
6. O coste da inscrición é de:

Chuiquiceltas: 2€
1K: 5€
7K: 8€ antes do 5 de novembro
10€ entre o 6 e o 20 de novembro.
12€ entre o 20 de novembro e o 2 de decembro.

7. Os dorsais e Chip serán entregados o sábado 7 de decembro no Family Day La Fe Seguros (Explanada de A Laxe) en horario de 16:30 a 20:00 horas e o día da proba dende as 10:00 ata as 11:00 horas nas inmediacións da liña de saída.
8. Coa entrega do Dorsal e Chip entregarase un agasallo conmemorativo da Invasión Celeste.
9. A saída das probas serán no interior do Estadio Abanca Balaidos, o que se poderá acceder dende a grada de Río, porta 19, sita na rúa Avd. de Citroen
11:00 Saída Chiquiceltas
11:30 Saída 1K
12:00 Saída7K (proba absoluta)
Este horario poderá ser modificado po la organización.
10. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.
11. Premios: Todas as categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados. Chiquipeques non é unha proba competitiva, pero todos os participantes levarán unha medalla.
12. Avituallamento: Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de Meta.
14. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo o regulamento en vigor.