Calendario
Info da proba

Ourense - San Martiño

17/11/2019 11:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO CARREIRA SAN MARTIÑO

A XLIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 17 de novembro de 2019.

>> Comenta a San Martiño 2019 neste tema do foro

>> Información sobre liebres entre 45 minutos y 1 hora

>> Foto KDD San Martiño 2019

REGULAMENTO XERAL DA CARREIRA ABSOLUTA - 10KM

1. Esta carreira pedestre está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo e está reservada para todas as persoas nadas no ano 2002 e anteriores.

2. O prazo de inscrición é desde o día que se publicite pola Organización ata o 10 de novembro de 2019. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún/ha corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 2 de novembro de 2019.

3. A cuota de inscrición será de 5€ desde o día que se publicite pola Organización ata o 27 de outubro de 2019 e de 7€ desde o 28 ao 10 de novembro de 2019. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

4. Dorsal Solidario: Os/as participantes que o desexen poderán facer unha doazón económica en favor dunha causa solidaria. Na pasarela de inscrición terán a posibilidade de efectuar unha doazón, marcando DORSAL SOLIDARIO e no casilleiro indicar o importe que desexan doar. O importe recadado doarase en favor dunha causa humanitaria elexida de xeito motivado polos membros do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes. As asociacións interesadas poderán presentar os seus proxectos solidarios antes do 3 de novembro de 2019. O Consello Municipal de Deportes dará a publicidade a través das súas redes da campaña na que colabora efectuando un acto público de entrega da doazón.

5. A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web e da pasarela de inscrición e, despois de pechar o prazo de inscrición, o venres 15 de novembro de 16:00h a 20:00h, e o sábado 16 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, no momento de entrega e recollida de dorsais-chips.

6. A Organización non se fai responsable das consecuencias que deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do/a corredor/a ou persoa na que delegue.

O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do/a atleta dos datos que aporta, aínda que, se obtén un premio, deberá presentar a documentación acreditativa pertinente nun prazo máximo de 10 días.

7. É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes. O día da carreira haberá unha persoa encargada do trámite no caso de accidente. A Organización contará con servizos médicos a disposición dos/as corredores/as, non obstante, recoméndalles aos/ás participantes someterse a un recoñecemento médico previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.

A Organización contará cun local debidamente sinalizado, atendido por unha persoa responsable nomeada pola Federación Galega de Atletismo, para facilitar os partes de accidentes aos/ás interesados/as, formalizar a súa presentación e resolver as posibles incidencias dos/as accidentados/as.

8. A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 15 de novembro de 16:00h a 20:00h e o sábado día 16 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).

Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.

Non se entregarán dorsais o día da carreira.

A recollida anticipada de dorsais-chips (para os/as inscritos/as ata o 2 de novembro de 2019) será os días 14, 15 e 16 de novembro de 2019 nos puntos acordados que se anunciarán debidamente.

9. O dorsal-chip deberá ser colocado no peito de maneira visible e sen doblar. Os/as corredores/as que non leven o dorsal-chipl ben colocado non entrarán nas clasificacións.

É obrigatorio levar o dorsal-chip no peito durante toda a proba.

10. O control das inscricións, dorsais-chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados. Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación.

11. A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11:00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.

12. O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, FernándezOxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

13. Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos controis queda previsto do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos da saída, o segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h e o control de chegada pecha unha hora despois de que entre a primeira persoa clasificada.

14. Os abastecementos (avituallamiento) estarán situados no Km 5 e á chegada no Pavillón Municipal dos Remedios.

15. Estableceranse varios caixóns, sinalizados por cores, en función da marca rexistrada no San Martiño anterior:
- Caixón negro: para os/as atletas que teñan unha marca inferior a 35 minutos (homes) e 40 minutos (mulleres) na carreira do SM2018.
- Caixón vermello: para os/as atletas que teñan unha marca entre 35 e 40 minutos (homes) e entre 40 e 45 minutos (mulleres) na carreira do SM2018.
- Caixón amarelo: para os/as atletas que teñan unha marca entre 40 e 45 minutos (homes) e entre 45 e 50 minutos (mulleres) na carreira do SM2018 ou debidamente acreditados na pasarela de inscrición.
- Caixón verde: Popular.

