Calendario
Info da proba

As Pontes

17/03/2019 11:00 - 12:00
Regulamento XXIX CARREIRA PEDESTRE DE SAN
XOSÉ, As Pontes 2019 – IV CORRE POR
ELAS
Data: Domingo 17 de Marzo de 2019
Hora: 11:00 h
Lugar: Lugar: Rúa Juan Antonio Suanzes (Diante da Xefatura de Policía)
Distancia: A carreira absoluta realizarase nun circuíto homologado de 5km
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo
Organiza: Concello das Pontes
Inscricións: En www.carreirasgalegas.com ata o Mércores o 13 de Marzo ás
23:59.
Prezo da inscrición: 3 €. Solidaria.
Recadación íntegra para a Asociación “AGAMME“ de Ferrol. Só se cobrará na
categoría absoluta (maiores de idade), tanto na Carreira coma na Andaina.
Na categoría Absoluta, teremos as modalidades de Carreira (5Km) ou Andaina
(4000 m aprox ).
*Recollida de dorsais, o mesmo día da proba ata media hora antes do comezo
de cada proba, así mesmo tamén se poderán recoller o sábado 17 de Marzo nas
oficinas do pavillón municipal de As Pontes, en horario de 16:00 a 20:00.
REGULAMENTO CATEGORÍA ABSOLUTA
1. A saída absoluta terá lugar na Rúa Juan Antonio Suanzes (Diante da
Xefautura de Policiía).
2. Os participantes deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do
comezo da proba.
3. O recorrido será dunha distancia de 5km (distancia homologada)
4. Haberá clasificación e Premios por categorías.
5. Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante
o uso dalgún vehículo de apoio, excepto os indicados pola organización do
evento. O incumprimento desta norma implicaría a descualificación dos atletas
acompañados.
6. Ao longo do percorrido a organización establecerá controis para regular a
axeitada participación dos atletas.
7. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu correspondente dorsal será
descualificado.
8. O control de Chegada, pecharase 30 minutos despois de que chegue o
Primeiro/a Clasificado/a.
9. A inscrición realizarase na páxina da Federación Galega de Atletismo:
www.carreirasgalegas.com.
10. Calquer tipo de reclamación deberá de ser realizada inmediatamente ao
remate da proba, para non entorpecer o desenvolvemento da mesma. Será
necesario xustificar documentalmente a Idade e a condición de atleta pontés
para poder aceder aos premios.
11. Os resultados, serán publicados a continuación da celebración de cada
carreira de cada categoría.
12. Percorrido: Novo percorrido urbano de 5 km HOMOLOGADO POLA RFEA.
13. Establécense as seguintes categorías:
HOMES E MULLERES:
- Sub 18 (Xuvenil) nados nos anos 2002/2003
- Sub 20 (Junior) nados nos anos 2000/2001
- Sénior nados entre o ano 1999 ata os 34 anos
- Máster: Dende os 35 anos cumpridos o día da proba.
14. Establécense os seguintes premios para cada categoría, tanto para
categoría masculina como feminina:
Categoría Sub 18 (Xuvenil):
1º Clasificado e clasificada: TROFEO
2º Clasificado e clasificada: TROFEO
3º Clasificado e clasificada: TROFEO
Categoría Sub 20 (Junior):
1º Clasificado e clasificada: TROFEO
2º Clasificado e clasificada: TROFEO
3º Clasificado e clasificada: TROFEO
Categoría Absoluta:
1º Clasificado e clasificada: CESTA DE FROITA
2º Clasificado e clasificada: CESTA DE FROITA
3º Clasificado e clasificada: CESTA DE FROITA
Categoría Máster:
1º Clasificado e clasificada: TROFEO
2º Clasificado e clasificada: TROFEO
3º Clasificado e clasificada: TROFEO
TROFEO ao primeiro pontés e á primeira pontesa clasificados da Categoría
Absoluta (Será acumulable en caso de quedar entre os 3 primeiros
clasificados)
PREMIO ESPECIAL aos atletas que cheguen no posto 29º da clasificación
masculina e da feminina.
15. Haberá servizo de duchas na Piscina municipal de As Pontes.
REGULAMENTO CATEGORÍA ESCOLAR
1. Establécense as seguintes categorías e distancias :
12:05h PITUFOS (M. e F.): anos 2015-19. RECTA 75 m.
12:05h PREBENXAMÍN (M. e F.): anos 2012-14. RECTA DE 75 m
12:00h Sub 10 (M. e F.): anos 2010-11. (1 volta Circuíto A)
11:55h Sub 12 (Masc e Fem): anos 2008-09. (2 volta Circuíto A)
11:45h Sub 14 (Masc e Fem): anos 2006-07. (3 volta Circuíto A)
11:35h Sub 16 (Masc e Fem): anos 2004-05. (4 voltas Circuíto A)
2. Concederanse os seguintes premios:
*Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías,
excepto nas categorías Pitufos e Prebenxamín, que levarán todos unha
medalla personalizada.
3. As inscripcións escolares, deberase facer na páxina web de Carreiras
Galegas: www.carreirasgalegas.com
4. A saída das probas terá lugar a partir das 11:00 horas (a continuación, e
unha vez rematada, a Carreira Absoluta).
5. Non se admitirán inscripcións unha vez pechado o prazo na web, nin
o mesmo día da proba.
A continuación da finalización da carreira absoluta, procederase á entrega de
premios.
REGULAMENTO IV CORRE POR ELAS.
Celebrase a Carreira e Andaina Corre por Elas o día 17 de Marzo, xunto coa XXIX
Carreira pedestre de San Xosé.
Poderá participar calquer persoa, e de calquer idade, dende os 0 anos.
Poderase facer a inscrición na páxina www.carreirasgalegas.com ata o Mércores día
13 de Marzo, ata ás 23:59.
Inscrición Solidaria: 3 € doados íntegramente á Asociación.
Habilitaranse uns DORSAIS SOLIDARIOS, para todos aqueles que non
teñan a oportunidade de poder estar con nós o día 17 de Marzo, podendo colaborar
coa Asociación, inscribíndose na páxina da Federación Galega de Atletismo:
www.carreirasgalegas.com ou en Opticalia Callao As PONTES (SÓ PARA O
DORSAL SOLIDARIO, EN NINGÚN CASO SE ADMITIRÁ INSCRICIÓNS PARA A
ANDAINA), ata o día 16 de Marzo (en horario de 10:00 a 13:30 e 16:30 a 20:00).
Deberase indicar se participa na Carreira ou na Andaina.
Datos necesarios para inscribirse:
Nome e Apelidos
Idade
DNI
Nome Entidade (en caso de participar como entidade)
Teléfono e email
En caso de que se apunte como grupo, no momento da inscripción, indicar todos
o mesmo nome, para a clasificación por entidades.
Entregarase un premio especial á ASOCIACIÓN/ENTIDADE más numerosa.
A saída da Andaina, realizarase a continuación da saída da carreira da categoría
absoluta.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a
criterio do xuiz árbitro da competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo
máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar
ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados
para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante
o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese
derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de
xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o
Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de
accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking
popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos,
o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación
e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo.
Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.