Calendario
Info da proba

Silleda - Trail do Románico

21/07/2019 10:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1
Qualité Sport e Hotel Nós, en colaboración co Concello de Silleda, organiza o próximo 21 de xullo o Trail
do Románico
Artigo 2
Percorrido de 15.000 metros, rompepernas e combinando asfalto e camiños rurais, pasando por
diferentes zonas espectaculares como a Fervenza do Toxa ou o Monasterio de Carboeiro. A saída e
chegada será na igrexa de Breixa, no término do concello de Silleda as 10:00 horas.
Haberá tamen unha Andaina de 8000 metros con saida e chegada no mesmo lugar (igrexa de Breixa) as
9:30 h (prezo da inscrición de 5€).
Artigo 3
-Poden participar todas as persoas que o desexen sen distinción de nacionalidade ou sexo, a condición
de que se inscribiron correctamente.
-A idade mínima de participación será de 16 anos e cada participante toma parte na carreira baixo a súa
responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde suficiente para afrontala.
-A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Así mesmo,
todos os participantes dispoñerán dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da
carreira, contratado pola organización.
Artigo 4
A saída da carreira será conxunta, homes e mulleres comezando ás 10:00 h do domingo 21 de xullo de
2019 diante da igrexa de Breixa.
A entrega de dorsais e chips farase o sábado 20 de 18:00 a 21:00 horas no Hotel Nos de Silleda e o
domingo de 9:00 a 9:50 horas no punto da saída. Para recoller o dorsal-chip doutro corredor é necesario
presentar fotocopia do seu DNI ou documento acreditativo (carné de conducir, pasaporte) ou
xustificante da inscrición.
Ao finalizar a carreira, haberá que mostrar o dorsal para recoller a bolsa de corredor da proba, asi como
devolver o chip de championchipnorte aqueles participantes que non sexan propietarios do mesmo.
Artigo 5
Termos e prezos das inscricións:
-Establécese un MAXIMO de 300 participantes e o prezo de cada inscrición será de:
10 euros dende o 22 de maio ao 15 de xuño
12 euros 16 de xuño ao 14 de xullo
14 euros dende o 15 de xullo ao 17 de xullo.
-Máis un euro en calquera dos casos aos non propietarios do chip de championchipnorte.
-En ningún caso devolverase o importe da inscrición e NON se aceptarán inscricións o día da carreira.
De forma presencial, de poderá inscribirse no ECOHOTEL NOS, Lugar de Río Calvo s/n, Silleda.
Artigo 6
O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta ben visible. En ningún caso permitirase
correr sen dorsal e haberá avituallamiento líquido no km 6 aproximadamente e outro especial ao
finalizar a carreira (empanada, tortilla, froita, etc)
Artigo 7
Para a proba establécense as seguintes categorías:
-Categoría Absoluta, masculina e feminina
-Senior Masc. e Fem. De 16 a 35 anos.
-Veteranos A De 36 e 45 anos.
-Veteranos B de 46 a 55
-Veteranos C +55
-Os premios NON serán acumulables
Artigo 8
Servizo Gardarroupa. Teremos este servizo na saída, entregando todas as pertenzas a cada atleta ao
finalizar a proba. A organización NON se fai responsable de calquera rotura, perda ou dano dos artigos
deixados neste servizo.
Artigo 9
Os servizos sanitarios e as ambulancias, coordinados polo equipo médico, estarán situados na zona de
Saída/Meta e pechando a carreira xunto co coche escoba. Calquera corredor con problemas médicos
(alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar á organización a través da súa páxina web ou no
momento de facer a inscrición.
Artigo 10
-Toda persoa que corra sen estar inscrita ó sen mostrar visible o dorsal no peito, farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de avituallamientos, trofeos nin obsequios. Así mesmo, non
estará amparada pola Póliza de seguro contratada e quedará terminantemente prohibida a súa entrada
en liña de meta.
-NON se permite a participación na proba de persoas con patíns, bicicletas ou outros modos de
locomoción. Tampouco acompañados por mascotas.
-O feito de inscribirse implica a aceptación deste regulamento e o compromiso de NON adiantarse na
saída, realizar o percorrido completo e respectar tanto ao resto dos participantes como ao persoal
auxiliar da mesma.
-Artigo 11
-Ao inscribirse no Trail do Románico 2019, os participantes dan o seu consentimento e de acordo aos
intereses deportivos, de promoción, distribución e explotación para todo o mundo (reprodución de
imaxes e fotografías da proba, publicación de listaxes clasificatorias, etc.) mediante calquera dispositivo
(Internet, publicidade, etc.) e sen límite temporal, os inscritos ceden de maneira expresa á organización
o dereito para reproducir o nome e apelidos, o posto obtido na clasificación xeral e a propia do
participante, a categoría, a marca deportiva realizada e a súa imaxe.
-A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, debendo comunicalo na web e na información do corredor
Artigo 12
A organización resérvase o dereito, se fose necesario, de modificar o devandito regulamento antes do
dia da proba