Os/as participantes deberán situarse no caixón correspondente 15 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento ás indicacións da Organización.

16. Só poderán permanecer no percorrido os vehículos de axuda que a Organización estime oportuno, prohibíndose explicitamente o uso de bicicletas, patíns, carriños de bebé e/ou similares para evitar accidentes.

17. A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.

18. Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.
As categorías corresponden aos/ás nados/as nos anos indicados:
Sub’20: Nado/as en 2000 e 2001
Sub’23: Nado/as en 1997, 1998, 1999
Sénior: Nado/as desde 1996 ata máster
Máster: A M–35 W–35
Máster: B M-40 W-40
Máster: C M-45 W-45
Máster: D M-50 W-50
Máster: E M-55 W-55
Máster: F M-60 W-60
Máster: G M-65 e posteriores W-65 e posteriores

19. Premios: Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as “absolutos” e “locais”; trofeo ao/á primeiro/a clasificado/a de cada categoría e camisetas para todos os/as participantes ata esgotar existencias.

Clasificación “absoluta” Clasificación “locais”
1º posto: trofeo e 1.000 €
2º posto: trofeo e 700 €
3º posto: trofeo e 500 €
1º posto: trofeo e 200 €
2º posto: trofeo e 150 €
3º posto: trofeo e 100 €

Para optar ao premio de “locais”, o/a atleta con nacionalidade española, será nado/a ou empadroado/a no Concello de Ourense.
Premios especiais:

-500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes: 28’49’’ no ano 2010, Mulleres: 32’45’’ no ano 2010).
-Premio especial Caixabank: 300€ polo primeiro posto ao cruzar o control do 5km, tanto na categoría masculina como feminina. É imprescindible rematar a carreira e clasificarse para optar a este premio.

Os premios non son acumulables, agás os premios especiais, e aplicaráselles a normativa vixente do IRPF.

20. A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas no entorno do Pavillón dos Remedios e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar, previa xustificación dos datos aportados na inscrición, presentando a documentación acreditativa que proceda (DNI, pasaporte, certificado de empadroamento... etc). É de obrigado cumprimento a asistencia á Cerimonia de Premiacións para percibir os trofeos e os premios económicos.

21. Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non pasar por todos os controis, non levar dorsalchip visible por diante ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.

22. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.

23. Aceptación do regulamento: Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.

O feito de participar nesta carreira implica a autorización á Organización para poder facer uso das imaxes do evento.

A participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas, rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR Nº 178/2018 RFEA:
“Calendario RFEA 2018/2019. Reglamento de Competiciones de Campo a Través, Pista, Ruta, Marcha y Trail Running.”
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2018629104429.pdf

Aqueles/as atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba, proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descalificados/as.

A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA, rechazará a inscrición dos/as corredores/as federados/as doutras federacións autonómicas que excedan os límites fixados pola RFEA para competicións de ámbito autonómico.

24. Esta proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense) e por procedementos automatizados contratados pola Organización.

25. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis tarde de 30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados.

26. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

27. Este regulamento poderá ser actualizado se hai normas federativas que así o aconsellen. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.

28. Asistencia médica: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.

29. Seguro: Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:

Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á Organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.

Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos. 30. LOPD: Todos/as os/as corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

31. Mediante a súa inscrición o/a corredor/a consente expresamente á compañía xestora do seguro de accidentes que os seus datos básicos sexan cedidos para a tramitación ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.

REGULAMENTO DA CARREIRA ESCOLAR - 4,7 KM
1.- Esta carreira pedestre está reservada para todos/as os/as nenos/nenas nados/as entre os anos 2007 e 2002 que participen de forma individual e/ou a través dos centros escolares, tanto públicos coma privados.

2.- As persoas adultas non poderán participar nin acompañar aos/ás participantes na saída nin na meta e non poderán acceder ás zonas de abastecemento, nin entrarán na clasificación.

3.- A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os/as corredores/as tamén se inscribirán na mesma páxina.

O prazo de inscrición para colexios é desde o día que se publicite pola Organización ata o 2 de novembro de 2019 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 10 de novembro de 2019.

