Calendario
Info da proba

Begonte

23/06/2018 11:30 - 13:30
Regulamento III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE 23 DE XUÑO 2018
XANTAR DE CONVIVENCIA
2
Por terceiro ano consecutivo o Concello de Begonte inclúe na súa programación
deportiva a “III Carreira Popular Concello de Begonte”, co obxectivo primordial de
fomentar o deporte como hábito saudable, ademais de, potenciar a dinamización do
municipio.
Unha edición cargada de novidades como por exemplo, o percorrido da carreira que
transcorre por unhas extraordinarias paisaxes naturais, a beira do río Ladra......................
Por outro lado, o punto de encontro dos atletas terá lugar na área recreativa do Club Fluvial
de Begonte, un entorno de incrible beleza natural que conta cuns servizos básicos para
pasar unha xornada deportiva perfecta e esquecernos das aglomeracións e ruídos da
cidade: zona de baño, tómboas no recinto , un cómodo acceso ao río, canchas de baloncesto
e pista de tenis, porterías de fútbol-sala sobre céspede, zona de xogos infantís, mesas de
pícnic, bar, aseos, duchas, aparcamento, etc.
Ademais, pódese gozar dun paseo en piragua polo río, grazas ao servizo de aluguer
proporcionado pola empresa " Multiaventura Non Estreses". En fin, un lugar que favorece o
deporte e o contacto coa natureza para toda a familia.
Pero este ano ademais, ofertamos aos atletas e acompañantes unha proposta única
e diferencial, un Xantar de Convivencia , que terá lugar no Club Fluvial de Begonte unha
vez finalizada a entrega de premios. Será unha xornada de lecer e de encontro que contará
cun xantar colectivo a base de empanada de Begonte, churrasco, postre, pan, bebida e
café e estará amenizado musicalmente. Sen dúbida, unha idea pioneira que nos gustaría
manter para as futuras edicións
III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE 23 DE XUÑO 2018
XANTAR DE CONVIVENCIA
3
ARTIGO 1: DATA
A III Carreira Popular Concello de Begonte celebrarase o sábado, 23 de Xuño de 2018, ás
11.30 h. O punto de encontro e saída da Carreira estará situado no Club Fluvial de Begonte.
ARTIGO 2: CATEGORÍAS E DISTANCIAS
*Os horarios das carreiras menores poderán variar dependendo do número de inscritos.
ARTIGO 3 : CIRCUÍTO
O circuíto estará completamente pechado ó tráfico e acoutado con valos e outros elementos
delimitadores, naqueles tramos nos que non exista unha diferenciación natural polo
mobiliario urbano.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola Organización.
As carreiras terán lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen empregar ningunha
zona peonil. Está prohibido o uso como zona de carreira as beirarrúas, setos centrais, zonas
axardinadas, etc. O non cumprimento desta norma, así como recortar o trazado oficial,
suporá supoñer a descualificación do infractor.
HORA DE
INICIO
CATEGORÍA ANO NACEMENTO /
IDADES
DISTANCIA
CARREIRAS
MENORES
11.30 Mini Nados/as en 2011 e 2014 150 m aprox
11.35* A Nados/as en 2009 e 2010 500 m aprox
11.40* B Nados/as en 2006-2007-2008 1000 m aprox
11.50* C Nados/as en 2003-2004-2005 2000 m aprox
12.05* D Nados/as en 2000-2001-2002 3500 m aprox
CARREIRA
ABSOLUTA
amasculina
12.30 SENIOR Nados en 1999 a 34 anos 7000 m aprox
Veteráns A 35 a 44 anos 7000 m aprox
Veteráns B 45 a 54 anos 7000 m aprox
Veteráns C Maiores de 55 7000 m aprox
III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE 23 DE XUÑO 2018
XANTAR DE CONVIVENCIA
4
ARTIGO 4: INSCRICIÓN, PRAZOS E COTAS
A inscrición realizarase online na páxina web www.championchipnorte.com
O prazo para inscribirse rematará o mércores, 20 de Xuño de 2018, ás 23:59 horas.
A cota de inscrición na carreira é:
Categoría Menores: gratuíta
Categoría Absoluta:
5€ para os inscritos ata o 16 de xuño ás 23:59h.
8€ para os inscritos dende 17 ao 20 xuño ás 23:59h.
A inscrición na carreira da dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e
de accidentes, así como a facer uso de tódolos servizos establecidos pola Organización para
os participantes ( ludoteca con inchable para os nenos/as, duchas no Pavillón Municipal de
Begonte, gardarroupa, aparcadoiros, etc.) e unha camiseta conmemorativa da carreira.
Ademais, proporcionarase auga e avituallamento sólido a tódolos participantes en cada
unha das carreiras no punto de avituallamento situado nun lugar visible despois da meta.
A inscrición no Xantar de Convivencia é opcional e
ten un custo para tódalas categorías (menores e absolutas) de :
5€ para os inscritos ata o 16 de xuño ás 23:59h.
8€ para os inscritos dende o 17 ao 20 xuño ás 23:59h.
Esta xornada de lecer e de encontro, estará amenizada
musicalmente é terá lugar nunha zona habilitada do Club Fluvial
de Begonte, ao aire libre, unha vez finalizada a entrega de
premios.
Cada corredor inscrito poderá inscribir dous acompañantes
como máximo. ......
Os inscritos neste Xantar de Convivencia recibirán un tícket co dorsal, que deberán gardar
e entregar no momento de recoller a comida.
