Calendario
Info da proba

Salceda de Caselas

05/05/2019 10:30 - 12:00
Regulamento REGULAMENTO “VII EDICIÓN CORREXSALCEDA”

A VII edición de correXsalceda, organizada polo Concello de Salceda de Caselas, celebrarase o domingo día 5 de Maio de 2019.

Carreira con póliza de responsabilidade civil número 36260062, e seguro de accidentes colectivos número ----- para tódolos/as participantes debidamente inscritos na proba.

CARREIRA PUNTUABLE (RUTA), PARA O CIRCUÍTO GALEGO DE CARREIRAS POPULARES (COEFICIENTE 1,50) CIRCUÍTO 2018-2019.
Máis info en: www.correrengalicia.org

Regulamento xeral
1.- A saída da Carreira Absoluta darase na Praza do Concello ás 10:30 horas, quedando a liña de meta situada no mesmo punto.
O tempo máximo de duración da proba 10.000 metros será de 1 hora 30 min e a de 5.000 metros será de 50 min.

2.- O percorridos serán de 10.000 metros (carreira oficial) e de 5.000 metros (carreira alternativa) e discorrerán polos seguintes circuítos (enlace a circuítos)

3.- Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. Existirá 1 posto de avituallamento líquido, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta.

4.- O prazo de inscrición bonificado finalizará o Mércores día 17 de Abril as 22:00 h, do día 18 de Abril ao 1 de Maio (ambos incluídos)o prezo incrementarase en 2 €.
CATEGORÍAS ESCOLARES/MENORES (ANO 2004 A 2012): INSCRICIÓN, 1 KILO DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, A ENTREGAR NA RETIRADA DO DORSAL (cereais, crema de cacao, chocolate, azúcre, cacao, café. En ningún caso facer aporte de pasta e arroz)

CATEGORÍA PITUFOS/PITUFAS (2013 A 2017): INSCRICIÓN, 1 KILO DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, A ENTREGAR NA RETIRADA DO DORSAL (cereais, crema de cacao, chocolate, azúcre, cacao, café. En ningún caso facer aporte de pasta e arroz)


Inscrición BONIFICADA ata o 17 de Abril
CARREIRA ABSOLUTA (ANO 2003 E ANTERIORES):
5 € INSCRICIÓN. Ata o 17 de Abril

Inscricións do 18 de abril ata o 1 de maio
7 € INSCRICIÓN. (ambos incluídos)

As persoas que se inscriban pola Web, non quedarán correctamente inscritas si non finalizan o proceso de pago.
As inscricións realizaranse a través da páxina web https://championchipnorte.com/ facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web. A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor/a ou en quen delegue. As persoas que se inscriban, non quedarán correctamente inscritas se non finalizan o proceso de pago.
5.- Recollida de chips e dorsáis;
• VENRES 3 DE MAIO NA TENDA DECATHLON VIGO DE 00:00 A 00:00

• SÁBADO día 4 de Maio 10:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda.

• Tamén se poderán recoller o domingo día 5 de Maio nun lugar habilitado na Praza do Concello de Salceda de Caselas, ata 30 minutos antes do comezo de cada carreira.

6.- O chip entregado a cada participante vai colocado nos cordóns das zapatillas, e deberá ser devolto trala súa participación, haberá un contenedor habilitado na zona de avituallamento. Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

7.- Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

As categorías corresponden aos nados e nadas nos anos indicados:
CATEGORÍAS HOMES E MULLERES

PROBA DE 10.000 METROS
Xuvenil 2000-2001-2002-2003 (10.000 metros)
Sénior 1999 ata veteranos/as (10.000 metros)
Veteranos/as A 36 – 45 (10.000 metros)
Veteranos/as B 46 – 55 (10.000 metros)
Veteranos/as C 56 - 65 (10.000 metros)
Veteranos/as D +66 (10.000 metros)

PROBA DE 5.000 METROS
Absoluta nados/as en 2003 e anteriores (5.000 metros)

8.- Premios:
Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as (absolutos 10.000 metros) e (salcedenses/as 10.000 metros);

Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as (absolutos 5.000 metros) e (salcedenses/as 5.000 metros);

Trofeos para os primeiros clasificados/as de cada categoría en 10.000 metros.

