Calendario
Info da proba

Vilatuxe

09/06/2019 9:00
Regulamento INSCRICIÓNS: Será a través da páxina championchipnorte.com, no seguinte enlace
https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1793/vii-trail-de-vilatuxe-2019
Haberá dous prazos de inscrición con un desconto para os federados.
a) Primeiro prazo do 9 de abril ó 1 de maio: Para este período os prezos serán os seguintes:
Non federados Federados
1º Trail longo............................... 20 €................................17 €
2º Trail curto............................... 15 €................................12 €
3º Andaina.................................. 10 €................................ 7 €
Ojo morado Segundo prazo do 2 de maio a o 5 xuño: Para este período os prezos serán os seguintes:
Non federados Federados
1º Trail longo.............................. 25 €................................22 €
2º Trail curto............................... 20 €................................17 €
3º Andaina.................................. 15 €................................12 €
c) Os federados deberán presentar a ficha na recollida do dorsal.
d) Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, xantar e cantos obsequios ou regalos consiga a organización. Unha vez abonada a inscrición non se devolverá o importe da mesma nin haberá posibilidade de anulación.
e) Na plataforma de inscrición poderanse comprar bonos do xantar para os acompañantes por un prezo de 5 €.
f) No caso dos participantes no Pequetrail a inscrición será gratuíta e farase o mesmo día da carreira entre as 9:30 e as 10:30 no local de entrega de dorsáis