4.- Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.700m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Av. de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.

5.- Os abastecementos estarán situados na Av. de Pontevedra e á chegada no Pavillón Municipal dos Remedios.

6.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:
Sub’14: Nados/as en 2006 e 2007
Sub’16: Nados/as en 2004 e 2005
Sub’18: Nados/as en 2002 e 2003

7.- Estableceranse clasificacións individuais e por colexios
- Clasificación individual:
Trofeo aos/ás tres primeiros/as atletas de cada categoría.
- Clasificación por colexios:
Premio de 120 € en material deportivo para todos os colexios que alcancen un mínimo de 25 deportistas clasificados/as.
Ademáis, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e os 6 primeiros colexios clasificados de Secundaria e Bacharelato recibirán premios en material deportivo: 1º 300€, 2º 250€, 3º 200€, 4º 150€, 5º 120€ e 6º 100€.
- Camisetas para todos/as os/as participantes ata esgotar existencias.

8.- Importante: O/a delegado/a do colexio, necesariamente unha persoa adulta, será a encargada de entregar os dorsais-chips e as camisetas aos/ás alumnos/as que se inscribiran a través do centro educativo e puntuarán na Clasificación por Colexios.

Aqueles/as que o fixeran de xeito individual recollerán dorsal-chip e a camiseta conmemorativa o venres día 15 de novembro de 16:00h a 20:00h e o sábado día 16 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).

9.- A proba pedestre para escolares, salvo o non especificado neste regulamento, rexerase polo Regulamento Xeral da XLIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

REGULAMENTO DA CARREIRA DE CATIVOS – 1,4 KM
1.- Esta carreira está reservada para todos/as os/as nenos/as nados entre os anos 2008 e 2011 ambos inclusive, podendo ir compañados dunha persoa adulta responsable, que a ningún efecto se considerará participante.

2- Esta proba dará comezo ás 13:20 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 1.400m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

3.- A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, inscribiranse tamén a través de [www.deportesourense.com].

O prazo de inscrición para colexios é desde o día que se publicite pola Organización ata o 2 de novembro de 2019 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 10 de novembro de 2019.

Importante: O/a delegado/a do colexio, necesariamente unha persoa adulta, será a encargada de entregar os dorsais-chips aos/ás alumnos/as que se inscribiran a través do centro educativo e puntuarán na Clasificación por Colexios. Aqueles que o fixeran de xeito individual recollerán dorsal-chip o venres día 15 de novembro de 16:00h a 20:00h e o sábado día 16 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).

4.- Estableceranse clasificacións por colexios.
- Clasificación por colexios:
Premio de 120 € en material deportivo para todos os colexios que alcancen un mínimo de 25 deportistas clasificados/as.
Ademáis, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria recibirán premios en material deportivo: 1º 300€, 2º 250€, 3º 200€, 4º 150€, 5º 120€ e 6º 100€.

5.- Todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán un agasallo conmemorativo do evento, ata esgotar existencias.

6.- A Carreira de Cativos, salvo no especificado neste apartado, rexerase polo Regulamento Xeral da XLIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

REGULAMENTO DA CARREIRA INCLUSIVA – 1,4 KM
1.- Esta carreira está reservada para todos/as os/as nenos/as nados nos anos 2012 e posteriores, e persoas con diversidade funcional, podendo ir acompañados/as dun/ha acompañante responsable (necesariamente unha persoa adulta), que a ningún efecto se considerará participante. Esta carreira en ningún caso computará nas clasificacións finais por colexios.

2- Esta proba de caracter non competitivo, dará comezo ás 13:30 horas (aprox.), con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 1.400m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

3.- A inscrición será gratuita ata o 10 de novembro. As persoas con diversidade funcional deberán reflexalo na inscrición. O prazo de inscrición é desde o día que se publicite pola Organización ata o 10 de novembro de 2019.

A recollida de dorsal/chip será o venres día 15 de novembro de 16:00h a 20:00h e o sábado día 16 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).

4.- Todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán un agasallo conmemorativo do evento, ata esgotar existencias.

5.- A Carreira Para Todos (INCLUSIVA), salvo no especificado neste apartado, rexerase polo Regulamento Xeral da XLIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.