Calendario
Info da proba

Xalo

05/05/2019 9:15 - 13:00
Regulamento X TRAVESÍA DO XALO
REGULAMENTO
1 / A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Travesía
do Xalo, que chega á súa décima edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido desde o
ano 2010.
2 / DATA E LUGAR
A proba celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio de 2019 no Monte Xalo, tendo a súa
saída e a súa chegada nos lugares de Folgueira (parroquia de Castelo) e Celas de Peiro
(parroquia de Celas de Peiro), no termo municipal de Culleredo.
3 / DEFINICIÓN
Trátase dun evento deportivo composto por diferentes probas:
- Sábado 4 de maio Cronoescalada de 3 km. (1,12 km. de subida cronometrada)
- Domingo 5 de maio Carreiras de 19 e 10 km.
Andaina de 10 km.
Carreiras infantiles de 2 km, 1 km, 250 m. e 80 m.
4 / RESPONSABILIDADE COA NATUREZA
A Travesía do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do
monte, a súa flora e a súa fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar
os contenedores de lixo dispoñibles. A organización empregará, sempre que sexa posible,
material reutilizable e reciclable. Os elementos de marcaxe do percorrido recolleranse nas
horas posteriores á proba, cando tamén se
5 / CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías, en función da data de nacemento dos participantes,
coas súas correspondentes distancias (existen ata seis percorridos diferentes):
Pequerrechos Só nados logo do 01/01/2014 80 m.
Prebenxamín Só nados entre o 01/01/2012 e o 31/12/2013 250 m.
Benxamín Só nados entre o 01/01/2010 e o 31/12/2011 1 km.
Alevín Só nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2009 1 km.
Infantil Só nados entre o 01/01/2006 e o 31/12/2007 2 km
Cadete Só nados entre o 01/01/2004 e o 31/12/2005 2 km
Xuvenil Só nados entre o 01/01/2002 e o 31/12/2003 2 km
Junior Nados entre o 05/05/2001 e o 31/12/2001 2 km.
Absoluta 10 km. Nados antes do 5 de maio de 2001 10 km.
Absoluta 19 km. Nados antes do 5 de maio de 2001 19 km.
Cronoescalada Nados antes do 5 de maio de 2001 3 km.
A andaina (non competitiva nin cronometrada) constará dunha categoría única.
6 / HORARIOS
A Travesía do Xalo consta de seis distancias, a percorrer polos participantes en diferentes
momentos da mañá do domingo 5 de maio, segundo o seguinte horario:
Carreira de 19 km. 9.15 horas
Carreira de 10 km. 9.30 horas
Andaina de 10 km. 9.45 horas
Carreira de 2 km. 13.00 horas
Carreira de 1 km. 13.15 horas
Carreira de 800 m. 13.30 horas
Carreira de 250 m. 13.45 horas
A cronoescalada terá lugar na mañá do sábado 4 de maio, con saída ás 10.30 horas.
7 / INSCRICIÓNS E PREZOS
Permanecerán abertas ata o martes 30 de abril de 2019 ás 23.59 horas en www.emesports.es,
cos seguintes prezos (os pagamentos realizaranse no momento da inscrición):
2 de 5
- Andaina e carreiras de 19 km. e 10 km. 18,00 € (22 € a partir do 1 de abril)
- Cronoescalada 10,00 € (12 € a partir do 1 de abril)
- Carreiras infantiles 3,00 € (5 € a partir do 1 de abril)
- Combo cronoescalada + carreira ou andaina 25,00 € (28,00 € a partir do 1 de abril)
Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta da pasada edición non pagarán inscrición.
8 / LÍMITE DE PARTICIPACIÓN
Disporanse un total de 300 prazas para a carreira de 19 km., de 200 prazas para a carreira de 10
km., e de 350 prazas para a andaina.
9 / PREMIOS
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina das
carreiras, así como ao primeiro clasificado (masculino e feminino) da cronoescalada.
