Calendario
Info da proba

Marín

27/07/2019 22:00 - 23:30
Regulamento
Data: Sábado 27 de xullo de 2019
• REGULAMENTO XERAL
O Concello de Marín e Dsport Event AD organizarán o vindeiro Sábado 27 de
julio de 2019 , “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO
CONCELLO DE AMRÍN”.
• HORARIO E LUGAR DE SAÍDA
- A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda –
Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín.
- percorrido terá unha distancia de 10 Km totalmente planos, sen desniveis
considerables acumulados e homologado pola Real Federación Española de
Atletismo (R.F.E.A.).
▪ 21.00 Carreira biberóns (100 metros) (0-1-2 cumpridos no ano)
▪ A continuación, Carreira Pitufos - 200m aprox. (5-4-3 cumpridos no ano)
▪ A continuación, Carreira Prebenxamin - 300m aprox. (7-6 cumpridos no
ano)
▪ A continuación, Benxamín/Sub 10 - 500m aprox. (2010 - 2011)
▪ A continuación, Carreira Alevín/Sub 12 - 500m aprox. (2009 - 2008)
▪ A continuación, Carreira Infantil/Sub 14 - 1000m aprox. (2007 - 2006)
Circuíto homologado
▪ A continuación, Carreira Cadete/sub 16 - 1000m aprox. (2005 - 2004)
Circuíto homologado
▪ 22:00, Carreira Xuvenil /sub18 – 5.000 m aprox (2003-2002) una volta al
circuíto +100
▪ 22:00 Só carreira adultos, desde Junior/Sub 20 en adiante (2001 e
anteriores)
• CATEGORÍAS NA CARREIRA ADULTOS MASCULINAS E FEMININAS
- Sub 20 - 23: Nados desde 1997 ata o 2001
- Sénior: 1996 ata Máster
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba
- Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores
• CIRCUÍTO
- Saída na Alameda (Av. Ourense sentido Pontevedra->Marín-> Bueu) ata E. Naval:
entrada ata espigón-saída da E. Naval – Gasolinera – Mercado – Policía Nacional
e Correos – Gasolineira – “Farola” e Av. Ourense ata Concello – Cantodarea –
(Volta por Av. Marqués de Valterra) – Av. Ourense (sentido Pontevedra –> Marín)
– paso por “saída” na Alameda: 1 volta. Repetir unha 2ª volta e entrada a meta. A
Meta está sita na Alameda, pola parte superior: estrada PO-313.
• RECOLLIDA DE DORSAIS:
- o Sábado 27 de xullo de 2019, ata 45 minutos antes da saída de adultos na secretaría
de competición (Concello de Marín)
- Menores: o Sábado 27 de xullo de 2019, ata 45 minutos antes da saída de menores
na secretaría de competición (Concello de Marín) para os deportistas que se
inscribiron pola web
-
• CONTROL TECNICO DA CARREIRA
- A carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
• SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal- Cronotec. Haberá
puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non
cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser
descualificadas se así o decide o xuíz árbitro da proba, coa consecuente eliminación
dos resultados finais oficiais.
• INSCRICIÓNS E PRAZOS
- A proba absoluta ten un custe de 6 € a través de www.cronotec.es ata o 23 de xullo
ás 23:59h (tarifa reducida).
- Dende o 24 de xullo a o 25 de xullo 7 ás 22.00 h (peche definitivo).
- Todos os inscritos antes todos os participantes terán como obsequio bolsa técnica e
camiseta técnica de competición
- Menores: A inscrición Gratuíta . A matrícula da proba de menores pode realizarse
entre o 15 de xullo ata o 25 de xullo en www.cronotec.es e o 26 e 27 de xullo ou en
persoa no salón do Concello de Marín de 10 a 20 horas na entrada do concello.
- Aos inscritos pertencentes a clubs de atletismo de Marín será de balde por xentileza
do Concello Marín, tendo que facer a inscrición antes do 15 de xullo, a partir do 16
de xullo estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista.
• A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán
respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do
PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non
respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente
descualificado/a.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada quilómetro. O
control de chegada pechará 1h15’ despois sa saída xeneral da carreira
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes,
que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
• SERVIZOS
- Vestiarios e duchas: Vestiarios do Pavillón do Sequelo e plaza de España
- Os resultados serán expostos ó remate da proba, e na web www.cronotec.es
• ENTREGA DE PREMIOS
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na ALAMEDA.
- Recibirán trofeo conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e
femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” e “cadete - infantil”. Nas
carreiras “alevín – benxamín” e “prebenxamin- putufos e chupete” recibirán un
agasallo ao cruzar a liña de meta.
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín
• UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos
naturais, sen axudas externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo
á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se
permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr
acompañados destes en ningún momento
• .RECLAMACIÓNS
- Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na
zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados
oficiais.
• DESCUALIFICACIÓNS
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta
que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a
documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as
indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou
membros da organización debidamente identificados.
- Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor que non leve
visible o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non
complete o percorrido completo, ou incumpra calquera outra norma contemplada
nas Normas da FGA, RFEA ou IAAF.
- As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.
• RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a
proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que
cubrirá as incidencias inherentes á proba.
• LOPD
- Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante
a inscrición, o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan
utilizados polo DSport Event AD e o Concello de Marín para comunicacións sobre
as súas actividades e publicación de reportaxes sobre a proba.
• COMPROMISO
- A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
• CAMBIOS NO REGULAMENTO
- A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente
regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás
persoas participantes.
• CONSIDERACIÓN FINAL
- Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas
normas da FGA, RFEA e da IAAF.
- PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do 6071155726 ou no
correo-e addsporteventad@gmail.com
• Organiza:
- Dsport Event AD
- Concello de Marín
• Patrocinador. Institucional:
- Concello de Marín
• Organizador Técnico/carreira menores:
- San Miguel de Marín.