Calendario
Info da proba

Santiago

08/06/2019 18:00 - 19:30
Regulamento IV MILLA POPULAR DIA DO DEPORTE SOLIDARIO
Con motivo da celebración do V Día do Deporte Solidario, o Centro Comercial Area
Central organizará, dentro da súa programación do día, a IV edición da Milla Popular
Solidaria o sábado 8 de xuño de 2019, proba aberta a atletas federados e non
federados.
Toda a recadación irá destinada a CRUZ VERMELLA, organización que traballa en Galicia
desde 1870, adaptándose ás necesidades das persoas máis vulnerables da comunidade
e implicando á cidadanía nas urxencias nacionais e internacionais e nas necesidades da
poboación en todos os lugares do mundo.
As probas levaranse desde a Praza de Europa en Área Central a partir das 18:00 horas e
estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de
Atletismo. As mesmas rexiránse polo seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación
conxunta. O control das probas estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
✓ BIBERÓN/FAMILIAR: atletas en 2014 e posteriores e pais/nais (non competitiva)
✓ PREBENXAMÍN: atletas nados/as en 2012 e 2013
✓ SUB 10: atletas nados/as en 2010 e 2011
✓ SUB 12: atletas nados/as en 2008 e 2009
✓ SUB 14: atletas nados/as nos anos 2006 e 2007
✓ SUB 16: atletas nados/as nos anos 2004 e 2005
✓ SUB 18: atletas nados/as nos anos 2002 e 2003
✓ SUB 20: atletas nados/as nos anos 2000 e 2001
✓ SUB 23/SENIOR: atletas nados/as en 1999 ata Máster
✓ MASTER 1 MASC/FMNO: atletas de 35 a 45 anos cumpridos o día da proba
✓ MASTER 2 MASC/FMNO: atletas de 46 anos cumpridos o día da proba en adiante
3. HORARIOS:
HORA CATEGORIA DISTANCIA
18.00 h Carreira Biberón e pais–nenos 200 m aprox.
18:15 h Carreira Prebenxamín 400 m aprox.
18.30 h Carreira Sub 10 – Sub 12 mixta 1000 m aprox.
18.45 h Milla Sub 14 – Sub 16 mixta 1609,30 m aprox.
19.00 h Milla Sub 18 – Sub 20 mixta 1609,30 m aprox.
19.15 h Milla Sub 23- Senior mixta 1609,30 m aprox.
19.30 h Milla Máster mixta 1609,30 m aprox.
ENTREGA DE PREMIOS AO FINALIZAR AS PROBAS
4. INSCRICIÓNS
Realizaranse ONLINE a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o xoves 6 de
xuño ás 23.59 horas (máis información en http://areacentral.es/ e atletismo.gal ) .
PRESENCIALMENTE poderanse realizar no stand de consigna ubicado en Área Central nos
mesmos prazos, sempre en cando se respecte o horario de apertura de dito stand.
Os dorsais recolleranse a partir das 15.00 horas e ata media hora antes do inicio das
probas tamén no stand de consigna ubicado de Área Central.
Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os
datos obrigatorios.
> O prezo da inscrición será o seguinte:
* 2 € en concepto de organización só para as millas sub 20 e superiores.
* DONACIÓN SOLIDARIA NA RECOLLIDA DO DORSAL DE TODAS AS CATEGORÍAS
como mínimo de 2 €
5. PREMIOS E AGASALLOS
Haberá premios para:
* Os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada milla (agás na proba de
biberóns país - nais) recibirán na entrega final de premios do día do Deporte
Solidario unha medalla e un diploma “SOLIDARIO”, acto que se fará conxuntamente
con outros regalos do Día do Deporte Solidario.
* Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría (excepto biberóns) recibirán un
vale de desconto en material deportivo do seguinte xeito:
1º Clasificada/o – Vale dun 50% de descontó en material deportivo;
2º Clasificada/o – Vale dun 40% de descontó en material deportivo;
3º Clasificada/o – Vale dun 30% de descontó en material deportivo;
* TODOS OS ATLETAS QUE LOGREN REMATAR A SÚA PROBA RECIBIRÁN UN VALE DE
DESCONTO DUN 20% EN MATERIAL DEPORTIVO EN CALQUERA TENDA DE CENTRO
DEPORTIVO SANTIAGO.
Asi mesmo, e unha vez rematada a proba, todo aquel que o requira, realizaraselle un
diploma solidario co tempo empregado na súa proba. Terá que solicitalo no em@il
marketing@areacentral.es
6. Responsabilidade e reclamacións.
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais que a sí mismo ou a outras
persoas ocasionen os participantes desta proba.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro da proba (o que designe o
comité galego de xuices da Federación Galega de Atletismo) non máis tarde de 30 minutos
despois da publicación dos resultados.
A organización reservase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias o
requiren (informando previamente)
Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo a normativa en vigor da
RFEA e FGA para probas en ruta da tempada 2018/2019.
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGLAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
participar na proba, aceptan esta normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación
non prevista nela, resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e
as regras da FGA, RFEA e IAAF en vigor.