10 / DORSAIS E CRONOMETRAXE
A proba estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe
entregaranse aos participantes xunto co dorsal, e se poderán recoller o sábado entre as 9.30 e
as 10.15 na pista polideportiva de Celas de Peiro, e o domingo entre as 8.00 e as 9.00 horas na
polideportiva de Castelo. Cronometraranse electrónicamente as carreiras de 10 km. e 19 km.
11 / AVITUALLAMENTOS E SINALIZACIÓN
Para a carreira de 19 km. situaranse tres avituallamentos líquidos, un deles tamén sólido. Na
andaina e na carreira de 10 km. haberá un avituallamento sólido e líquido.
O percorrido estará sinalizado con cinta de balizaxe.
12 / HORARIOS DE DESCALIFICACIÓN
A organización establece horarios de descalificación por motivos de seguridade e control dos
participantes no percorrido da carreira absoluta. Estes horarios, de obrigado cumprimento para
os participantes, poden ser consultados na web da proba. O incumprimento dos mesmos
exime á organización de toda responsabilidade en relación á seguridade do participante,
quedando o participante fóra da carreira, e tendo que entregar o chip de control.
3 de 5
13 / ABANDONO VOLUNTARIO
Agás en caso de ferida, só será posible abandoar nun punto de avituallamento marcado como
tal. Queda prohibido abandoar a proba sen avisar previamente á organización.
14 / ABANDONO OBRIGATORIO
A organización poderá parar en calquera momento a un corredor ou obrigarlle a abandoar a
proba se considera que o seu estado pon en perigo a súa integridade física ou a súa
seguridade.
15 / AGASALLOS
Cada participante (agás no caso das carreiras infantiles) terá acceso, coa inscrición, a un
agasallo conmemorativo, e recibirá tamén un ticket para xantar na churrascada popular que
se celebrará na polideportiva de Castelo o domingo 5 de maio ao remate do evento.
No caso das carreiras infantiles os rapaces recibirán unha medalla (de chocolate no caso da
categoría de pequerrechos). Todos aqueles rapaces que se anoten nestas carreiras o
mesmo día do evento terán acceso a estes agasallos ou non, dependendo da dispoñibilidade
dos mesmos.
16 / SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os
participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba.
O domingo disporase un servizo de ludoteca desde as 8.30 e ata as 13.30 horas, cun prezo de 5
€, ao que será preciso anotarse a través do correo electrónico ludoteca@travesiadoxalo.gal
17 / RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente á empresa de
cronometraxe nas dúas seguintes ao remate da proba, ou por escrito no correo electrónico
info@travesiadoxalo.gal nas vintecatro horas posteriores ao remate da proba.
4 de 5
18 / DEREITOS DE IMAXE
Os participantes renuncian a empregar os seus dereitos de imaxe e autorizan á organización e
aos seus patrocinadores a empregar e publicar libremente calquera fotografía ou vídeo
gravado no contexto da proba.
19 / ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición dos participantes está condicionada á aceptación do presente regulamento.
20 / DESCALIFICACIÓN
Serán motivos de descalificación:
- Atallar ou percorrer conscientemente tramos do percorrido diferentes ao oficial
- Tirar no monte lixo de calquera tipo
- Non asistir a outro participante en dificultades
- Non pasar polos avituallamentos ou puntos de control
- Sair dun punto de control logo da hora de descalificación
- Abandoar a carreira sen avisar á organización
21 / SUSPENSIÓN
No caso de que polas condicións meteorolóxicas non fora posible que a proba dera comezo, a
organización resérvase o dereito de suspendela, neutralizala ou modificar o seu horario, o
percorrido e os avituallamentos. Neste caso non se devolverá o importe da inscrición.
No caso de suspensión da proba por causas de forza maior e cunha antelación de máis de sete
días en relación á data da mesma, realizarase un reembolso parcial da inscrición, fixado en
función dos gastos non recuperables pola organización.
22 / MÁIS INFORMACIÓN
Nas webs www.travesiadoxalo.gal, www.castelodeporte.gal, no Twitter @castelodeporte e na
páxina en Facebook de Castelo Deporte publicarase toda a información de interese sobre a
proba. No correo electrónico info@travesiadoxalo.gal e no teléfono 881 942 986 proporcionarase
información adicional aos participantes.