Non se devolverá o importe da/s inscrición/s por motivos alleos a Organización.
EMPANADA
CHURRASCO
POSTRE
PAN
BEBIDA
E CAFÉ
III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE 23 DE XUÑO 2018
XANTAR DE CONVIVENCIA
5
ARTIGO 5: DORSAIS, CHIPS E TICKETS XANTAR
A recollida de dorsais, chips e tíck
III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE 23 DE XUÑO 2018
XANTAR DE CONVIVENCIA
6
ARTIGO 8. CLASIFICACIÓNS, PREMIOS E TROFEOS.
Carreira Absoluta
Categorías A, B, C , D, Senior, Veteráns A,B e C
Trofeo para o primeiro atleta local masculino e feminino.
Medalla para tódolos corredores da Categoría Mini e A.
Os premios e trofeos NON son acumulativos.
Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Begonte a través dunha
transferencia bancaria. Os participantes que resulten gañadores da carreira absoluta
recollerán nese intre un vale do premio. Para poder realizar a transferencia do premio ó
gañador , deberá presentar copia do vale, copia do DNI, e certificación do número da
conta bancaria nas oficinas do Concello ou remitir a documentación a través da sede
electrónica do Concello de Begonte http://begonte.sedelectronica.es/info.0, (instancia xeral,
tramitación electrónica), antes do 28 de xullo de 2018.
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMENINA MASCULINA
1º Trofeo + 200 € Trofeo + 200 €
2º Trofeo + 150 € Trofeo + 150 €
3º Trofeo + 100 € Trofeo + 100 €
4º Medalla + 75 € Medalla + 75 €
5º Medalla + 50 € Medalla + 50 €
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMENINA MASCULINA
1º Trofeo Trofeo
2º Trofeo Trofeo
3º Trofeo Trofeo
III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE 23 DE XUÑO 2018
XANTAR DE CONVIVENCIA
7
ARTIGO 9: ENTREGA DE PREMIOS
Os atletas premiados deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento
no que se faga o anuncio pola megafonía, así como estar pendentes dá chamada a cada
unha das categorías.
Os gañadores deberán estar presentes na entrega de premios salvo causa xustificada.
Agradecemos ós responsables dos clubs que, se teñen constancia de que algún atleta non
está presente, o comuniquen na zona habilitada para a entrega de premios o antes posible
e así evitar esperas innecesarias.
Aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola ausencia no momento da entrega,
debéranse poñer en contacto co Concello durante un prazo máximo de 15 días, onde se
custodiarán os trofeos e medallas non recollidos.
ARTIGO 10: RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións faranse verbalmente ó Xuíz Árbitro, situado na zona de meta, non
máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
ARTIGO 11: DESCUALIFICACIÓNS
Os xuíces da proba e membros da Organización resérvanse a facultade de descualificar ao
infractor que, comprobada calquera irregularidade: non levar visible ou seu dorsal, manipular
ou cederllo a outro, alterar os datos facilitados á organización ou ó xuíz árbitro con respecto
ós que figuren non seu DNI ou ficha federativa, non completar o percorrido completo,
manifestar un mal estado físico ou non facilitar á Organización a documentación que se lle
requira.
Descualificáranse ós corredores/as que non respecten as indicacións da Protección Civil,
Xurado, Servizos Médicos ou membros da Organización debidamente identificados.
Os corredores descualificados non terán opción ós premios e trofeos.
III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE 23 DE XUÑO 2018
XANTAR DE CONVIVENCIA
8
ARTIGO 12: RESPONSABILIDADE
É necesario estar inscrito para ter cobertura dos seguros RC e de accidentes.
Tódolos inscritos participan voluntariamente e declaran, baixo a súa responsabilidade,
realizar o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións físicas
óptimas para realizar a proba, eximindo a Organización de dita responsabilidade.
A Organización:
- Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina
toda responsabilidade no caso de padecemento latente, accidente por abandono do
itinerario establecido ou neglixencia do participante.
- Disporá dos servizos médicos, de acordo coa lexislación vixente e coa colaboración
de Protección Civil nos puntos máis estratéxicos do percorrido.
- Non se fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen
os participantes desta proba.
- Non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición
defectuosa e /ou errónea por parte do corredor ou en quen este delegue.
ARTIGO 13: RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web da proba
www.championchipnorte.com
ARTIGO 14: INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores vestiarios
con duchas femininas e masculinas no Pavillón Municipal de Begonte e unha ducha
mixta no Club Fluvial de Begonte.
- Gardarroupa. Os atletas poderán dispor de servicio de gardarroupa no punto de
información do Club Fluvial.
- Aparcadoiros: disporase dun aparcadoiro detrás do Pavillón Municipal de Begonte,
e outro situado no Club Fluvial de Begonte. Neste último, permitirase a entrada ata ás
10.45h, e non se permitirá a saída ata finalizada a carreira absoluta.
III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE 23 DE XUÑO 2018
XANTAR DE CONVIVENCIA
9
- Ludoteca e inchable. Disporase de ludoteca gratuíta para os nenos atletas e o fillos
dos atletas mentres se disputan as carreiras.
ARTIGO 15. AUTORIZACIÓN DO DEREITO DE USO DA IMAXE
Tódolos corredores polo feito de inscribirse, autorizan a utilizar as fotografías e vídeos
tomados no transcurso da carreira e facer uso de ditas imaxes de xeito respetuoso e
responsable, conforme a Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de protección datos de
carácter persoal e aceptan a publicación tanto do seu nome, como da súa imaxe nas
clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.