Calendario
Info da proba

Medio Maratón de Pontevedra

20/10/2019 11:00 - 13:30
Regulamento PREVIO Á CARREIRA
1. DATA.
O Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra organiza o
domingo 20 de outubro de 2019, a partir das 11:00 horas, o “XXXVII Gran
Fondo - XXIV Medio Maratón Pontevedra 2019”.
2. PARTICIPANTES.
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen,
sempre que estean inscritas nos prazos establecidos ao efecto pola
organización, e cumpran as condicións de participación. Ademais, se poderá
participar de forma “individual” ou/e formando parte dun “equipo mixto 3”.
Haberá un límite de 1500 participantes.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente
regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas
alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os
compromisos que se inclúen neste regulamento.
Todo participante inscrito declara o seguinte: “Estou nun estado de saúde
óptimo para participar no Medio Maratón de Pontevedra. Durante o desenrolo
da proba contribuirei no posible coa Organización. Ademais, eximo de toda
responsabilidade á Organización, patrocinadores e/ou outras institucións
participantes ante calquera accidente ou lesión que puidera sufrir antes,
durante e/ou despois do evento deportivo, así coma por asuntos vencellados
coa perda de obxectos persoais por roubo (ou outras similares), agresións
físicas e calquera outro motivo extradeportivo. Renunciando dende xa a
calquera acción legal contra calquera de ditas entidades.
Autorizo a que a Organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e calquera
outro tipo de material audiovisual no que poida figurar, aceptando a
publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de
comunicación e/ou internet, sen esperar pago, compensación ou retribución
algunha por este concepto. Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que
os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable
é a Sociedad Gimnástica de Pontevedra con domicilio social na Rúa Xoán
Manuel Pintos s/n 36005 Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo
a xestión de datos para o Medio Maratón así como informarlle de futuras
edicións. Se desexa exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación
e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada,
axuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non
acepte o presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha
situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
4. INSCRICIÓNS.
Faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día 15 de
outubro de 2019 e non se admitirán inscricións posteriores.
Para a carreira haberá dous prazos para inscribirse:
ü Ata as 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará
a cota “Reducida” de 15 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de
chip.
ü Dende o 01 de outubro e ata o remate do prazo de inscrición e na
que o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 20 € máis, de ser o caso,
1 € de aluguer de chip.
A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se devolverá o importe
da inscrición en ningún caso salvo baixa médica acreditada, presentada antes
do 20 de outubro (incluído) e enviada a: info@sgpontevedra.com. En caso
contrario, non se fará o reembolso.
Para a carreira por EQUIPOS MIXTOS DE 3 os compoñentes do equipo
deberán estar inscritos/as previamente de xeito individual na propia web,
un/ha dos/as tres atletas sinalarase “capitán/a” que será o encargado de
crear o equipo, e enviar e xestionar as invitacións aos outros/as compoñentes
do equipo, sempre dentro da web de ChampionchipNorte. Para máis
información no enlace www.championchipnorte.com/ayuda- equipos
O EQUIPO MIXTO 3 terá que estar formado polo menos por un home e unha
muller, e puntuarán as tres persoas ao seu paso por liña de meta, coa suma
dos tempos dos tres compoñentes. A clasificación dos “Equipos Mixtos 3”
determinarase pola suma dos tempos totais dos 3 membros do equipo que
entren en liña de meta, en caso de que algún deportista dese equipo non
entre en liña de meta sumaráselles o tempo do último deportista que entre,
por cada deportista que falte do equipo.
PROMOCIÓN INSCRICIÓN GRATUÍTA. Coa compra igual ou superior a
125€ na tenda Miler Vintage Running Club na rúa Peregrina nº6 soto, en
Pontevedra; conseguirás a inscrición gratuíta no Medio Maratón. Promoción
válida ata 30 de setembro 2019.
5. ACCIÓN SOCIAL.
Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen
colaborar coa Rede Axuda poderán facelo entregando un produto alimenticio
non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos
no seu nome a esta Institución (preferentemente aceite, leite, conservas,...).
6. PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO.
A tradicional “quedada” a unha volta de todo o percorrido, será o mércores
16 de outubro ás 20:00 horas, é de acceso libre, e sairá de diante da porta
principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira
será moi asumible co obxectivo de dar a coñecer todo o percorrido. Prégase
acudir con prendas exteriores de cores rechamantes.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
7. GARDARROUPA.
Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa
disposición no Pavillón Universitario.
8. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.
Haberá dous puntos para a recollida de dorsais:
ü Para aqueles que realizasen a inscrición no primeiro período poderán
recoller o seu dorsal na tenda Miler na rúa Peregrina nº6 soto, en
Pontevedra; en horario de tenda dende o martes 15/X ao venres 18/X,
sendo este último día só en horario de mañá.
ü Para o resto de inscritos, farase no Pavillón Universitario (Maxisterio)
na r/ Padre Gaite o día venres 18/X de 17:00 a 20:30 e o sábado 19/X
de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas. Excepcionalmente
o día da proba de 08:30 horas a 10:00 horas, só para as persoas que
veñan de fora da comarca.
9. CAIXÓN PREFERENTE.
Haberá dúas zonas preferentes reservadas para todos os participantes:
- A primeira zona (dorsal de cor amarelo) será diante da saída, para os que
acrediten unha marca inferior a 1 hora, 20 minutos e 00 segundos (en
medio maratón) ou 36 minutos e 00 segundos (en 10km), e para as
mulleres que acrediten un tempo inferior a 1 hora, 42 minutos e 00
segundos (en medio maratón) ou 46 minutos e 30 segundos (en 10km).
- A segunda zona (dorsal de cor azul) será para os homes que acrediten unha
marca entre 1 hora, 20 minutos e 01 segundos (en medio maratón) ou 36
minutos e 01 segundos (en 10km) e 1 hora, 40 minutos e 00 segundos (en
medio maratón) ou 45 minutos e 00 segundos (en 10km), así como para
as mulleres que acrediten unha marca entre 1 hora, 42 minutos e 01
segundos (en medio maratón) ou 46 minutos e 31 segundos (en 10km) e
1 hora, 52 minutos (en medio maratón) ou 51 minutos e 00 segundos (en
10km).
Haberá que indicar o lugar e data de consecución. Dita marca tivo que ser
obtida nos últimos 24 meses nunha carreira de medio maratón ou 10km.
10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
Todos as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de “Seguro de
Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas
ambulancias e dous médicos para a atención.
11. PERCORRIDO.
Terá unha lonxitude de 21.097 metros homologado, nun circuíto urbano
pechado sobre asfalto ao que se lle dará dúas voltas. Cada quilómetro
sinalizarase visualmente, e o tempo máximo para percorrer a distancia será
de 2 horas e 25 minutos. A chegada será na pista de atletismo do Centro
Galego de Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.) de Pontevedra.
A SAÍDA será dende a ponte dos Tirantes (dirección Marín), de seguido Avda.
de Bos Aires, Avda. Uruguai, Corbaceiras (xiro de 180º, fronte a praza do
Gremio dos Mareantes), Corbaceiras, Avda. Uruguai, Avda. Bos Aires,
travesía Galera, rúa Arcebispo Malvar, Praza de España, Marqués de Riestra,
Praza San Xosé, rúa Augusto González Besada, praza de Galicia, Augusto
García Sánchez (polo carril de sentido contrario a circulación), rúa Xeneral
Rubín, paseo de Valle Inclán, Iglesias Vilarelle (accédese despois da
intersección coa rúa Taboada Nieto), Alcalde Hevia, San Pedro Alcántara,
Peregrina, Andrés Mellado, Andrés Muruáis, Peregrina, praza da Peregrina,
Odriozola, rúa dos Soportais, praza de Curros Enríquez, rúa Real, praza Celso
García de La Riega, Valentín García Escudero, Avda. Bos Aires, rúa Padre
Gaite, Padre Fernando Olmedo, Camiño Vello de Castela, atravesamos a rúa
Xosé Malvar pola zona Norte da rotonda, entramos no vial superior de
TAFISA, ata a Avda. de Bos Aires (incorpórase a mesma xirando a dereita),
xiro de 180º xusto antes da ponte vella do tren, Avda. de Bos Aires, rotonda
da ponte dos Tirantes (comeza a segunda volta). Despois do segundo xiro ao
circuíto, ao chegar a rotonda da ponte dos Tirantes, deixala a dereita para
entrar na rúa Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, acceso a pistas de
atletismo do CGTD, os atletas correrán pola rúa 1 da mesma, para dar case
unha volta completa e chegada a META.
