Calendario
Info da proba

Chantada

06/10/2019 9:30
Regulamento Andaina polo corazón de Galicia - Chantada
1. DATA E LUGAR:
Celebrarase o día 6 de outubro de 2019, con saída na praza de España, (Cantón), de Chantada e chegada en Pincelo con regreso a Chantada en bus ao remate

Saída ás 9:30h.

2. PERCORRIDO:
A proba discorre por pistas, bosques e ribeiras de Chantada e ten unha distancia aproximada de 17 quilómetros cunha dificultade baixa

3. PARTICIPACIÓN:
O número máximo de participantes é de 400 persoas maiores de 16 anos.
O feito de inscribirse e participar nesta Andaina implica a aceptación deste regulamento.

4. INSCRIPCIÓNS:
A través da páxina:
www.championchipnorte.com ou de xeito presencial en electrodomesticos Lage

O prazo para inscribirse remata o 3 de outubro de 2019 ás 23:59h.

5. PREZO:
A inscrición ten un custe de 7€.

6. ENTREGA DO IDENTIFICADOR
A entrega do identificador alusivo á Andaina será o domingo día 6 de outubro de 8:00h a 9:15h na praza de España, (Cantón). Será obrigatorio colocalo nun lugar visible e non ser manipulado para facer uso de todos os servizos establecidos pola Organización.

7. SINALIZACIÓN:
O percorrido estará debidamente sinalizado e marcado con cintas e frechas.

8. RESPONSABILIDADE:
O dispositivo de seguridade avituallamentos e sinalización estará debidamente montado dentro do horario da andaina e estará operativo para todos os participantes que se encontren entre a bicicleta de apertura e os encargados do peche.
A Organización responsabilizarase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina toda responsabilidade en caso de accidente por abandono do itinerario establecido, neglixencia do participante ou que este se encontre fora dos parámetros establecidos no punto 8.
A Organización non se fai responsable dos obxectos de cada participante.
A Organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta andaina.


9. ASISTENCIA:
A Organización contará con persoal de asistencia en ruta, varios voluntarios nos puntos estratéxicos e persoas pechando a Andaina coa finalidade de que ningún participante se quede rezagado, pero non nos facemos responsables de quen, voluntariament,e abandoe o percorrido establecido.
Os participantes están obligados a auxiliar aos accidentados e avisar á Organización se alguén necesita axuda. Poderán informar de calquera percance nos controis de paso, ao persoal da organización que estará ó longo do percorrido ou nos números 637 85 88 83 – 609 8193 06.
De volta en Chantada haberá duchas a disposición de tod@s @s participantes.

10. AVITUALLAMENTOS:
Disporanse dous puntos de avituallamento ó longo do percorrido e un na chegada, nos que se ofrecerán productos líquidos e/ou sólidos.
É obrigación de todos os participantes preservar o entorno evitando tirar desperdicios fóra das áreas de control. A tal efecto colocaranse colectores de lixo nos avituallamentos.

RESPETA O MEDIO AMBIENTE, NON TIRES LIXO Ó CHAN.

11. FOTOGRAFÍAS E IMAXES
A inscrición nesta andaina dá dereito á Organización para poder facer uso das fotografías e imaxes do evento para a súa utilización, podendo publicalas en todos aqueles soportes de comunicación (folletos, carteis, artigos de prensa, web, etc.) que estime convinte para dar a coñecer a proba.