Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Ares
03/08/2019
11:00 - 12:30
Voltar
Regulamento
Regulamento Completo:
A proba denomínase XXVIII Milla Urbana Concello de Ares. E unha proba
oficial da FGA, con distancia non homologada.
Esta proba pertence ao Circuíto provincial de Carreiras Populares da
Deputación da Coruña.
Terá lugar o sábado 3 de agosto, dende as 11 horas no Paseo marítimo da vila
de Ares. O recorrido e totalmente cha e disponse ao longo do paseo marítimo
da vila nun circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse
cubrindo as distancias de cada unha das categorías que son as que seguen.
Haberá categorías tanto masculinas como femininas.
Ata prebenxamíns, incluídos entregarase unha medalla a cada participante e non
existirá clasificación oficial nesas probas correndo todos os participantes co
dorsal número 01.
Dende benxamíns ata veteráns 4, haberá pódium das probas, con entrega de
medallas aos/ás 1, 2, e 3 clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos
como en femininos.
Haberá trofeo ao gañador absoluto e á gañadora absoluta da proba, así como ao
corredor/a máis xove e ao/á máis veterá.
As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de
Atletismo, rematando o prazo ás 23.59 horas do mércores 31 de xullo. Os
dorsais poderán retirarse o venres 2 de agosto de 9 a 14 horas na Alianza
Aresana, ou o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba.
Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día.
As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo
particular, sin ser autorizadas polo organizador, non están amparadas polos
seguros da proba. A FGA non farase responsable dos danos que estas persoas
poidan causar ou causarse.
As reclamacións referentes aos resultados oficiais, deberán ser feitas
verbalmente ao xuíz árbitro, non máis de 30 minutos despois de comunicarse
oficialmente os resultados.
Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais, competir co dorsal ou chip de outras persoas.
Os atletas con licenza pola FGA, deberán competir ca camiseta oficial do seu
Club.
Os atletas con licenza federativa, terán que aterse ao Regulamento de Disciplina
Deportiva vixente.
SERVIZOS: persoal sanitario, ambulancia, zona hidratación. A proba conta
cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para
os participantes.
No restante seguirase a normativa de aplicación no VII Circuíto de Carreiras
Populares da Deputación da Coruña, tanto no tocante ao réxime disciplinario
como a o de premios.
Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamento por instancias superiores.
CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
(METROS)
HORARIO
ESTIMADO
Prebiberóns 2016 50 ( liña recta ata a
meta)
11.05
Biberóns 2014-15 100 ( liña recta ata a
meta)
11.07
Prebenxamíns 2012-13 250 ( xiro 125m) 11.10
Benxamíns/ sub10 2010-11 500 ( xiro 250m) 11.20
Alevíns/ sub12 2008-09 800 ( xiro 400m) 11.30
Infantís/sub14 2006-07 1000 ( xiro 500m) 11.40
Cadetes/sub16 2004-05 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuvenís/sub18 2002-03 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuniors/sub20 2000-01 1600 ( xiro 800m) 12.00
Promesa/sub23 1997-99 1600 ( xiro 800m) 12.00
Seniors 1985-1996 1600 ( xiro 800m) 12.00
Máster 1 1979-1984 1600 ( xiro 800m) 12.00
Máster 2 1970-1978 1600 ( xiro 800m) 12.10
Máster 3 1969-1960 1600 ( xiro 800m) 12.10
Máster 4 1959 e anteriores 1600 ( xiro 800m) 12.10
Voltar