Calendario
Info da proba

O Burgo

19/05/2019 11:00 - 13:00
Regulamento 1.-O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a
Deputación da Coruña, a VIII Carreira pola Ría do Burgo, prevista para o domingo 19 de maio, e
que chega á súa oitava edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido dende o ano 2012
por iniciativa da Asociación Castelo Deporte. A proba forma parte do VI Circuíto Provincial de
Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
2.-DENOMINACIÓN. A proba recibe a seguinte denominación: “VIII Carreira pola ría do Burgo”.
3.-DATA E LUGAR. A proba celebrarase o domingo 19 de maio no paseo marítimo da ría do
Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ó pé da ría,
na zona das pistas polideportivas
4.-CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS: Establécense as seguintes categorías, en función da
data de nacemento dos participantes, coas súas correspondentes distancias (existen ata cinco
percorridos diferentes):
CATEGORÍA NADOS/AS DISTANCIAS
aproximadas HORA
MENORES SEN
CLASIFICACION
Pequerrecho 2014 -2015 80 m 12:55
Prebenxamín 2012 -2013 150 m 12:45
MENORES
SUB 10 2010-2011
1000 m 12:35
SUB 12 2008-2009
SUB 14 2006-2007
SUB 16 2004-2005 2000 m 12:20
SUB 18 2002-2003
ABSOLUTA
SUB 20 1998-2001
10000 m 11:00
SUB 23 1997-1998-1999
Senior 1996 a 1985
Máster 1 1984-1979
Máster 2 1978-1970
Máster 3 1969-1960
Máster 4 1959 e anos anteriores
VIII CARREIRA POLA RIA DO BURGO
19 de MAIO DE 2019
5.-INSCRICIÓNS: Permanecerán abertas desde o venres 26 de abril ás 00:00 horas ata as
23:59 do martes 14 de maio na web www.carreirasgalegas.com; o prezo da mesma será de 5
euros na carreira de 10 km e de balde no resto de carreiras, que en todo caso se aboará no
momento da inscrición. O número máximo de participantes será de 999.
6.-PREMIOS: Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e
feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías
pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.
7.-DORSAIS E CRONOMETRAXE: A proba estará cronometrada pola Federación Galega de
Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adheridos ó dorsal e poderán recollerse entre o
sábado 18 de maio de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas no Xardín Botánico do
paseo marítimo, ou ben na zona de saída e meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día
da carreira. Cronometraranse electronicamente todas as categorías agás a de pequerrechos
e prebenxamín.
8.-AVITUALLAMENTO: Será na zona de meta para todas as categorías. Nos 10 km haberá
tamén outro a metade de percorrido. Rogase os corredores teñan en conta o entorno e
intenten deixar o liso nos contenedores ou preto de eles.
9.-OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN. Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha
camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.
10.-SERVIZOS. Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na
zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da
proba. Non haberá servizo de vestiarios e duchas.
11.-RECLAMACIÓNS. As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente
ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de trinta minutos despois da publicación dos
mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
Regulamento da F.G.A., e R.F.E.A. en vigor.
12.-MÁIS INFORMACIÓN na web www.carreirasgalegas.com
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
VIII CARREIRA POLA RIA DO BURGO
19 de MAIO DE 2019
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde
o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente
expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de
ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña