Calendario
Info da proba

Baio

08/12/2019 9:30 - 14:00
Regulamento I Trail dos Foucellas. Inscripcións en www.ranckr.com
Baio
1. Lugar da proba e data
A primeira edición do Trail dos Foucellas, organizada pola Asociación de Veciños
Tabeirón de Baio, ca debida autorización do Concello de Zas, celébrase o vindeiro
domingo 8 de Outubro de 2019 na localidade de Baio, en A Coruña.
Tanto a saída como a chegada celebrarase na Carballeira de Baio
(https://goo.gl/maps/y1CaqohnQEH2).
2. Probas e distancias
Haberá tres tipos de probas: unha andaina popular, trail longo e trail curto.
TIPO DE PROBA DISTANCIAS
ANDAINA Por determinar
TRAIL LONGO 25,5 km
TRAIL CURTO 13,8 km
3. Horarios das probas
Todas as probas terán como saída a Carballeira de Baio. Os horarios de saída
serán os seguinte:
TIPO DE PROBA HORA SAÍDA
ANDAINA 9:45
TRAIL LONGO E CURTO 9:30
4. Inscricións
Todas as inscricións realizaranse online na plataforma Ranckr.com:
www.ranckr.com, co seguinte custo.
O período de inscricións alargarase ata o día 4 de Decembro, se ben ata o día 27
de Novembro o prezo da inscrición será máis económico tanto na andaina como no
Trail e este incrementarase dende as 24h do día 27/11 ata a data de fin de
inscricións.
TIPO DE PROBA PREZO
reducido
PREZO última
semana
ANDAINA 5 € 8 €
TRAIL LONGO E CURTO 10€ 15€
Non se poderán admitir inscricións incompletas ou fóra de prazo.
Unha vez rematada a proba e para finalizar a xornada con bo sabor, de forma
opcional, organízase unha comida co custo engadido de 10€ por persoa.
5. Entrega de dorsais
A entrega do dorsal con chip incorporado para a cronometraxe faranse o mesmo día
da proba na zona de saída dende as 8:30 ata 15 minutos antes do comezo da
proba.
So serán consideradas personas participantes, aquelas que paguen a cota de
inscrición e leven o dorsal visible.
6. Percorridos
O trail longo ten un percorrido de 25,5 km aprox. de lonxitude e 1100m de desnivel
acumulado mentres que o trail curto será de 13,8km e 500m desnivel acumulado.
Estes percorridos poden ser modificados pola organización, ou recortados segundo
estime oportuno por condicións climatolóxicas ou outras causas.
7. Avituallamento
Haberá avituallamento sólido e líquido durante o trail, así como ó finalizar o mesmo.
8. Duchas
Porase a disposición de todos os participantes os vestiarios do Estadio Municipal
Platas Reinoso de Baio ó terminar a proba. Ubicación:
https://goo.gl/maps/Uidvaaebisr
9. Dereitos de imaxe
O participante autoriza ó uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde
relación co evento no que se inscribe. Coa firma de inscrición o participante admite
que o organizador, poida facer uso da súa imaxe en calquera formato, xa sexa
gráfico ou dixital e en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, DVD,
internet, carteis, medios de comunicación, etc.) e cede todos os dereitos relativos á
súa explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen
dereito pola súa banda a recibir compensación económica algunha.
10. Seguros
A organización dispón de todos os seguros obrigatorios (responsabilidade civil e
accidente deportivo) que corresponden á organización de todo este tipo de eventos
deportivos,
11. Aceptación do regulamento.
Todas as persoas participantes da marcha e colaboradoras desta, considéranse en
excursión persoal, e deberán cumplir o vixente Reglamento de circulación, sendo
cada unha delas responsable das infraccións que poida cometer.
Formalizar a inscrición implica a aceptación deste regulamento. Calquera cuestión
ou circunstancia non recollida nel será resolta pola organización.