Calendario
Info da proba

Soutomaior

25/03/2018 12:00 - 13:30
Regulamento Carreira da Ostra Arcade – SOUTOMAIOR 2018
MASCULINA
FEMININA
Ano Menor Ano Maior Ano Nacemento
Chupete De 0 anos A 5 anos Nados 2013 ata 2018
Pitufo/a De 6 anos A 7 anos Nados 2012 e 2011
Benxamín De 8 anos A 9 anos Nados 2010 e 2009
Alevín De 10 anos A 11 anos Nados 2007 e 2008
Infantil De 12 anos A 13 anos Nados 2006 e 2005
Cadete De 14 anos A 15 anos Nados 2003 e 2004
Xuvenil De 16 anos A 17 anos Nados 2002 e 2001
Junior De 18 anos A 19 anos Nados 2000 e 1999
Promesa De 20 anos A 22 anos Nados 1998 – 1997 e 1996
Senior De 23 anos Ata veteranos/as Nados no 1995 ata que cumpran 35 anos.
Veteranos/as 1
Cumpridos:
De 35 anos A 44 anos
Na categoría de veterán, será sempre
dende o día da proba.
Veteranos/as 2 De 45 anos A 54 anos
Veteranos/as 3 De 55 anos A 64 anos
Veteranos/as 4 De 65 anos En diante
PREVIO Á PROBA
1. DATA: O Concello de SOUTOMAIOR e DSPORT EVENT AD organizan o Domingo 25 de Marzo
del 2018, a partir das 12:00 horas, a “V Carreira da Ostra ARCADE-SOUTOMAIOR 2018 , co
patrocinio de o Concello de Soutomaior
Carreira da Ostra Arcade – SOUTOMAIOR 2018
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen
sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos
Carreira da Ostra Arcade – SOUTOMAIOR 2018
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar
estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por
causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e
adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de
saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no
evento (Exemplos: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de
lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe
previa solicitude expresa por escrito ao Dsport event AD
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte
dun ficheiro, do que é responsable o sport event AD. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a
xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa
exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose
por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e
condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir
algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia,
neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as 23:59
horas do MÉRCORES 21 de Marzo (O MÉRCORES ANTERIOR AO DÍA DA PROBA) e non se
admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web
www.cronotec.es . Os padroas no Concello de Soutomaior, deberan efectuar a súa inscrición
gratuíta no Pavillón de Deporte ata as 23,59 horas do MÉRCORES 21 de Marzo
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil,
Cadete e Xuvenil faranse:
1.- durante o SÁBADO día 24 de Marzo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
Carreira da Ostra Arcade – SOUTOMAIOR 2018
2.- o mesmo día da carreira, domingo 25 de marzo, dende as 9:00 ata media hora antes do
comezo de cada proba (ata as 11:00 horas), no “Peirao de Arcade” facilitando o nome do/a
participante e ano de nacemento, así como a autorización familiar correspondente.
Haberá tres (3) tipos de inscrición:
- Para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos, o deportista pagará a cota de 5 € por
persoa máis.
- Para o resto das categorías “menores” a inscrición é de balde.
Para máis información en www.cronotec.es; no momento de recoller o dorsal deberá presentar
o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.
5. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase nas instalacións do Peirao de Arcade o sábado día
24/03 de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h e o domingo 25/03 dende as 9:00h ata as
11:00h.
6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todos os deportistas e persoas da Organización que
desexen colaborar cunha acción social, poderán facelo entregando un produto alimenticio non
perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a unha
Institución Social.
DURANTE A XORNADA DA PROBA
7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade será achegarse en transporte
público, a pé ou en bicicleta.
8. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán
cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”.
Haberá ambulancia/s e un médico/a para a atención.
9. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado
sobre asfalto (e pequenas zonas mixtas de terra/herba). Haberá diversos controis de paso
obrigatorios.
10. AVITUALLAMENTO. Durante a proba facilitaráse avituallamento líquido, e ao remate
facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
11. HORARIOS E PROBAS:
Carreira da Ostra Arcade – SOUTOMAIOR 2018
12:00h CARREIRA ABSOLUTA JUNIOR – PROMESA – SENIOR E VETERÁNS 6.000 m aprox.
12:45h Chupete De 00 A 05 2014 – 2009 100m aprox.
12:55h Pitufo/a De 06 A 07 2008 – 2007 300m aprox.
13:00h Benxamín De 08 A 09 2006 – 2005 500m aprox.
13:10h Alevín De 10 A 11 2004 – 2003 500m aprox.
13:15h Infantil De 12 A 13 2002 – 2001 1.000m aprox.
13:20h Cadete De 14 A 15 2000 – 1999 1.000m aprox.
13:25h Xuvenil De 16 A 17 1998 – 1997 1.200m aprox.
12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización
identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal
estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que
manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se
reitere en protestas ante a Organización.
13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip por todo o percorrido, co propósito
de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán
tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de
cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán
descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón
non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e
trofeos, así como unha penalización de 30€ (trinta) euros.
14. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique
o Comité Organizador.
15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa
responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle
instará a abandonar o circuíto.
Carreira da Ostra Arcade – SOUTOMAIOR 2018
16. GARDARROUPA E DUCHAS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de
gardarroupa a súa disposición nas instalacións do porto. Todos as persoas poderán acceder ás
duchas e vestiarios
POSTERIOR Á PROBA
17. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo
médico, servizo de Gardería, Sorteo de regalos...
18. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta: Premiarase como vencedores
absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en cruzar a liña de meta. Os/as vencedores/as
absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da
súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
19. Haberá premio ao 1º/1ª clasificados/as do Concello de Soutomaior (nados ou censados)
sendo obrigatorio presentar a documentación axeitada para poder recibir este premio.
CATEGORÍA ABSOLUTA
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Chupetes,
Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os
que rematen a súa carreira.
CATEGORÍA JUNIOR, PROMESA, SENIOR E VETERÁNS
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo
20. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13:30 horas na zona de meta. Os/as
atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar
noutra persoa. Se non estivesen presentes,entenderase que renuncian ao premio.
Carreira da Ostra Arcade – SOUTOMAIOR 2018
21. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do Teléfono 607 155 726 ou no
correo-e addsporteventad@gmail.com