Calendario
Info da proba

Mañón

01/09/2019 11:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO
IV CARREIRA POPULAR DO CONCELLO DE MAÑÓN

1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Mañón organiza a Carreira Popular de Mañón.A proba terá lugar
o Domingo 1 de Setembro do 2019 ás 11:00h ,con saída e chegada na praia de
Esteiro ,no Barqueiro.
Haberá control técnico por parte da empresa de servicios deportivos RANCKR en
todas as categorías.

2. PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas,federados ou non,sen distinción de
sexo ou nacionalidade.

3. CATEGORÍAS:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA SAÍDA
PITUFOS M/F 2014 e POSTERIORES 100m 11h
PREBENXAMÍN M/F 2012-2013 500m 11:10h
BENXAMÍN M/F 2011/2010 500m 11:15h
ALEVÍN M/F 2009-2008 1000m 11:20h
INFANTIL M/F 2007/2006 1000m 11:20h
CADETE M/F 2005-2002 2000m 11:35h
XUVENIL M/F 2001-2000 2000m 11:35h
ABSOLUTA M/F, 2000 e ANTERIORES, SENIOR M/F 2001-1985, VETERÁN A M/F 1984-1968, VETERÁN B M/F 1967 E ANTERIORES 7.000m 12:00h

4. INSCRICIÓNS:
-A inscrición será gratuita para os atletas das categorías menores(nados no
ano2002 ou posteriores) e de 4€ para os/as atletas da categoría absoluta(nados no
ano2001 ou anteriores) e poderá realizarse a través da páxina web da empresa de
servicios deportivos RANCK : www.ranckr.com
Calquera dúbida ou máis información serán atendidas no tf 647536305 ou por
correo electrónico:cultura.deportes@manon.es.
- O prazo de inscrición rematará o xoves 29 de agosto ás 23:59h
- Límite de prazas absoluta:500
- Non se admitirán inscricións fóra de prazo
- A inscrición da proba é persoal e intransferible
- A realización da inscrición implica ter lido,entendido e aceptado o
regulamento da proba
- A proba estará controlada polo persoal da empresa de servicios deportivos
RANCK e estarán capacitados para descalificar a calquera atleta que
incumpra o regulamento.
Protección de de datos: Todos/as os/as corredores/as ó realizar a inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación,medios de
comunicación e /ou internet.Mediante a inscrición o corredor consinte
expresamente que os seus datos sexan empleados pola organización para
comunicacións acerca da sua actividade.En toda caso e tal como se establece a
Lei de Protección de datos,o interesado pode exercer os seus dereito de acceso
rectificación,cancelación e posición mediante un escrito ou correo electrónico.

5. ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsais entregaranse o día da proba na zona habilitada pola organización
(Polideportivo de Esteiro),ata media hora antes da saída de cada proba.

6. GARDAROUPA:
A organización habilitará un servicio de gardaroupa,pero non se responsabiliza
dos efectos depositados no interior das bolsas.Estará instalado no Pavillón
municipal de Esteiro.

7. SERVICIO DE DUCHAS:
A organización poñerá a disposición dos/as corredores/as servicio de
duchas(Pavillón municipal de Esteiro)

8.PERCORRIDOS:
-A saída situarase no Pavillón municipal da praia de Esteiro no Barqueiro e as
diferentes carreiras realizaranse no entorno próximo ó redor da localidade
-É obrigatorio que os corredores leven durante toda a carreira o dorsal no
peito,deben chegar á meta con él.
-O percorrido da categoría absoluta estará sinalizado en cada km
-As distancias sinaladas son aproximadas.
-A organización resérvase o dereito de realizar modificacións ou cambios no
percorrido se a seguridade o require,e na distribución das saídas, dependen da
cantidade de inscritos.

CATEGORÍA PITUFOS(2014 E POSTERIORES) 100 metros
CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2012-2013) E BENXAMÍN(2010-2009) 500 metros
CATEGORÍA ALEVÍN(2009-2008)-INFANTIL(2006-2005) 1000 metros
CATEGORÍA CADETE (2005-2002)- XUVENIL(2002-2001) 2000 metros
CATEGORÍA ABSOLUTA (7,4 km)

9.AVITUALLAMENTO:
Haberá servizo de avituallamento sólido e líquido ó final da proba.

10.VEHÍCULOS
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola
organización, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.Queda totalmente
prohibido seguir ós corredores en coche,moto ou bicicleta,polo perigo que poidera
supoñer para os atletas,así como a participación de animais.

11.PREMIOS:
-A organización premiará ós 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría
masculina e femenina
-Trofeo para o/a mellor corredor/a en categoría absoluta
-A entrega de trofeos realizarase unha vez remate a proba da categoría absoluta.

12.SEGURO:
A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que
cubre os posibles danos e responsabilidade civil.
Esta carreira disporá de ambulancia para atender posibles incidencias.
Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita
proba.Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse,aceptan o presente
regulamento e en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no
mesmo acatarase o que dispoña o Comité Organizador da proba

13. DESCALIFICACIÓNS:
A proba estará controlada por técnicos da empresa de servicios deportivos
RANCK e polo persoal do Concello de Mañón,e estarán capacitados para
descalificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.