Calendario
Info da proba

Ribeira-Trail da Cidá

26/01/2020 11:00 - 13:30
Regulamento O Trail da Cidá abre de novo o circuíto Revolutrion Trail Series 2020, asentándose nesta cuarta edición coma un dos trails máis populares de Galicia que vai sumando participantes ao pelotón ano tras ano.

Renovamos o trazado en máis dun 80% con respecto ao do ano pasado, con novas sendas, novos camiños, novas paraxes, e un tramo do percorrido polo Parque Natural do Vilar realmente espectacular que nunca se vivira. Pero se o que queres é vivir o trail no mesmo sentido da verba, vaiche a deixar impresionad@ a nova subida á Pedra da Rá que reinventamos por completo, e que se ata agora che parecía un dos enclaves para non esquecer na tempada de carreiras, a desta edición simplemente "marcará" un punto de inflexión no que ata agora te podrías esperar.

Aínda así, non perdemos a senda do "raposo", a do "xabaril", e retomamos a subida ao Castro da Cidá por aquelas rochas que nos últimos quilómetros do percorrido, viñan a lembrarche que estás correndo no Trail da Cidá e que non vai deixar de esperarche unha sorpresa en cada curruncho.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

Distancia: 14 km.
Desnivel+: 629 m+
Hora saída: 11:00 h.
Tempo Máximo: 2:15 h.
Avituallamento Intermedio: km. 8
Tempo de corte: 1:25 h no km. 8
Meta volante: km. 2,2
Lugar de saída: Praza do Concello - Ribeira
Prezo: 10 €
Inscricións: 24/11/2019 - 22/1/2020