12. AVITUALLAMENTO.
Cada 5 quilómetros disporase da auga necesaria.
13. DESCUALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización, están
facultados para retirar da carreira a calquera atleta que:
ü Manifeste un mal estado físico evidente.
ü Non realice o percorrido completo.
ü Non teña dorsal ou manipule a súa publicidade
ü Manifeste un comportamento non deportivo.
ü Se reitere en protestas ante a Organización.
ü Non cumpra o tempo máximo de remate de 2 h. 25´00” ou o paso polo
KM 10 nun tempo máximo de 1h10´00”.
14. CHIP.
Estableceranse controis de cronometraxe “alfombras” de Chips por todo o
percorrido co propósito de verificar que todos os/as atletas cobren a
totalidade do percorrido no mesmo sentido da carreira. Estes controis
rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais, polo que é obrigatorio
pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do
percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros na orde axeitada serán
descualificados.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non
devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda
dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de
trinta euros.
15. PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa
responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a
súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
16. OUTROS
Na liña de meta, os participantes terán un servizo de duchas, unha bolsa de
produtos alimenticios, bebidas, servizo de fisioterapia, servizo médico, etc.
17. RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao director de carreira, non
mais tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
18. PREMIOS.
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría individual
masculina e feminina; os tres primeiros “Equipos Mixtos 3” recibirán
medallas.
Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta e
local:
1º 2º 3º
ABSOLUTA Masculina
Feminina 300€ 200€ 100€
LOCAL Masculina
Feminina 100€ 50€ 25€
Será considerado deportista local calquera inscrito que estea nalgún dos
seguintes casos:
ü Nado en Pontevedra (segundo o seu DNI).
ü Empadroado/a en Pontevedra (segundo o DNI ou certificado de
empadroamento).
ü Pertenza a clubs federados de atletismo no Concello de Pontevedra.
Ningún deportista poderá acumular dous premios en metálico.
Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un
tempo igual ou inferior a 1h14´00” en homes e 1h30´00” en mulleres.
Requirirase o D.N.I. ou documento análogo, aos atletas premiados.
A clasificación dos “Equipos Mixtos 3” determinarase pola suma dos tempos
totais dos 3 membros do equipo que entren en liña de meta, en caso de que
algún deportista dese equipo non entre en liña de meta non optará ao premio.
19. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios do Medio Maratón Pontevedra 2019
efectuarase a partir das 13:30 horas na zona de meta (C.G.T.D. Pontevedra).
Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma,
podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que
renuncian ao premio material e económico.
Categoría Inscrición Importe Aluguer Chip
“Equipos Mixtos 3”
(Un home e unha muller
obrigatorios, e o 3º compoñente
a discreción do equipo)
Inscribirse individualmente a
través de
www.championchipnorte.com
e que ten que ser común nas
tres inscricións dos tres
compoñentes COAS MESMAS
LETRAS E ESPACIOS e sen
poder confundirse con outros
equipos
Reducida 15
€ ata 30 de
setembro
incluído.
Xeral 20 € do
1 ao 15 de
outubro.
1 € por deportista
(En caso de non
telo en
propiedade)
A non devolución
supón unha
penalización de 30
Absoluta (18 e sup.)
Inscribirse a través de
www.championchipnorte.com
Máster 1 (35-39 anos)
Máster 2 (40-44 anos)
Máster 3 (45-49 anos)
Máster 4 (50-54 anos)
Máster 5 (55-59 anos)
Máster 6 (60 e sup.)
Mais info: www.mmpontevedra.com ou www.sgpontevedra.com