Calendario
Info da proba

Sandiás

24/02/2019 10:20 - 14:20
Regulamento CROS DE ANTIOQUÍA 2019
24 DE FEBREIRO – HIPÓDROMO DE ANTELA

1. O Cross de Antioquía está organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva contando coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, Concello de Sandiás, Deputación Provincial de Ourense, Hipódromo de Antela e da Federación Galega de Atletismo.
2. Celebrarase o domingo 24 de febreiro de 2019 nas instalacións do Hipódromo de Antela. Incluido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo esta proba será Campionato Provincial Absoluto Individual e por equipos de Campo a Través.
3. A participación está aberta a atletas federados e non federados, con excepción dos atletas españois con axuda económica da RFEA e atletas estranxeiros que houberan feito durante a presente tempada o unas dúas anteriroes, unha marca dun valor de 950 puntos ou superior na táboa IAAF vixente (como se detalla no artigo 3.4 do regulamento das competicións da RFEA), salvo permiso expreso concedido. Este punto non é aplicable para atletas (españois ou estranxeiros) con licenza FGA.
4. As categorías, circuitos e distancias a percorrer axustaránse ás normas emanadas da FGA.
5. INSCRICIÓNS
a. Os clubes e atletas federados (todas as categorías) deberán inscribirse na Extranet da RFEA con prazo de inscrición ata as 20:00 h do martes día 19 de febrero. A organización agradece ós clubes non facer inscricións masivas e dar as baixas correspondentes 24 horas antes da proba.
b. Os atletas populares deberán cubrir o formulario habilitado ó efecto na web www.carreirasgalegas.com e pagar a cuota de 5 euros de inscrición. Unha vez efectuado o pago confirmarase a inscrición, que inclúe licenza de día da FGA. Prazo da inscrición será ata as 20:00 h do martes 19 de febreiro.
c. Os atletas sub 10, sub 12, sub 14, sub 16 e sub 18 non pagan inscrición.
6. A retirada de dorsais, para os atletas de clubes federados, efectuarase na secretaría de competición o día 24 de febreiro a partir das 9:15, por unha persoa acreditada de cada clube participante, á que se lle entregará un sobre con todos os dorsais dos atletas do seu clube.
7. As probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da F.G.A. e contarase con control automático dos tempos e clasificacións mediante o sistema de chips da F.G.A.
8. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguro de responsabilidade civil e outra de accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis, etc… Tamén quedan excluidos os casos producidos por desprazamento a ou dende o lugar no que se desenvole a proba.
9. Todos os atletas participantes nesta competición quedan suxeitos a este regulamento. Para o non contemplado nestas regras, aplicarase o regulamento da F.G.A., da R.F.E.A. ou da I.A.A.F no seu defecto.
10. A organización entregará os premios correspondentes ó Campionato Provincial de Campo a Través que determine a Circular da Delegación da F.G.A. en Ourense e premiará ós/ás tres primeiros/as atletas populares da categoría absoluta.

REGULAMENTO E INSCRICIÓN EN WWW.CARREIRASGALEGAS.COM