Calendario
Info da proba

Marín

28/09/2019 17:00 - 20:00
Regulamento REGULAMENTO
DA XXII MILLA URBANA SAN MIGUEL DE MARÍN
O Concello de Marín coa colaboración do Club San Miguel de Marín e a Federación Galega
de Atletismo organiza a XXII Milla Urbana San Miguel de Marín o sábado 28 de setembro ás
17:00 horas.
A proba terá lugar no circuíto homologado pola RFEA na Avenida de Ourense, nas
inmediacións á Alameda Rosalía de Castro e estará baixo o control do Comité Galego de
Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Haberá 4 probas deportivas diferenciadas:
➢ MILLA ÉLITE MASCULINA E FEMININA.
➢ MILLAS POPULARES MASCULINAS E FEMININAS.
➢ CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES.
➢ CARREIRA POPULAR DE 5 KMS
1. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.
2. As categorías fixadas pola organización son as seguintes:
CATEGORÍAS ANO NACEMENTO
DORA 2016-2017
PATRULLA CANINA 2014-2015
PIRATA JAKE 2012-2013
SUB 10 2010-2011
SUB 12 2008-2009
SUB 14 2006-2007
SUB 16 2004-2005
SUB 18 - SUB 20 2000-2001-2002-2003
SENIOR - SUB 23 1999 ata 34 anos
MASTER A 35 a 44 anos
MASTER B 45 a 54 anos
MASTER C 55 en adiante
3. As inscricións serán gratuítas para todas as categorías. Deberán formalizarse a a través
de carreirasgalegas.com antes das 23:59 horas do xoves 26 de setembro de 2019.
As categorías Dora, Patrulla Canina e Pirata Jake poderán inscribirse o mesmo día da
proba ata as 18:00 horas na Alameda Rosalía de Castro.
4. A entrega de dorsais se realizará a partir das 15:30 horas na Alameda Rosalía de Castro.
5. HORARIO
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
17:00 H SUB 10 FEMININO 500 M
17:10 H SUB 10 MASCULINO 500 M
17:20 H SUB 12 FEMININO 500 M
17:30 H SUB 12 MASCULINO 500 M
17:40 H SUB 14 FEMININO 1000 M
17:50 H SUB 14 MASCULINO 1000 M
18:00 H SUB 16 FEMININO 1000 M
18:10 H SUB 16 MASCULINO 1000 M
18:20 H DORA, PATRULLA CANINA E
PIRATA JAKE
50 M-100 M-200 M
aproximadamente
18:30 H 5 KM DE SUB 18 A MASTER C
MASCULINO E FEMININO
5000 M
19:10 H MILLA POPULAR / FEDERADA
SUB 18-SUB 20, SENIOR
MASCULINA E FEMININA
1609 M
19:20 H MILLA POPULAR / FEDERADA
MASTER A, B e C
MASCULINA E FEMININA
1609 M
19:30 H MILLA ÉLITE1 FEMININA 1609 M
19:45 H MILLA ÉLITE1 MASCULINA 1609 M
20:00 H ENTREGA DE PREMIOS
*O horario poderá ser modificado en función do número de inscritos.
1Nas Millas Élite se admitirán ata 25 mulleres e 25 homes, pasando a correr a proba popular aqueles
non admitidos.
6. PREMIOS
• MILLA ÉLITE MASCULINA E FEMININA
o Trofeo-medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos. Sendo
obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se
entregará a medalla.
o Premios metálicos:
CATEGORÍA
MASCULINA
CATEGORÍA
FEMININA
1º POSTO 200 € 200 €
2º POSTO 150 € 150 €
3º POSTO 100 € 100 €
4º POSTO 75 € 75 €
5º POSTO 50 € 50 €
Estes premios están suxeitos ás taxas e impostos legais.
• MILLAS POPULARES MASCULINAS E FEMININAS
o Medallas personalizadas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos desde
categoría SUB18 ata Master C. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de
premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.
• CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES
o Medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos desde categoría sub
10 ata sub 16. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No
caso contrario, non se entregará a medalla.
o Medallas e chuches para as categorías Dora, Patrulla Canina e Pirata Jake ata
fin de existencias.
• CARREIRA POPULAR DE 5 KMS (CIRCUÍTO DE 1 KM).
o Medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos desde categoría SUB
18 ata Master C. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio.
No caso contrario, non se entregará a medalla.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
1. Servizo de duchas nos Pavillóns Municipais da Cañota e do Sequelo.
2. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, poderá ser descualificado.
3. Será responsabilidade dos atletas levar consigo 4 imperdibles para a colocación do
dorsal.
4. A proba rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a
celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de
novembro, publicado no BOE no 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación
da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación
do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
5. Os atletas estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil e de accidente
deportivo.
6. A proba contará cos servizos sanitarios esixidos na lexislación vixente.
7. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
8. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros
da proba.
9. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así
como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de
seguridade.
10.O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
11.A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas rexerase
de acordo co disposto no artigo 3.4. do "Regulamento para las competicións de la
temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista
cubierta y aire libre” da tempada 2018-2019. Máis información de esta norma no
ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf
12.A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados
dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o
compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de
toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir
alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité
Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.