Calendario
Info da proba

A Estrada - Manuel Bergueiro

13/10/2019 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
1.- PARTICIPANTES:
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.
2.- CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
Establécense as clasificacións según as idades que se detallan a continuación:
PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2014 e posteriores.
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2012 e 2013.
BENXAMÍN/SUB 10: Atletas nados/as nos anos 2010 e 2011.
ALEVÍN/SUB 12: Atletas nados/as nos anos 2008 e 2009.
INFANTIL/SUB 14 Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
CADETE/SUB 16: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.
XUVENIL/SUB 18: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.
JUNIOR/SUB 20: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001.
PROMESA/SUB 23 Atletas nados/as nos anos 1997, 1998 e 1999.
SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1985 e 1996.
VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1975 e 1984.
VETERÁN/A B: Atletas nados/as entre 1965 e 1974
VETERÁN/A C: Atletas nados/as no ano 1964 e anteriores.
3.- PERCORRIDOS:
O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuito de 3.200 metros aproximadamente, que na
proba absoluta terá un total de 9.600 metros. O resto das probas faranse en dous circuitos de 800
metros e de 500 metros.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX
11:00 h CADETE
XUVENIL/JUNIOR
PROMESA
SENIOR e VETERÁN
3.200 m (1 volta ó circuito C)
6.400 m (2 voltas ó circuito C)
9.600 m (3 voltas ó circuito C).
12:20 h INFANTIL 1.600 m (2 voltas ó circuito B).
12:40 h ALEVÍN 800 m (1 volta circuito Ojo morado
12:50 h BENXAMÍN 500 m (1 volta circuito A)
13:00 h PREBENXAMIN 100 m
13:05 h PITUFOS 50 m
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS
Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración
dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido ademáis de
servicio de ambulancia. A praza do Concello será punto de saída e chegada de todas as probas.
4.- INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veterán) Ata o xoves día 10 de Outubro de 2019 as 23:59 horas na
web www. emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as
instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 10 de Outubro de 2019 as 23:59 horas
na web www. emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición
requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se aceptarán
inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no formulario de
inscrición online.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030
ou no correo deportes@aestrada.es
O PREZO da inscrición será o seguinte:
ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sen tódolos datos
obrigatorios solicitados no formulario de inscrición.
5.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba na Praza da Constitución, diante do Concello da Estrada, a partir das
9:00h.
CONTROL CON CHIP: As probas dende Xuvenil ata Máster C estarán controladas a través dun
CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse
na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA
PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS
CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO, habilitaranse caixas para
recollelos.
6.- DESCUALIFICACIONS:
Todo corredor/a que incumpra este regulamento poderá ser descualificado polos xuíces da FGA. As
reclamacións deberán ser dirixidas ao Xuíz Árbitro da proba nun tempo máximo de 30 minutos
dende a publicación dos resultados.
Todo o non disposto no presente regulamento resolverase, por esta orde, de acordo as normas da
FGA e RFEA.
7.- TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:
 CATEGORIA ABSOLUTA:
Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino DENDE
XUVENIL ata VETERÁN.
Trofeo e premio para ós 7 primeiros/as corredores/as en cruzar a linea de meta na
proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Proba Masculina Proba feminina
1º. Trofeo + 250€. 1º. Trofeo + 250€.
2º. Trofeo + 200€. 2º. Trofeo + 200€.
3º. Trofeo + 150€. 3º. Trofeo + 150€.
4º Trofeo + 125€. 4º. Trofeo + 125€.
5º. Trofeo + 100€. 5º. Trofeo + 100€.
6º. Trofeo + 75€. 6º. Trofeo + 75€.
7º. Trofeo + 50€. 7º. Trofeo + 50€.
 CATEGORÍAS ESCOLARES:
Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina dende
BENXAMÍN ata CADETES.
Medallas para todos os participantes da categoría PITUFOS e PREBENXAMIN (ata fin
de existencias).
- So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a
súa idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
- Os premios serán acumulativos.
- Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto
escolar como absoluto ata esgotar existencias.
8.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS.
A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non
exime do seu obrigado cumprimento.
Haberá habilitado vestiarios no pavillón municipal Coto Ferreiro. O horario de apertura será a
partir das 10:00 ata as 14:00 horas.