Clasificación (absoluta 10.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
3º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
Clasificación (salcedendes/as 10.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)
Clasificación categoría Xuvenil (10.000 metros)
1º clasificado/a: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Sénior (10.000 metros)
1º clasificado/a: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Veteranos/as A (10.000 metros)
1º clasificado/a: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Veteranos/as B (10.000 metros)
1º clasificado/a: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Veteranos/as C (10.000 metros)
1º clasificado/a: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Veteranos D (10.000 metros)
1º clasificado/a: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo

Clasificación (absoluta 5.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
3º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
Clasificación (salcedendes 5.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)

Os premios non son acumulables.
Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

Para optar aos premios de Salcedenses/as, os/as atletas serán nados/as ou empadroados/as no Concello de Salceda de Caselas.
Os premios non son acumulables.

9.- A entrega de trofeos da categoría absoluta (10k e 5k) terá lugar ao remate das carreiras, na Praza do Concello de Salceda de Caselas.

10.- Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

11.- Os/as participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 10 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, as indicacións da organización.

12.- Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda, agás para as persoas con mobilidade reducida na carreira de menores/escolares.

13.- O percorrido estará sinalizado en cada quilómetro.

14.- O control das inscricións, dorsáis, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

15.- Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.

16.- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

17.- Dado o carácter deportivo e Popular non se admitirán reclamacións. A organización reservase o dereito a modificar este regulamento si as circunstancias así o aconsellan (informando oportunamente), sendo as súas decisións,inapelables.

18.- Todos/as os/as participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización. No caso de dúbida ou de surtir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o Comité Organizador.

19.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá optar aos trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

20.- Calquera corredor/ra con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) debera facelo constar no reverso de dorsal da proba.

21.- Outros servizos a disposición dos participantes:
1. Duchas: no Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda de Caselas
2. Avituallamento: Habilitado nunha zona concreta ao pasar a meta.
3. Entrega de Premios: A partir das 13:30 horas na Praza do Concello de Salceda de Caselas.
Regulamento escolares/menores (CIRCUÍTOS ACCESIBLES)

1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados en 2004 e seguintes.

2.- A inscrición farase de xeito individual en https://championchipnorte.com/

3- As probas darán comezo ás 12:15 horas, con saída e meta na Praza do Concello.

4.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:

Categoría A: Nados/as en 2004, 2005 e 2006 (2.500 metros)
Categoría B: Nados/as en 2007, 2008 e 2009 (1.000 metros)
Categoría C: Nados/as en 2010, 2011 e 2012 (500 metros)
Pitufos A: Nados/as en 2013,2014 e 2015 (150 metros)
Pitufos B: Nados/as en 2016 e 2017 (100 metros)

5.- Estableceranse clasificacións individuais.
- Clasificación individual. Trofeo aos primeiros/as atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina, medallas aos segundos/as e terceiros/as por categoría e sexo.

Clasificación (Categoría A 2.500 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)
Clasificación (Categoría B 1.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)

Clasificación (Categoría C 500 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)

Clasificación (Categoría Pitufos A e Pitufos Ojo morado
Medallas para tódolos/as participantes nas categorías PITUFOS A (150 metros) e PITUFOS B (100 metros)

-Camisetas para tódolos/as participantes da categoría escolares/menores, a recoller o domingo día 5 de Maio antes ou despois da carreira e ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

6.- No momento de retirar os dorsais, necesariamente un/unha adulto/a, recibirá as indicacións precisas para o mellor desenvolvemento da proba.

7.- A proba pedestre para menores, salvo no especificado neste regulamento, rexerase polo regulamento xeral da “VII edición de correXsalceda”.

8.- Os/as adultos/as que acompañen ós/ás nenos/as e nenas no percorrido escolar non entrarán na c